CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


9375 votos
Xa votaches!


10-05-2011

Na Coruña, o galego medra contigo!

Na Coruña, o galego medra contigo!
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza, máis un ano, a campaña O galego medra contigo!, dirixida a nenas/os de 5 a 10 anos. A campaña ten como obxectivo transmitir a importancia do valor das palabras ligada coa importancia da transmisión interxeracional do galego


Dentro de O galego medra contigo, o SNL do Concello da Coruña desenvolve:

-Tres concertos musicais infantís (Pablo Díaz e a banda Tic-Tac, o sábado 30 de abril na praza das Conchiñas; o Grupo Pirilampo, o sábado 7 de maio ás 18.00 h no Campo de Marte; e o Grupo Pesdelán, o sábado 14 de maio ás 18.00 h na praza de Pablo Iglesias).

-Cinco obradoiros lúdico-musicais a cargo do mariñeiro Ith, Pablo Díaz, Olga Kirk e Álex Fente. Nestes obradoiros, Ith vailles contar a súa historia ás rapazas e aos rapaces asistentes e ás familias destes e vai introducir unha actividade musical con cantigas tradicionais sobre os oficios tradicionais que levaban a cabo os nosos avós e avoas: aparecen mariñeiros, serradores, segadores, labradores, arrieiros e canteiros. Estes obradoiros son o venres 6 de maio ás 18.00 h na A.C. Manicómicos (rúa Andrés Gaos, 16, baixo); o sábado 7 ás 12.00 h no Centro Cívico de Labañou; o sábado 7 ás 18.00 h no Centro Cívico de Monelos; o xoves 12 ás 18.00 h en Xacarandaina; e o venres 13 ás 18.00 h no Centro Cívico de Mesoiro.

-O Concerto das Letras o sábado 14 de maio ás 21.00 h no Parque de Santa Margarida, en que van actuar os grupos Ondas Marthenot, Os Tres Trebóns e Skacha.

As actividades da campaña O galego medra contigo! este ano teñen como fío condutor o mariñeiro Ith, que leva ese nome porque fai referencia a Ith o fillo de Breogán, personaxe lendario moi vinculado coa fundación da cidade da Coruña. Ith é un mariñeiro que percorre todo o mundo e, en cada lugar en que está, apaña palabras e vínculos afectivos. Chega á Coruña entusiasmado pola fermosura dos nomes das puntas do mar como o Boi, a Vaca... e con moitas ganas de aprender todas as palabras galegas. Tal e como se explica no conto de Ith:

Ith, navegante universal, coñecedor de centos de linguas, sabía que as palabras mudaban o vestiario da súa pronuncia en cada lingua e en cada país. Todas as palabras eran irmás con cadanseu acento propio e construían poderosos idiomas con que as diferentes sociedades se entendían, rían e amaban.

Materiais
Ás familias participantes, desde o SNL da Coruña entregaranlles os seguintes materiais para levaren para as súas casas e seguiren traballando a transmisión interxeracional da lingua coas súas fillas e fillos:
-Un CD coas cancións que se van traballar nos obradoiros.
-Unha unidade didáctica co conto da historia de Ith e as letras das cancións que se traballaron nos obradoiros.
-Un xogo deseñado polo artista gráfico coruñés Manel Cráneo. Trátase do xogo do lince, que consiste en fichas con pictogramas e a palabra correspondente a cada debuxo en que imos intentar que se traballe en familia léxico relacionado co mar e coas profesións.
-Adhesivos e outros materiais

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego