CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


8701 votos
Xa votaches!


20-01-2009

Convocatoria dunha praza de licenciado/a en Filoloxía Galega como persoal funcionario para a Deputación de Lugo

Deputación de Lugo
O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou o sábado 17 de xaneiro, as Bases específicas para o acceso a unha praza de licenciado/a Filoloxía Galega, encadrada na escala de administración especial, grupo A, subgrupo A1, do cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Lugo. O proceso selectivo será a oposición libre e o prazo para presentar solicitudes é de 20 días naturais.


OBXECTO
O obxecto das bases é o acceso a prazas de licenciado/a en Filoloxía Galega, na escala de administración especial, no grupo A, subgrupo A1.

SISTEMA DE SELECCIÓN
O sistema de selección será o de oposición libre, de acordo co estabelecido no RD 896/91, polo que se estabelecen as regras básicas e programas mínimos que debe axustarse o procedemento de selección dos/as funcionarios/as de Administración local.

REQUISITOS XERAIS DAS PERSOAS ASPIRANTES

Para poder participar no proceso selectivo as persoas aspirantes deberán reunir os requisitos seguintes:

  • Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, a respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.

  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas da praza á que aspira.

  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

  • Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario no que estivese separado ou inhabilitado

  • Posuír ou estar en condicións de obter o título académico esixido nas bases específicas para ingresar na praza o día en que remate o prazo de presentación de instancias. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

  • Cumprir, no momento da toma de posesión, os requisitos esixidos na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

  • Ter ingresado na Tesouraría da Deputación ou na conta bancaria 2091-0163-45-3110000421 de Caixa Galicia a cantidade fixada como taxa por participación en procedementos selectivos

  • Cumprir os demais requisitos esixidos para o ingreso
    nas respectivas bases específicas


Todos os requisitos esixidos no apartado anterior deberán posuílos os aspirantes o día que remate o prazo de presentación de solicitudes e conservalos, polo menos, até a data do seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.


REQUISITOS ESPECÍFICOS DAS PERSOAS ASPIRANTES

De acordo co artigo 56 e) da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público e co artigo 25 da Lei 30/84, do 2 de agosto, para acceso a escala de Administración especial, prazas con cometidos especiais, grupo A-subgrupo A1, será necesario estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galega ou licenciado/a en Filoloxía Hispánica subsección galego-portugués


PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

O procedemento de selección, constará dos seguintes exercicios:


Primeiro exercicio


Á elección do Tribunal o primeiro exercicio poderá consistir:



  • Na exposición por escrito dun tema de carácter xeral relacionado co apartado A) MATERIAS COMÚNS do programa, sen que teña que aterse ás epígrafes concretas dos temas, cun tempo máximo para realizalo dunha hora e trinta minutos, ou

  • Na exposición por escrito dun tema seleccionado por sorteo entre os contidos no apartado A) MATERIAS COMÚNS do programa sendo neste caso o tempo máximo para realizar o exercicio corenta e cinco minutos.


Este exercicio debe ser lido polos/as aspirantes diante do tribunal na data que este determine e poderán asistir os demais aspirantes. Este exercicio ten carácter obrigatorio e eliminatorio; puntuarase de 0 a 5 puntos, sendo necesario obter un mínimo de 2,5 puntos para superar o exercicio.


Segundo exercicio

.

Consistirá na exposición por escrito de catro temas seleccionados por sorteo entre os que figuran no apartado B) MATERIAS ESPECÍFICAS do programa que figura na base 6ª. O sorteo será do seguinte xeito:


  • 1 tema dos apartados B.1 Historia da lingua (temas 19 ao 25), B.4 Semántica (temas 77 ao 83) e B.5 Comunicación e linguaxe administrativa (temas 84 ao
    90).

  • 1 tema do apartado B.2 Sociolingüística e lexislación (temas 26 ao 47).

  • 2 temas do apartado B.3 Gramática (temas 48 ao 76).


O tempo máximo para a realización do segundo exercicio é de tres horas. O segundo exercicio deberá ser lido polos/as aspirantes diante do Tribunal na data que se determine. O Tribunal poderá formular preguntas sobre o contido dos temas ou solicitar aclaracións en relación coa proba realizada de xeito que lle permita formar unha opinión mais precisa dos coñecementos de cada aspirante.


Este exercicio terá carácter obrigatorio e eliminatorio. Puntuarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter un mínimo de 5 puntos para superalo.


Terceiro exercicio


O terceiro exercicio consistirá nunha proba práctica sobre os temas contidos no apartado B) MATERIAS ESPECÍFICAS, establecida libremente polo tribunal relacionada coas funcións da praza/posto que se convoca e terá por obxecto comprobar a aplicación práctica dos coñecementos que se inclúen no programa nun suposto concreto que responda as funcións ou tarefas da praza/posto de traballo que se convoca. O tribunal propoñerá, cando menos, dous exercicios e os/as aspirantes elixirán un dos exercicios propostos e realizarano no tempo máximo de dúas horas e trinta minutos.


Este exercicio poderá ser lido polos/as aspirantes diante do tribunal na data que este determine. O Tribunal poderá formular preguntas sobre o contido do exercicio ou solicitar aclaracións en relación coa proba realizada de xeito que lle permita formar unha opinión máis precisa das habilidades profesionais de cada aspirante. Este exercicio terá carácter obrigatorio e eliminatorio. Puntuarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter un mínimo de 5 puntos para superalo.


SOLICITUDES


As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas deberán presentar solicitude, que figura como anexo I das bases xerais e que se facilitará no Rexistro Xeral da Deputación de Lugo

DOCUMENTACIÓN



  • Documentación acreditativa de ter aboada a taxa por participación en procesos selectivos, 15 euros, que ingresarán directamente nas oficinas da Tesouraría da Deputación ou mediante transferencia bancaria na conta número c/c-2091-0163-45-3110000423 da Caixa Galicia, oficina 0163 ou mediante xiro postal dirixido á Tesourería.
    Os/as aspirantes acompañarán a solicitude co documento acreditativo de ter feito o ingreso da correspondente taxa dentro do período de presentación de solicitudes,

  • Certificación relativa á condición de desempregado para os efectos de redución da taxa por participación en procesos selectivos, se for o caso.


BASES COMPLETAS DA CONVOCATORIA [.pdf, 2,34 MB]


Ligazóns relacionadas


Convocatoria de praza de Lic. Fil. Galega na Deputación de Lugo 09 [2,34 MB]

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego