29-10-2008Curso de introdución ao traballo en servizos de normalización lingüística
A CTNL convoca un novo curso de formación dirixido a persoas que comezaron a traballar recentemente nun SNL e a estudantado co obxectivo de introducir no traballo dos SNL e formar novos/as técnicos/as de normalización. O curso terá unha edición en cada unha das universidades do país en datas diferentes (12, 13 e 14 de novembro na USC, 19, 20 e 21 na UVigo e 26, 27 e 28 de novembro da UdC).
LUGARES E DATASSANTIAGO DE COMPOSTELA:
12, 13 e 14 de novembroVIGO:
19, 20 e 21 de novembroA CORUÑA:
26, 27 e 28 de novembroPRAZASCada unha das edicións do curso ten un límite de 20 prazas e constará dunhas doce horas. Está dividido en tres bloques de contidos:
CONTIDOS E DOCENTES1.º bloque (4 horas). Que é un SNL? Definición, organización, estrutura. A planificación lingüística desde un SNL.
Docente: Valentín García Gómez, técnico de normalización lingüística do Concello da Estrada.
2.º bloque (4 horas). Aproximación ao asesoramento e formación lingüística desde un SNL. Accións e principais recursos. Docente: Manuel Bermúdez, técnico de normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e responsábel da Área de Asesoramento Lingüístico.
3.º bloque (4 horas). A dinamización lingüística desde un SNL. Accións e principais recursos. Docente: Isabel Vaquero Quintela, técnica de normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e responsábel da Área de Dinamización Lingüística.
INSCRICIÓNA inscrición realizarase mediante esta páxina web na sección de
CONVOCATORIA DE CURSOS e deberase elixir unha das edicións (Santiago, Vigo ou A Coruña).
Os
prazos de inscrición son os seguintes:
- Santiago de Compostela: 5 de novembro
- Vigo: 12 de novembro
- A Coruña: 19 de novembro
Cada edición conta cunha información e un formulario diferentes na
nosa páxina de formación.
INFORMACIÓN COMPLETA EN .PDF