CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


13079 votos
Xa votaches!


27-06-2018

Praza de técnico/a de normalización en Abegondo: bases xerais e específicas da convocatoria

Concello de Abegondo
O Concello de Abegondo, tras o anuncio da oferta pública de emprego de 2017 e a publicación das bases xerais para a cobertura definitiva de varias prazas, publica hoxe no BOP as bases específicas para a cobertura definitiva dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. Despois producirase a publicación do anuncio no DOG e no BOE, data esta última que marcará o inicio do prazo de inscrición.








O Concello de Abegondo publica no Boletín Oficial da Provincia da Coruña de hoxe as bases específicas reguladoras da convocatoria de selección para a cobertura definitiva dunha praza de técnico/a de normalización lingüística, incluída na oferta de emprego público do ano 2017. O pasado 21 de febreiro publicáranse no mesmo medio as bases xerais, que regulan entre outras cousas os requisitos xerais, a forma de presentación de instancias e o prazo.

REQUISITOS DOS/DAS ASPIRANTES

Alén dos establecidos nas bases xerais (idade, non padecer enfermidade que impida o desenvolvemento das tarefas do posto, etc.), os requisitos de titulación son: título de licenciatura/grao en filoloxía galego-portuguesa, filoloxía galega ou filoloxía hispánica (sección galego-portuguesa) ou outras titulacións superiores pertencentes á área de humanidades ou de ciencias xurídicas sociais, sempre que estean en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

O sistema de selección será o concurso-oposición (60% da nota corresponderá á oposición e 40% ao concurso).

PROBAS DA FASE DE OPOSICIÓN

A totalidade desta fase terá unha cualificación máxima global de 60 puntos, e consistirá na realización dos seguintes exercicios:

- Exame teórico, de carácter eliminatorio e obrigatorio, que consistirá nun test de 60 preguntas que comprenderán a parte xeral e a parte específica do temario.

- Exame práctico, de carácter eliminatorio e obrigatorio, que consistirá no desenvolvemento dun suposto práctico referido ao contido do temario.

O temario, de 30 temas na parte xeral e 60 na parte específica, figura como anexo das bases específicas.

FASE DE CONCURSO

A puntuación máxima posible desta fase é de 40 puntos. Valoraranse os seguintes méritos:

- Experiencia profesional en postos semellantes nas administracións públicas (2 puntos por ano, ata un máximo de 24) ou en entidades asociativas ou empresas privadas (1,5 puntos por ano ata un máximo de 9). A experiencia profesional valorarase cun máximo de 33 puntos.

- Docencia de cursos de lingua galega, ata 2 puntos.

- Publicacións en lingua galega, ata 2 puntos.

- Formación relacionada co posto de traballo, ata 3 puntos.

PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS

De acordo coas bases xerais, as instancias presentaranse no modelo que proporciona a Administración a través da súa sede electrónica ou do rexistro xeral, e irán acompañadas da documentación habitual: copia do título requirido, DNI, xustificante de aboamento das taxas, relación de méritos, declaración xurada, etc.

A solicitude presentarase a través de calquera das seguintes vías: Rexistro Xeral do Concello, Rexistro Telemático, sistema de intercambio de rexistros, oficinas de correos ou calquera das establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

DEREITOS DE EXAME

O dereitos de exame establécense en 50,00 €.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Será de 20 días naturais, que contarán a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE), anuncio que se publicou o 28 de agosto de 2018. Daquela, o prazo de presentación de solicitudes é do 29 de agosto ao 17 de setembro de 2018.

Información completa:

- Bases xerais, en .pdf

- Bases específicas, en .pdf

- Anuncio da convocatoria no DOG do 3 de agosto de 2018, en .pdf

- Anuncio da convocatoria no BOE do 28 de agosto de 2018, en .pdf

- Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, en .pdf (BOP do 30 de xaneiro de 2019)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego