CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


2799 votos
Xa votaches!


03-11-2008

Vés xogar?, dinamización para os cativos da Coruña

Vés xogar?A Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña está a levar a cabo o proxecto Vés xogar?, dirixido a nenos e nenas de 6 a 8 anos. Vaise desenvolver todos os sábados pola mañá, das 11.00 ás 13.00 h desde o 8 de novembro até o 20 de decembro nos barrios de Mesoiro e San Pedro de Visma.


O dito proxecto busca ofertar, de xeito totalmente gratuíto, un espazo de xogo en que os nenos e as nenas poidan gozar de espectáculos de monicreques, xogar cos protagonistas dos libros Os Bolechas, ir de excursión, facer manualidades, xogar coa música, coa ciencia etc.; ademais de achegar a lingua galega aos nenos e ás nenas a través de eidos distintos ao da escola: no tempo libre, a través do xogo.

Ofértanse 60 prazas repartidas entre os barrios de Feáns e San Pedro de Visma. Poderase realizar a inscrición a partir do xoves 30 nas entidades colaboradoras:

  • AA.VV. Novo Mesoiro, das 18.00 ás 20.00 h

  • AA.VV. Loureiro de Visma ( Lugar de San Pedro de Visma, fronte á igrexa), das 10.00 ás 14.00 h e das 16.30 ás 21.00 h.

  • Máis información no 981 184 259 ou no blogue (en construción) do SNL da Coruña

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego