CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


6121 votos
Xa votaches!


18-06-2008

No Barbanza, anticiclón en Telesalnés e borrasca en La Voz de Galicia

Tina Formoso e Miguel Louzao, da CENDLB
A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza (CENDLB), formada por máis de 20 ENDL de centros de ensino desta comarca, concedéronlle o premio "Anticiclón" a Telesalnés por utilizar o galego con normalidade, e o premio "Borrasca" a La Voz de Galicia, que leva implícito a crítica e a petición de maiores usos.


Co obxectivo de favorecer a normalización da lingua galega, a coordinadora de ENDL do Barbanza creou os premios "Anticiclón", de recoñecemento e apoio a entidades que destaquen polo emprego normal do uso do galego, e "Borrasca", de crítica e petición de mellora a aquelas entidades non favorecedoras da normalización lingüística.

Deste xeito, nesta primeira edición, o premio "Anticiclón" foille concedido á emisora de televisión Telesalnés, por facer "un uso público da lingua galega con normalidade, como tamén o fan a maioría dos habitantes do Barbanza". Pola contra, o premio "Borrasca" foille concedido a La Voz de Galicia, medio no que atopan eivas para o uso do galego, con un tratamento residual e anecdótico. Por esta razón, a CENDLB anima a este xornal a ampliar o espazo do galego nas súas páxinas e a, cando menos, non traducir a castelán as declaración dos/as galegofalantes.

Alarmante descenso da tranmisión da lingua no Barbanza

Ademais, Miguel Louzao e Tina Formoso, voceiros da CENDLB, presentaron os resultados dunha análise sociolingüística realizada nos centros de ensino de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Rianxo, no que se constata unha preocupante fenda na transmisión interxeracional da lingua, principalmente en Ribeira e na Pobra.

Segundo recolle Vieiros, "o estudo analizou tres variábeis: o hábitat (máis castelán canto máis urbano), a idade (máis castelán canto máis novos) e os prexuízos lingüísticos (que se dan, paradoxalmente, en familias galegofalantes en zonas como Palmeira).

A elas sumáronse preguntas para detectar a actitude cara á lingua, que deron uns resultados que poderían parecer superficialmente positivos. Así, o alumnado, nais e pais amósanse conformes con que a aprendizaxe de varias linguas enriquece e co feito de que se poidan dar matemáticas en galego, pero non ven tan ben a aprendizaxe bilingüe cando unha das linguas é o galego, nin están dispostos a recibir máis clases na lingua propia.

O informe cualifica os resultados de preocupantes polos prexuízos que se manifestan nos galegofalantes, que se ven estigmatizados pola súa lingua. Con todo, os/as castelanfalantes teñen unha consideración igual ou peor de cara á lingua. A conclusión dos equipos de normalización é que o único xeito de mudar os usos é actuar sobre a imaxe que a poboación ten do idioma."


Ligazóns relacionadas

Texto do informe da CENDLB (.pdf) Entregados no Barbanza os premios... (Vieiros) Telesalnés, premio 'Anticiclón'... (A Nosa Terra) Entidades educativas din que a desgaleguización... (La Voz de Galicia)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego