CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


8006 votos
Xa votaches!


03-06-2011

Encontro de mocidade con lingua minorizada, en xullo en Gazteiz

Encontro de mocidade con lingua minorizada, en xullo en Gazteiz
A Facultade de Letras de Gasteiz acolle do 19 ao 22 de xullo de 2011 un encontro europeo de mozas e mozos falantes de linguas minorizadas, organizado no marco do Plan do Euskera e do Plan de Mocidade do Concello de Gasteiz. A asistencia e aloxamento son de balde


Durante o mes de xullo (do 19 ao 22 de xullo de 2011) reuniranse en Gasteiz, Euskadi, mozas e mozos do estado español e doutras rexións europeas con lingua minorizadas.

Este encontro está organizado entre o Plan do Euskera e o Plan de Mocidade do Concello de Gasteiz, e conta coa colaboración do Goberno Vasco e da Universidade do País Vasco, así como do Diario de Noticias de Araba, Berria, Eitb e Radio Vitoria, ademais doutras entidades públicas e privadas de diferentes rexións.

A participación, aloxamento e manutención é de balde para as mozas e os mozos participantes.

O programa buscará a implicación activa dos/as mozos/as e a reflexión arredor da lingua, o intercambio de experiencias, o encontro, a participación en actividades, concertos, etc. Entre outros/as, participarán persoas como Joan Solé Camardons, Carme Junyent, Jasone Osoro, Irati Anda, Séchu Sende...

Este encontro terá lugar na Facultade de Letras da UPV, en Gasteiz, e estruturarase en tres partes:

A- Parte académica (de 9.00 h a 11.00 h), aberta ao público, encamiñada a reflexionar sobre diferentes aspectos da normalización lingüística: experiencias, novas tecnoloxías, etc.

B- Traballo dos mozos e mozas participantes. Parte deseñada e desenvolvida pola propia mocidade.

C- Parte lúdica, polas tardes, onde se compartirá o ocio e se coñecerán diversos aspectos da cidade.

Para participar neste encontro hai que enviar os datos persoais a gazteria@vitoria-gasteiz.org ou chamar ao teléfono 945 161616, ext 3211 e preguntar por Modesto.

Máis info>

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego