CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


2610 votos
Xa votaches!


02-11-2009

X Xornadas de expresión oral "Tíralle da lingua"

Tíralle da  linguaA Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) organiza as X Xornadas de expresión oral "Tíralle da lingua", que terán lugar no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, os días 20 e 21 de novembro de 2009.

Tíralle da lingua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias..., de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde.

Entre outras actividades, inclúe unhas xornadas, que este ano chegan á súa décima edición.

PROGRAMA

VENRES 20 DE NOVEMBRO
18.00 h: Recepción e entrega de material
18.30 h: “Literalúdica: práctica de intervención literaria creativa”.Fernando Díaz Catroverde.

SÁBADO 21 DE NOVEMBRO
9.30 h: "O libro infantil: tipoloxía e potencial didáctico". José Tomás.

11.45 h: Pausa
12.15 h: “No colo de quen falamos”. David Otero.

16.30 h: “Outras formas de oralidade: da tradición á transgresión”. Leonardo Fernández Campos (O Leo i Arremecághoná!).

18.30 h: "As mans perdidas". Nelson Quinteiro.

20.00 h: Clausura

A matrícula está aberta desde o 2/11/09 ao 16/11/09 a través do web da AS-PG.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego