CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


9525 votos
Xa votaches!


27-12-2010

III Xornadas de toponimia en Pontevedra: Estudo dos nomes de lugar. Aplicacións didácticas

III Xornadas de toponimia en Pontevedra: Estudo dos nomes de lugar. Aplicacións didácticas
O Concello de Pontevedra organiza as III Xornadas de toponimia: Estudo dos nomes de lugar. Aplicacións didácticas. Estas xornadas dirixidas a docentes, entidades sociais e culturais e a outras persoas interesadas terán lugar en Pontevedra os días 17, 19, 24, 25, 27 de xaneiro e 1 e 3 de febreiro de 2011


III Xornadas de Toponimia
Estudo dos nomes de lugar. Aplicacións didácticas


O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, xunto co Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Luís Seoane, organiza as III Xornadas de Toponimia: Estudo dos nomes de lugar. Aplicacións didácticas. Esta actividade está dirixida a docentes de primaria e secundaria, entidades sociais e culturais (comunidades de montes, confrarías, asociacións veciñais, culturais...) e a outras persoas interesadas no tema.

Dentro da programación de actividades de dinamización para a normalización lingüística, con este curso quérese dar a coñecer a riqueza da toponimia galega para contribuír ao recoñecemento do seu valor como patrimonio cultural e sinal de identidade; sensibilizar sobre a importancia do estudo, recolleita, conservación e transmisión dos nomes de lugar; realizar un achegamento ás técnicas de estudo, investigación e recolleita dos nomes de lugar e ao aproveitamento didáctico do estudo dos nosos nomes de lugar.

PROGRAMA

17, 19 e 24 de xaneiro, de 17.30 h a 20.30 h: Introdución, características da toponimia galega, estudo e clasificación da toponimia: orixe, significado. Gonzalo Navaza. 17, 19 e 24 de xaneiro

25, 27 e 29 de xaneiro, de 17.30 h a 20.30 h: Talasonimia. Os nomes do mar. Xosé Lois Vilar

1 e 3 de febreiro, de 17.30 h a 19.30 h: Didáctica da toponimia. Xulia Marqués.

LUGAR
Salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra.
O día 29 terá lugar unha saída de campo, que será en Monteferro (Nigrán) e na Serra da Groba. Sairase desde Pontevedra ás 9.45 horas.

Para a saída de campo cómpre inscrición específica a través do formulario que se entregará durante as xornadas. O Concello de Pontevedra facilitará o transporte.

INSCRICIÓN
De balde. As prazas son limitadas. As inscricións realizaranse por orde de solicitude, ata o remate das prazas, no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
-Rúa do Arcebispo Malvar 1. Pontevedra
-Fax: 986 851 800
-Enderezo-e: normalizacionlinguistica@concellopontevedra.es

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego