CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


8708 votos
Xa votaches!


05-11-2007

Convocadas as probas para a obtención dos certificados Celga 1 e Celga 4

No DOG do luns 5 de novembro está publicada a convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1 e Celga 4.

Poderán presentarse a estas probas as persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes de finais do ano 2007, nacionais ou estranxeiras, con DNI ou pasaporte vixente.

Prazo de inscrición:

- Para o Celga 1: até o día 16 de novembro de 2007 (inclusive)
- Para o Celga 4: ata o día 28 de novembro de 2007 (inclusive)

Datas de realización das probas:

- Celga 1: 1 de decembro de 2007 (sábado), ás 9:00 h
- Celga 4: 15 de decembro de 2007 (sábado), ás 9:00 h

Lugares onde se van realizar as probas:
A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo.

Contía das taxas de exame: 15 euros

Inscrición: poderase realizar mediante a presentación da solicitude que figura no anexo I da convocatoria.

Desenvolvemento das probas:

- Celga 1: a proba escrita terá unha duración de 2,30 horas, das 9.00 h ás 11:30 h da mañá. Ás 13.00 h comezarán as probas orais e os/as aspirantes serán chamados/as por orde alfabética (a-z). A proba oral terá unha duración de 15 minutos, aproximadamente, e será realizada por dous/dúas técnicos/as avaliadores/as.
- Celga 4: a proba escrita terá unha duración de 3 horas, das 9.00 h ás 12.00 h da mañá. Ás 13.00 h comezarán as probas orais, os/as aspirantes serán chamados/as por orde alfabética (a-z). A proba oral terá unha duración de 20 minutos, aproximadamente, e será realizada por dous/dúas técnicos/as avaliadores/as.

O texto íntegro da convocatoria, aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego