CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


8557 votos
Votar | | | |


09-05-2012

Moitas máis Vitaminas para o galego neste mes de maio

Lapis para escribir en galego, lectura expansiva o día 16 do manifesto Vitaminas para o galego en centros de ensino, concellos e cidades de todo o mundo e festival fin de festa en Carballo o mesmo día 16 de maio, coa actuación de Sés e a presentación de Paula Carballeira


A campaña unitaria dos medios de comunicación en lingua galega Vitaminas para o galego, expándese e fortalécese este mes de maio, con diversas iniciativas.

Lapis para escribir en galego
Miles de nenos e nenas dos varios concellos colaboradores recibirán no seu centro de ensino un lapis coa lenda "Este lapis escribe en galego", e que vai nun soporte co lema e imaxe de Vitaminas para o galego.

#Vitaminas 17
Para conmemorar o Día das Letras, o 17 de maio, os medios de comunicación de Vitaminas, organizan unha actividade expansiva "facendo fincapé na necesidade de medios en galego para prestixiar o idioma e garantir a súa transmisión interxeneracional". Así, elaboraron un manifesto nese sentido e pretenden que o día 16 de maio sexa lido en, cando menos, 17 escolas e institutos galegos, diante de 17 concellos, en 17 cidades de todo o mundo e que se traduza o manifesto ás 17 linguas máis faladas. Ao mesmo tempo, queren que todas esas lecturas se graven en vídeo e se envíen ao enderezo manifesto@vitaminasparaogalego.gl, para despois poderen ser difundidos eses vídeos.

Festival en Carballo
O acto fin de festa desta acción será o festival Vitaminas para o galego que terá lugar o mércores 16 de maio no Pazo da Cultura de Carballo no que actuará Sés, o grupo galego revelación, en formato acústico, formado por María Xosé Silvar e Tito Calviño. Este festival será presentado pola actriz e contadora Paula Carballeira e nel lerase o manifesto Vitaminas para o galego, entregarase o VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo e distribuiranse lapis para escribir en galego.
A entrada é libre e de balde.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Maio de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego