CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


14266 votos
Xa votaches!


20-09-2017

Convocamos un obradoiro de deseño e maquetación de materiais básicos para a normalización lingüística

Obradoiro de deseño e maquetación materiais para NL
A CTNL organiza un Obradoiro de deseño e maquetación de materiais básicos para a normalización lingüística. Impartirao Ruth Caramés Blanco (Fabaloba, S. Coop. Galega) e combinará sesións presenciais en Santiago de Compostela os días 26 e 27 de outubro con traballo a distancia.


POR QUE ESTE OBRADOIRO?
No traballo cotián ás veces debemos elaborar nós mesmos/as, sen axuda dun departamento gráfico, pequenos carteis ou folletos para anunciar actividades, difundir ideas, etc.
Con este obradoiro, aprenderemos a manexar programas de software libre e en liña que nos axudarán nesta tarefa, co fin de conseguirmos crear de maneira sinxela materiais básicos cun mínimo de calidade para difundir as nosas actividades e mensaxes a prol da lingua.

CALES SON OS OBXECTIVOS?
- Aprender a manexar programas sinxelos de deseño e maquetación, principalmente de folletos e carteis
- Crear materiais básicos para a difusión de accións de normalización lingüística e de mensaxes a prol da lingua

COMO APRENDEREMOS?
Será un obradoiro práctico onde empregaremos programas de software libre: Inkscape, Gimp e Scribus. Tamén haberá un achegamento a programas en liña como Canva e Pixlr.
Ao remate das sesións presenciais, deberemos desenvolver na casa un proxecto gráfico a modo de resumo do aprendido durante o obradoiro.

QUEN NOS VAI GUIAR E AXUDAR?
Ruth Caramés Blanco, licenciada en Bioloxía e postgrao en Enxeñería Ambiental pola Universidade de Santiago de Compostela e técnica de Deseño Gráfico.
Na actualidade é socia de Fabaloba, Sociedade Cooperativa Galega, onde desenvolve todo tipo de proxectos de deseño gráfico e ilustración. O libro ilustrado O neno e a estrela, a imaxe da campaña Gústame o galego, do portal de recursos en galego Alí ou da programación cultural do proxecto Apego do Concello de Santiago de Compostela son algúns dos seus últimos traballos.

QUEN PODE PARTICIPAR?
-Técnicos/as de servizos de normalización lingüística (SNL)
-Traballadores/as de empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización da lingua
-Membros de equipos de normalización e dinamización lingüística do ensino
-Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua
Límite de prazas: 18-22.

PRAZO DE INSCRICIÓN
-Do 26 de setembro ao 15 de outubro de 2017
AVISO: non se habilitará o formulario de inscrición ata que comece este prazo.

ORGANIZA
- CTNL

COLABORAN
- Departamento de Filoloxía Galega, Facultade de Filoloxía, Universidade de Santiago de Compostela
- Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

Información completa e formulario de inscrición.

Convocatoria completa en .pdf


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego