CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


6086 votos
Votar | | | |


04-06-2012

Unha sentenza obriga ao Concello de Vilasantar a readmitir o técnico de normalización lingüística municipal

Unha sentenza obriga ao Concello de Vilasantar a readmitir o técnico de normalización lingüística municipal
O Xulgado do Social n.º 3 da Coruña declarou nulo o despedimento do técnico de normalización lingüística do Concello de Vilasantar e obrigouno á súa readmisión, co que converte o seu contrato en indefinido e desvinculado de subvencións


A sentenza 00342/2012 do Xulgado do Social n.º 3 da Coruña declara a nulidade do despedimento con condena á readmisión inmediata do técnico de normalización lingüística do Concello de Vilasantar nas mesmas condicións que rexían no momento de se producir o despedimento, ademais de ingresar os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a efectiva readmisión.

Este concello notificoulle ao traballador o 14 de decembro de 2011 que o seu contrato remataba o 31 de decembro, e indicou na comunicación que "se producirá o cese do contrato temporal que a empresa ten subscrito con vostede, en virtude do convenio asinado entre a Deputación da Coruña e o Concello de Vilasantar para o financiamento de creación ou mantemento do servizo de normalización lingüística...".

Mais o traballador alegou e demostrou que realizou, de maneira permanente e habitual desde que foi contratado, outras tarefas ademais das sinaladas no contrato e propias de técnico de normalización lingüística.

Os principais argumentos que se sinalan na sentenza para declarar nulo o despedimento e obrigar á readmisión son:
-Que o traballador tiña que desenvolver outras tarefas alén das sinaladas no contrato e propias do técnico de normalización lingüística "por seren funcións necesarias para o concello".
-Que o tipo de traballo para desenvolver non é o propio dun contrato por obra ou servizo determinado, polo que se considera que este foi feito en fraude, e polo tanto convértese en indefinido.
-Que a existencia dunha subvención ou convenio non pode determinar o carácter temporal do contrato.

Por ser esta unha sentenza que pode ser de interese para casos similares doutros/as técnicos/as de normalización lingüística noutros concellos, achegámola completa aquí (.pdf, 4,2 MB) >


Ligazóns relacionadas


Sentenza readmisión TNL Concello de Vilasantar

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego