CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


15067 votos
Votar | | | |


21-05-2013

Curso de verán de dinamización lingüística: participación, implicación e traballo colaborativo. Carballo, 17-19 de xullo

Curso de verán de dinamización lingüística: participación, implicación e traballo colaborativo. Carballo, 17-19 de xullo
Co obxectivo xeral de coñecermos e procurarmos formas de participación, implicación e traballo colaborativo para a dinamización lingüística, Carballo acolle un ano máis o Curso de verán de dinamización lingüística organizado pola UdC en colaboración coa CTNL. Ten lugar do 17 ao 19 de xullo e o prazo de matrícula xa está aberto


Obxectivos
  • Reflexionar sobre o papel central da participación, a implicación e o traballo colaborativo nos procesos de cambio social e lingüístico, en particular

  • Reflexionar sobre o concepto de participación e implicación activas dentro da dinamización lingüística

  • Procurarmos formas de busca e apoio da participación, a implicación e o traballo colaborativo na dinamización lingüística

  • Coñecer experiencias de participación, implicación e traballo colaborativo en procesos de cambio, tanto lingüísticos como culturais, sociais, económicos, etc.

  • Avaliar experiencias de dinamización lingüística levadas adiante en diversos ámbitos desde o punto de vista da participación, implicación e traballo colaborativo

Lugar
Forum Carballo. Rúa do Xílgaro s/n. A Milagrosa. Carballo [Ligazón no Google Maps]

Datas
17, 18 e 19 de xullo de 2013

Matrícula
A través da Oficina de Cursos da UdC: http://www.udc.es/occ/gal/2013/cursoveran/web/curso14/curso14.htm

Custo da actividade
O custo da matrícula inclúe a participación en todas as actividades do curso, a documentación que se utilice, o xantar do mércores 17 e xoves 18 e os cafés conxuntos dos tres días.
  • 30 euros para socias/os da CTNL, estudantado das universidades e de FP, comunidade universitaria da UDC, persoas desempregadas e pensionistas

  • 50 euros para todas as demais persoas participantes

PROGRAMA
[Podes descargalo aquí en .pdf >]

MÉRCORES 17
Participación nos procesos sociais. De abaixo arriba, de arriba abaixo


10.00 h a 10.30 h Recepción e entrega de documentación

10.30 h a 11.00 h Inauguración e benvida
-Representantes da CTNL, SXPL, Universidade da Coruña e Concello de Carballo

11.00 h a 12.30 h Conferencia inaugural
De “as portas están abertas” a “este proxecto tamén é teu”. Sobre métodos e estratexias de implicación
-Alicia Tenze. Arquitecta, experta en planificación participativa e integrante da Red Cimas

12.30 h a 13.00 h Pausa-café conxunto

13.00 h a 14.30 h Mesa de experiencias
Exemplos e experiencias de implicación desde administracións
-Proxecto Sonda Norte (Ribadeo) e Centro Ágora (A Coruña). Xavier Campos (concelleiro e xestor cultural)
-Rede de Entidades Amigas da Lingua -REAL- e Proba en galego (Pontevedra). Conchi Cochón (técnica de normalización lingüística)

14.30 h Xantar conxunto

16.30 h a 18.00 h Mesa de experiencias
Exemplos e experiencias de implicación desde a base
-Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT). Paco Veiga (profesor e dinamizador da AGXPT)
-A implicación desde unha parroquia. Rubén Aramburu (crego)
-Experiencias de implicación de maiores e rapazada. Celso F. Sanmartín (dinamizador e contador)

18.00 h a 20.00 h Sesión de xogos populares: chave, ra, zancos, peón, mariola, corda, aro...

XOVES 18
Propostas para o artellamento da participación, implicación e traballo colaborativo. Métodos e técnicas


10.30 h a 12.00 h Experiencia e proposta de traballo
A participación e a implicación no traballo dinamizador en Euskal Herria. Experiencias, métodos e técnicas
-Txerra Rodríguez. Técnico de normalización da cooperativa vasca Emun

12.00 h a 12.30 h Café conxunto

12.30 h a 14.30 h Proposta de traballo
As potencialidades do “xogo serio” para a implicación e participación en proxectos
-Carlos Martínez. Coach e facilitador Lego Serious Play de Nordkom

14.30 h Xantar conxunto

16.30 h a 18.00 h Proposta de traballo
Métodos, estratexias e experiencias de implicación en dinamización lingüística
-Bernardo Penabade. Profesor e impulsor de proxectos normalizadores

18.00 h a 18.30 h Descanso

18.30 h a 19.00 h Proposta de traballo
Viveiro de propostas normalizadoras. Espazo para a aplicación de métodos e posta en marcha de experiencias
-Queca Carballo, coordinadora do Viveiro da CTNL

19.00 h a 20.30 h Grupos de traballo colaborativo: Deseño de implicación en proxectos a partir do Viveiro de propostas normalizadoras

VENRES 19
Participación, implicación e traballo colaborativo. Experiencias e propostas


10.00 h a 11.00 h Presentación e valoración dos deseños de implicación realizados polos grupos de traballo colaborativo

11.00 h a 12.00 h Proposta de traballo
A comunicación implicativa. Métodos e experiencias de Implicad@s no Desenvolvemento
-Ania Piñeiro. Educadora social e presidenta de Implicad@s no Desenvolvemento

12.00 h a 12.30 h Café conxunto

12.30 h a 14.00 h Conferencia de peche
Democracia implicativa para os procesos de cambio social
-Marta Martorell. Consultora en xestión pública e participación cidadá de Civis

Organiza
Universidade da Coruña. Servizo de Normalización Lingüística

Colaboran
-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
-Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
-Concello de Carballo

Máis información
Servizo de Normalización Lingüística UDC
Maestranza, 9. A Coruña.
Tfno.: 981 167 000 ext. 1177, 1042 ou 1055


Info no web do SNL da UDC >


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego