CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7731 votos
Xa votaches!


03-05-2011

Marcos Abalde Covelo gaña o VII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2011

Marcos Abalde Covelo
O VII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2011, dotado con 1.000 euros e a publicación nos nove medios de comunicación colaboradores, foi para o artigo «Empoderármonos», do mozo escritor Marcos Abalde Covelo. O xurado tamén lle concedeu un accésit ao artigo «Gas», de Diego Giráldez


O xurado do VII Premio a artigos xornalísticos normalizadores reuniuse o martes, 2 de maio, para decidir o artigo gañador deste certame, ao que se presentaron 48 traballos, e decidiu concederlle o premio, dotado con 1.000 euros e a publicación do artigo en A Nosa Terra Diario, Diario de Bergantiños, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Longa Lingua, Radio Líder, Tempos Novos e Xornal de Galicia, ao artigo titulado «Empoderármonos», de Marcos Abalde Covelo.

Segundo o xurado, o recoñecemento deste artigo débese ao «paralelismo entre a situación das mulleres e a da lingua galega, adentrándose na violencia simbólica exercida contra o galego e contra as mulleres». Na acta do xurado sinálase que o artigo «fala sobre a hibridación do galego co castelán, ten interesantes conexións intertextuais e chama a atención individual fronte a esa situación». Ademais, «destaca a súa calidade lingüística, a linguaxe directa e a capacidade de incidencia no público».

Marcos Abalde recibira xa o accésit deste premio na edición do pasado ano.

Accésit
O xurado decidiu tamén outorgarlle un accésit sen dotación económica ao artigo «Gas», do autor Diego Giráldez, e recoméndalles aos medios colaboradores a súa publicación. O accésit concédeselle «pola necesaria reivindicación dos medios en galego, nun momento difícil para eses medios» e pola «calidade de estilo e as referencias intertextuais, tanto a ámbitos literarios como científicos».

Xurado
O xurado do VII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo estivo composto por Belén Puñal, xornalista carballesa, redactora da revista Tempos Novos; Marica Campo, profesora, escritora e gañadora da edición 2010 do certame; Iván Méndez, técnico de normalización lingüística do Concello de Cerceda e colaborador en prensa; e Nel Vidal, técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo, como secretario, sen voto.

Obxectivo do premio
Os obxectivos do premio son promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e promocionar o uso do idioma galego e promover o emprego do galego na prensa escrita.

O xurado agradécelles a todos/as os/as autores/as a súa participación e sinala que «a convocatoria do Premio cumpre os seus obxectivos de promover a reflexión sobre a situación da lingua galega», e que «a calidade dos traballos presentados é alta», polo que anima aos autores e ás autoras non premiadas a difundir e publicar os seus artigos.

Gañadores/as doutras edicións
Nas seis edicións anteriores deste certame foron premiados/as autores/as como Xurxo Fernández Carballido, Olga Patiño Abeixón, Ana Rodríguez Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera Fociños, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, María Pilar García Negro ou Marica Campo.

Publicación do artigo gañador
O artigo gañador publicarase nos medios de comunicación colaboradores nas próximas semanas, en datas que se anunciarán proximamente.
Os medios de comunicación escrita que colaboran e que publicarán o artigo gañador son: A Nosa Terra Diario, Diario de Bergantiños, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Longa Lingua, Radio Líder, Tempos Novos e Xornal de Galicia.

Festa da lingua
A entrega do premio terá lugar no transcurso da Festa da Lingua, que terá lugar o sábado 7 no Pazo da Cultura de Carballo, e na que actuará o grupo musical Marful, o teatral Berrobambán e será presentada por Yolanda Castaño. As entradas para esta festa, que son de balde, pódense xa reservar no teléfono 981 704 304 ou recoller no Pazo da Cultura en horario de 11.00 h a 14.00 h.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego