CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


10407 votos
Xa votaches!


24-09-2012

Xornadas sobre lingua e plurilingüismo na educación. 19 e 20 de outubro en Compostela

Xornadas sobre educación e linguas en Galicia. 19 e 20 de outubro en Compostela
A Facultade de Educación e o SNL da USC organizan as IV Xornadas "Educación e Linguas en Galicia. A lingua galega e o plurilingüismo". Desenvolveranse os días 19 e 20 de outubro de 2012 na Facultade de CC. da Educación, co obxectivo principal de analizar a implantación do decreto de plurilingüismo


A matrícula é de balde e está aberto o prazo ata o 16 de outubro.

Máis información aquí >

PROGRAMA

Venres 19 de outubro

9:00 – 9:30 Recepción e recollida de documentación

9:30 – 9:45 Inauguración

9:45 – 11:15 Mariló Candedo Gunturiz (Facultade de Ciencias da Educación da UDC e presidenta de Nova Escola Galega): O plurilingüismo e o Decreto do plurilingüismo (conferencia)

11:45 – 14:00 O Decreto do plurilingüismo e a súa aplicación en centros de ensino non plurilingües (táboa redonda)
• Begoña Villaverde, nai, CEIP Pío XII (Compostela)
• Ánxela Trillo Díaz, profesora, Compañía de María (Compostela)
• Amelia Varela Villamor, Mª Dolores Oubiña Millán, profesoras, EEI A Pastora (Cambados)
• Antón Amil, profesor, IES Otero Pedrayo (A Coruña)
• Helena Gómez Vecino, presidenta da federación provincial de ANPAS

16:00 – 18:00 O Decreto do plurilingüismo e a súa aplicación en centros de ensino plurilingües (táboa redonda)
• Lois Trigo, director, CEIP López Ferreiro (Compostela)
• Xabier Castro, director, IES Virxe do Mar (Noia)
• Francisco Díaz, profesor, asesor do CFR de Pontevedra
• Ana Castro Pardo, nai, CEIP Quiroga Palacios (Compostela)
• Alumna, IES de Ames

18:00 – 21:00 Cinefórum: Crebinsky (Logo da proxección do filme haberá un coloquio con membros do equipo)

Sábado 20 de outubro

09:30 – 11:00 Ensino plurilingüe: quo vadis?
• Bieito Silva (Facultade de Ciencias da Educación da USC)
• José Manuel Vez Jeremías (Facultade de Ciencias da Educación da USC e director do Observatorio Atrium linguarum)

11:30 – 13:30 Grupos de traballo en paralelo (máximo de 25 participantes por grupo)

13:30 – 14:00 Conclusións

14:00 – 14:30 Clausura e recollida de diplomas

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego