CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


7688 votos
Xa votaches!


06-10-2010

A CTNL convoca dous cursos de xestión administrativa para SNL, un en Pontevedra e outro en Santiago de Compostela

Curso de xestión administrativa para SNL
Dúas edicións dun Curso de xestión administrativa para servizos de normalización lingüística (SNL) desenvolveranse nos próximos meses. A primeira edición terá lugar en outubro en Pontevedra e a segunda en novembro en Santiago de Compostela


Curso de xestión administrativa para servizos de normalización lingüística (SNL) de administracións públicas locais

Información completa en .pdf >

Accede á convocatoria dos cursos e formulario de inscrición >


Obxectivos xerais
-Coñecer o procedemento administrativo xeral que lle afecta aos SNL
-Achegarse aos trámites administrativos básicos que require o traballo desde os SNL
-Fornecer dos recursos básicos para desenvolver o traballo de xestión administrativa nun SNL

Contidos
-Pasos básicos para poder tramitar actividades
-Características básicas dos tipos de tramitacións
-Convocatorias e concesión de subvencións
-Convenios, acordos de colaboración, etc.
-Órganos da administración implicados no gasto
-Orzamentos e facturas
-Resolucións
-Lexislación básica

Profesora
-Alicia Paula Otero González. Técnica de administración xeral no Concello de Pontevedra

Datas e horarios

1.ª edición: PONTEVEDRA, outubro de 2010

-Venres 22 de outubro, de 10.00 h a 14.00 h e de 16.30 h a 20.30 h
-Sábado 23 de outubro, de 10.00 h a 14.00 h e de 16.30 h a 20.30 h

2.ª edición: SANTIAGO DE COMPOSTELA, novembro de 2010

-Venres 26 de novembro, de 10.00 h a 14.00 h e de 16.30 h a 20.30 h
-Sábado 27 de novembro, de 10.00 h a 14.00 h e de 16.30 h a 20.30 h

Duración
-16 horas

Persoas destinatarias
- Traballadores/as de servizos de normalización lingüística (SNL), nomeadamente da administración local
-Persoas interesadas en traballar en SNL

Procedemento, calendario de inscrición e límite de prazas

-Inscrición: a través do formulario habilitado para o efecto no web www.ctnl.org
-Límite de prazas: 25 en cada edición

Dado que o número de prazas está limitado a 25, terán preferencia, en primeiro lugar, os/as socios/as da CTNL e, a continuación, os/as técnicos/as de entidades que formen parte da Rede de Dinamización Lingüística. Despois disto, respectarase a orde de inscrición.

Non se pode pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas.

As persoas incluídas nesa listaxe de admitidas deben ingresar o importe da matrícula na conta da CTNL número 2091-0377-74-3040004060, indicando o seu nome completo e mais o concepto “Curso xestión adm.”.

Se unha persoa está na listaxe de admitidas e non vai participar no curso, debe comunicalo por teléfono ou correo electrónico o máis axiña posíbel, para así poder incorporar, con suficiente antelación, a seguinte persoa da listaxe de agarda.

Calendario de inscrición para a 1.ª edición (PONTEVEDRA > OUTUBRO)
-Prazo de solicitude de participación no curso: desde o 11/10/2010 ás 10.00 h até o 15/9/2010 ás 24.00 h
-Publicación da listaxe de persoas admitidas: 18/10/2010 ao longo da mañá
-Prazo para facer o ingreso de matrícula: 21/10/2010
-Datas do curso: 22 e 23 de outubro de 2010

Calendario de inscrición para a 2.ª edición (SANTIAGO DE COMPOSTELA > NOVEMBRO)
-Prazo de solicitude de participación no curso: desde o 8/11/2010 ás 10.00 h até o 12/11/2010 ás 14.00 h
-Publicación da listaxe de persoas admitidas: 15/10/2010 ao longo da mañá
-Prazo para facer o ingreso de matrícula: 22/11/2010
-Datas do curso: 26 e 27 de novembro de 2010

Cota de inscrición
-Socias/os da CTNL: 30 euros
-Estudantes, bolseiras/os e desempregadas/os (non socias/os): 40 euros
-Non socias/os da CTNL: 100 euros

Certificado de asistencia
-Para obter o certificado de asistencia hai que participar en, cando menos, o 80% das horas totais do curso


ORGANIZA
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

COLABORAN
-Universidade de Santiago de Compostela
-Rede de Dinamización Lingüística
-Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
-Pazo da Cultura. Concello de Pontevedra


Accede á convocatoria dos cursos e formulario de inscrición >



Ligazóns relacionadas


Convocatoria de Cursos de xestión administrativa para SNL

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego