CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


12843 votos
Xa votaches!


09-09-2011

Ante a suspensión das axudas para o fomento do galego nos concellos, os/as traballadores/as de normalización piden a dimisión de Anxo Lorenzo

Jesús Vázquez e Anxo Lorenzo
As axudas que a Xunta convoca desde hai 20 anos para promover o uso do galego desde a administración local acaban de ser suspendidas por vez primeira. Ante este moi grave e irresponsábel feito, a entidade que agrupa os/as traballadores/as de normalización lingüística, a CTNL, pide a inmediata dimisión do responsábel de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, por esta suspensión e por negarse a darlle información á CTNL desde hai dous meses


O DOG de hoxe, 9 de setembro, publica a Orde pola que se deixa sen efecto a Orde pola que se estabelecen as bases para a concesión de subvención ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega, unhas axudas que a Xunta de Galicia vén convocando desde o ano 1991 e que agora, por vez primeira en 20 anos, quedan anuladas.

Desde a CTNL consideramos esta suspensión como moi grave e irresponsábel, que suporá a eliminación de servizos de normalización lingüística (SNL) en concellos e de necesarias accións para a promoción da lingua. Ademais, a gravidade e irresponsabilidade desta suspensión increméntase co feito de que, tal e como desde a CTNL denunciamos a semana pasada, tanto o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, como os membros do seu gabinete, se negaron a darlle información á CTNL sobre a tardanza na resolución destas subvencións, convocadas hai 6 meses e das que nada se soubo desde aquela.

Agora cúmprense as peores expectativas e a Secretaría Xeral de Política Lingüística suspende estas axudas que xa comezaron a reducir de xeito drástico desde hai dous anos e que son imprescindíbeis para que desde os concellos se poidan desenvolver accións para o fomento da lingua galega.

Loxicamente, esta decisión é totalmente contraditoria coa propagandística Rede de Dinamización Lingüística que a SXPL está publicitando desde hai dous anos, sen que desde aquela fose constituída nin tivese ningún tipo de actividade, tan só anuncios, notas de prensa e fotos de xuntanzas con alcaldes, ao mesmo tempo que en 2010 lles reduciron aos concellos as axudas económicas e que agora xa directamente suspenderon.

Por estas razóns, e ante a gravidade e irresponsabilidade dos feitos, desde a CTNL pedimos a inmediata dimisión do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego