CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Máis alá


18068 votos
Xa votaches!


31-01-2013

A favor

OPINIÓN: por Nel Vidal

Nel Vidal Barral
En moitas ocasións, os movementos e as persoas que nos preocupamos e que traballamos a favor do galego transmitimos unha certa –e ás veces case inevitábel– actitude negativa, pesimista ou demasiado polemicista. E, claro, na práctica iso non ten un gran poder de atracción nin convicción...


...para conseguirmos sumar, gustar, achegar, ter máis xente a favor, conseguirmos mellores actitudes, que rotulen en galego a furgoneta da panadaría, que Suso lle fale galego á súa filla, que a profe de mates explique na nosa lingua ou que no cine poñan pelis en galego, que no fondo é o que procuramos, non? Máis ben, pola contra, dirixirmos á cidadanía demasiadas mensaxes negativas ou polemicistas pode ser un factor disuasivo. Vaia, que se cadra estamos a emporcar a fonte en que queremos beber.

Si, claro, temos que ser conscientes da realidade e a situación lingüística non é precisamente para botar foguetes, mais xusto por iso queremos mudala, polo que temos que valorar que táctica é máis eficiente na procura desa mudanza, se a de centrármonos nos problemas ou a de centrármonos nas solucións e na persuasión da maioría social, para así procurar que mudar esa realidade poida ser un chisquiño máis doado.

Convencer
E se queremos convencer alguén, temos tamén que coñecer e comprender os seus puntos de vista, as súas emocións, os seus valores, o que lle gusta. Non quere isto dicir que teñamos que estar de acordo cos seus marcos nin moito menos que teñamos que abandonar os nosos, mais entender as súas visións é fundamental para transmitir mellor os valores e adaptar a linguaxe e acción a eses marcos de comprensión, na procura de que se entenda ben o que queremos transmitir, e así poidamos convencer. Vaia, o que vén sendo a empatía, fundamental se queremos persuadir e que a maioría apoie a normalización da lingua galega.

Parafraseando a Albert Pla, estamos un pouco cansos de estar en contra, de ir ver pelis en contra, de ir a manis en contra, de ir a concertos en contra... A partir de agora estaremos a favor, a favor até de estar en contra.

Deste xeito, creo que desde o ámbito favorábel ao galego cómpre estarmos un pouco máis a favor, levar a iniciativa deseñando tácticas e discursos cunha mensaxe en positivo, que poida ilusionar e convencer e cunha linguaxe e acción adaptada aos valores e marcos de a quen nos diriximos.

Conseguirmos que a maioría da cidadanía apoie o galego é a única maneira de asegurarmos o seu futuro.

---
Nel Vidal Barral é presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) [+info]

[Este artigo foi publicado orixinalmente no especial A Patria é lingua da edición en papel de Sermos Galiza número 32]

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego