CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Máis alá


15851 votos
Votar | | | |


30-01-2013

Normalizar dende un SNL

OPINIÓN: por Marta Souto

Marta Souto
Ao me propoñer un artigo sobre o labor normalizador dende e nunha cidade, a través dun servizo de normalización lingüística (SNL), foi moito o que me veu a cabeza , ao cabo moito é o tempo neste servizo e abondas experiencias –positivas e negativas– que se van acumulando. Podería, mais axiña o rexeitei, falar sobre funcións, actividade, lexislación, orzamentos...


pero creo que a reflexión sobre o día a día, sobre o que podes facer, o que che deixan facer... sobre o como facer, con quen, e cara a quen é máis acaído.

Unha reflexión dende esta cidade viguesa que non se caracteriza polo uso do galego, pero tampouco por un rexeitamento á lingua propia nin ás actividades que dende o SNL ofertamos. Unha reflexión dende unha administración que no ano 1989 aproba a Ordenanza municipal de normalización lingüística, crea nese ano o SNL, posteriormente a Comisión Cidadá de Normalización Lingüística, no 2005 o Consello Social da Lingua e un ano despois o Plan de dinamización lingüística.

Cando empecei, comezaban tamén semellante andaina outras compañeiras e compañeiros esparexidos pola nosa xeografía. Vimos que cumpría comunicación e compartirmos o pouco ou moito que sabiamos e/ou tiñamos. E este xeito de actuar creo que é preciso para traballarmos. Non é fácil pois depende non de quen traballa senón de quen goberna, mais experiencias como Ciberlingua e actualmente o Club de debate no que participan dez concellos demostran que é posible e é rendible.

Crer no que se fai é fundamental para atraer, enganchar a posibles destinatarios e colaboradores e sobre todo ter presente que a poboación destinataria é tamén o motor da acción, que debe considerarse parte activa do proxecto e non punto de destino..
E ese crer debe ser asumido por quen ten a obriga de liderar o proxecto publicamente. Cando se definen como concelleiro/a Normalización Lingüística, pero porque así llo ordenaron e que ben podía ser de Parques e Xardíns, de Luces e Colorido... topamos coa principal traba e parálise. Abondan as palabras.

Crearmos foros para o debate, a comunicación, a participación... da sociedade é preciso, mais estes non poden ser un mero lugar de encontro e saúdos, ou como moito de render contas, senón oportunidade de sabermos das demandas, das suxestións e achegas, das posibilidades que temos... As reunións trimestrais cos equipos de dinamización dos centros de ensino son exemplo deste xeito de entendermos nós a participación activa e colaboración, mais tamén a planificación e avaliación pezas clave do quefacer no SNL. As súas avaliacións determinan por onde continuar e que modificar... e mesmo que recuperar, tal como pasou cos Obradoiros de regueifas e certame escolar de regueifas, (dirixido primeiramente a ESO, BAC e FP e estendido a 6º de Primaria) é unha das actuacións que, dende o ano 2003, maior enganche ten entre a mocidade. Vermos máis de cen rapaces e rapazas, no escenario, improvisando diante dos seus compañeiros é unha das moitas recompensas que, afortunadamente, tamén as hai.

Sumar forzas, aproveitar as oportunidades, procurar compañeiros/as nesta viaxe é básico para o noso obxectivo. E vai este exemplo. Recordo escoitar/dicir que envexa non termos un Barça, un Guardiola, un Pujol ou Xavi... pois eles fan máis polo idioma cás campañas institucionais. E agora témolo. Temos un Celta galego que fala galego, que puxo a lingua como referencia de noso. A súa colaboración en actividades do SNL, as palabras sentidas de xogadores manifestándose galegofalantes dirixidas ao alumnado que participou nas Bibliotecas Viventes, é un feito e unha ferramenta nada desprezable.

A colaboración individual e colectiva; anónima e con renome. A participación, a demanda, a crítica, os agradecementos, a ilusión, a vontade, o esforzo... a achega de compañeiros e compañeiras...
As caras de alegría nos rostros de crianzas, de persoas maiores cando recordan nomes de lugares, lendas, contos de outrora, de mozas e mozos rapeando e regueifando...

A incomprensión, ao escoitarmos “xa estades con esas chorradas”, “veña a impor”, “liberdade lingüística”... “fáleme en español, estamos en España”...A loita cotiá, a denuncia, os orzamentos...

Son cara e cruz, parte do tecido que imos elaborando e , que ás veces, fainos crer que somos “penélopes” pero que ao cabo sempre fai que sigamos tecendo.

Todas e todos somos potenciais normalizadores na nosa vida cotiá... só hai que querelo pór en marcha. Retiremos a rolla da botella, deixemos que se impregne o aire co noso arrecendo e motivemos o andazo necesario que require o noso país, a nosa lingua.

Vivamos como galegos en galego como xeito de sermos un pobo con dignidade e futuro.

Artigo publicado orixinalmente en Sermos Galiza o 27/1/2013

Marta Souto é técnica de normalización lingüística do Concello de Vigo e foi unha das fundadoras da CTNL

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego