CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7178 votos
Xa votaches!


10-09-2008

O teu móbil en galego

O teu móbil en galego
A Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de lanzar, en colaboración co INEO a campaña "O teu móbil en galego" que conta cunha páxina web (www.oteumobilengalego.com). Esta campaña ten o obxectivo de promover o uso do galego no ámbito das novas tecnoloxías e, en especial, na telefonía móbil.


Esta nova campaña conta con diferentes medidas de actuación. En primeiro lugar, a SXPL asinou diferentes convenios de colaboración cos principais fabricantes e operadores de telefonía móbil, segundo xa anunciaron esta semana algúns medios como Vieiros ou A Nosa Terra. Estes convenios parten co obxectivo de implantar progresivamente o galego como opción idiomática nos menús e noutras aplicacións dos terminais móbiles, así como nas páxinas web e na atención ao cliente.

Pola súa banda, o web www.oteumobilengalego.com, será un espazo para facilitarlles ás persoas interesadas toda a información relativa ás compañías que lles posibilitan aos seus clientes unha relación e un trato directo en galego.

Esta campaña completarase con outras accións en liña dirixidas a promover e difundir na Internet este proxecto sobre a telefonía móbil, aínda que non se concretaron cales.


Podes consultar máis información sobre esta campaña no web www.oteumobilengalego.com.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego