CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


8894 votos
Xa votaches!


02-11-2007

Curso de comunicación e mercadotecnia para accións de normalización lingüística

[Listaxe de persoas admitidas e listaxe de agarda]

Listaxe de persoas admitidas e listaxe de agarda

Tríptico do curso [en .pdf, 197 KB]

Presentación do curso

Desde os departamentos técnicos de política lingüística das administracións, desde diversas asociacións e colectivos, desde as empresas relacionadas coa normalización e desde os equipos de normalización dos centros de ensino desenvólvense diversas accións, campañas e actividades, que cómpre difundir axeitadamente para que teñan un bo impacto na poboación á que se dirixen ou para procurar o incremento da participación cidadá nas actividades propostas.

O ideal é que moitas destas tarefas de comunicación sexan desenvolvidas por profesionais do sector, ben formando parte do cadro de persoal da propia entidade, ben por medio de empresas ou persoas subcontratadas para este fin. Mais, ás veces, a falta de recursos imposibilita isto e moitas desas tarefas deben ser total ou parcialmente asumidas polo propio persoal de normalización lingüística.

Deste xeito faise necesario o coñecemento do mundo da comunicación, a creatividade, os coñecementos básicos e a actualización do persoal dos SNL, asociacións, colectivos, empresas e ENL no manexo de procedementos, ferramentas e estratexias de comunicación que faciliten a transmisión, promovan a posta en valor e potencien unha maior implicación e participación colectiva e/ou individual.

Por iso, este Curso de comunicación e mercadotecnia para accións de normalización lingüística.

Obxectivos

Dar a coñecer dun xeito práctico e analizar distintas estratexias e medios de comunicación e difusión de cara a implicar aos distintos axentes no proceso de normalización lingüística e de cara a incrementar a participación en actividades

Potenciar destrezas de comunicación e mercadotecnia que optimicen a difusión e o impacto de campañas e actividades de normalización lingüística

Que as persoas participantes coñezan o proceso de produción de información e que sexan quen de planificar a comunicación/ mercadotecnia para unha actividade ou campaña de normalización, co dominio na elaboración e difusión de notas de prensa, convocatorias de conferencias de prensa, difusión por medios dixitais, aproveitamento de recursos gráficos, etc.

Datas e horarios

Venres 23 e venres 30 de novembro de 2007 e 10.00 h a 20.00 h e venres 14 de decembro de 2007 de 16.30 h a 20.30 h

Duración

20 horas presenciais e 4 non presenciais

Lugar

Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Avda. de Castelao s/n. Campus Norte)

Destinatarios/as

- Traballadores/as de SNL
- Membros de asociacións ou colectivos que desenvolvan accións para a normalización lingüística
- Responsábeis dos ENL do ensino
- Traballadores/as de empresas relacionadas coa normalización da lingua
- Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua

Contidos básicos

- As relacións cos medios de comunicación
- Conceptos básicos de publicidade. Que queremos vender?, a quen llo queremos vender?, como llo vendemos? Os medios e os formatos
- Os gabinetes de comunicación e as novas tecnoloxías da comunicación
- A lingua, o noso produto. Planificación de campañas informativas e/ou publicitarias. Intermediarios e dinámicas de difusión
- Traballos prácticos

Profesorado

- Miguel Túñez López, Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
- Berta García Orosa, Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
- César Galdo, Acordar Comunicación
- Roberto Noguerol, Vieiros

Inscrición

Até o 15 de novembro, enviando os seguintes datos ao enderezo electrónico info@ctnl.org co asunto: Inscrición Curso comunicación CTNL

DATOS QUE CÓMPRE ENVIAR: nome e apelidos, documento de identidade, teléfonos de contacto, enderezo electrónico, enderezo postal, CP, localidade, situación profesional e centro de traballo.

Dado que o número de prazas está limitado a 30, terán preferencia os/as socios/as da CTNL coas cotas ao día no momento da convocatoria do curso. Despois disto, respectarase a orde de inscrición, dándolles preferencia aos/ás socios/as da CTNL.

Non se debe pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas, que se publicará o día 16 de novembro neste mesmo sitio web.

As persoas incluídas nesa listaxe deben ingresar o importe da matrícula até o día 21 de novembro na conta da CTNL número: 2091-0377-74-3040004060, indicando o nome completo e o concepto “Curso com.

Cota de inscrición

Socias/os da CTNL: 30 euros
Estudantes e parados/as: 40 euros
Non socios/as da CTNL: 100 euros

Máis información

No enderezo electrónico info@ctnl.org ou no teléfono 629 571 950

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego