..:: Novas da CTNL (Formación) ::.. http://www.ctnl.org/ Formación http://blogs.law.harvard.edu/tech/rss Os SNL como centros xestores de recursos públicos, novo curso da CTNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1546 A CTNL organiza o curso Os SNL como centros xestores de recursos públicos. Impartirao Mónica Legaspi, licenciada en Ciencias Económicas e Dereito e interventora da Deputación de Ourense. O curso terá lugar en Compostela os días 6, 9 e 14 de novembro.]]> Chegan os XXV Encontros para a Normalización Lingüística co foco no ámbito socioeconómico http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1545 Economía, lingua e sustentabilidade, tres conceptos que servirán de fío condutor das análises e reflexións dos XXV Encontros para a Normalización Lingüística, que se centrarán no ámbito socioeconómico, un dos motores da normalización da nosa lingua. A sesión presencial desta edición terá lugar en Compostela o 17 de outubro e con anterioridade difundiranse pezas audiovisuais para adiantar contidos. A inscrición nesta xornada presencial está aberta.]]> Curso de verán de dinamización lingüística: Traballando en lingua no lecer http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1540 A Universidade da Coruña, en colaboración co Concello de Carballo e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca para o 12 e 13 de xullo unha nova edición do seu curso de verán sobre dinamización lingüística, dedicado ao lecer .]]> Xornada O galego ante o desafío das sociedades multilingües http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1539 Dentro do foro Pensar o mundo desde Galicia, o Consello da Cultura Galega organiza a xornada O galego ante o desafío das sociedades multilingües, que terá lugar o 8 de xuño de 2023. A inscrición nesta actividade está aberta e é gratuíta.]]> III Xornadas de Normalización Lingüística da CIG-Ensino e a AS-PG http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1500 A CIG-Ensino e a AS-PG organizan a terceira edición das súas Xornadas de Normalización Lingüística, nesta ocasión co subtítulo O audiovisual en Galiza como medio normalizador no ensino. A xornada terá lugar o sábado 21 de xaneiro no IES As Fontiñas de Compostela e a inscrición é gratuíta.]]> O Simposio ILG 2022 aborda a edición dixital de textos antigos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1498 O Instituto da Lingua Galega da USC, en colaboración co Consello da Cultura Galega, a Universidade de Alcalá e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, organiza o Simposio ILG 2022, que analizará “A edición dixital de textos antigos: modelos, proxectos e ferramentas”. O simposio terá lugar entre os días 28 de novembro e 2 de decembro. O prazo de inscrición remata o 28 de novembro de 2022.]]> V Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no Ensino. Traballando a competencia discursiva na aula. Novos marcos, ferramentas e estratexias http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1497 O Instituto da Lingua Galega e os departamentos de Didácticas Aplicadas e de Filoloxía Galega da USC organizan as V Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no Ensino, co título Traballando a competencia discursiva na aula. Novos marcos, ferramentas e estratexias, os días 18 e 19 de novembro.]]> I Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1495 O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro organizan, o 14 de novembro de 2022, a I Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico. A inscrición é gratuíta e está aberta até o 10 de novembro.]]> As artes como colaboradoras necesarias na normalización lingüística, a debate nos XXIV Encontros para a Normalización Lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1493 Arte e lingua como ferramentas de construción masiva é o subtítulo dos XXIV Encontros para a Normalización Lingüística, que ten como fin analizar o papel das artes no proceso de normalización da nosa lingua. Nos primeiros días de outubro estarán dispoñibles catro vídeos de avance dos contidos que se abordarán na sesión presencial do o 20 de outubro. A incrición nesta xornada presencial está aberta.]]> Novo curso da CTNL: Fundamentos de márketing e comunicación. O idioma como elemento diferenciador http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1492 A CTNL organiza o curso Fundamentos de márketing e comunicación. O idioma como elemento diferenciador. Impartirao Xosé Luís Reza, licenciado en Administración e Dirección de Empresas e especialista en márketing e comunicación. O curso terá lugar en Compostela os días 29 de setembro e 6 de outubro.]]> A VII Xornada de Onomástica Galega abordará os nomes na literatura http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1489 A Real Academia Galega, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, organiza o 15 de outubro a VII Xornada de Onomástica Galega, nesta edición dedicada á onomástica literaria. A inscrición debe facerse antes do 12 de outubro.]]> Congreso Internacional de Toponimia no Camiño de Santiago http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1488 A Real Academia Galega, coa colaboración do Instituto da Lingua Galega e da Asociación Galega de Onomástica, organiza o Congreso Internacional de Toponimia no Camiño de Santiago, que terá lugar en Compostela os días 21, 22 e 23 de setembro de 2022. A matrícula é gratuíta.]]> Tecnoloxías da linguaxe: as linguas na sociedade e na economía dixitais, curso de verán da USC http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1484 No marco das actividades de formación e diseminación do Proxecto Nós, e co obxectivo de divulgar as múltiples oportunidades que ofrecen as tecnoloxías da linguaxe, o ILG e o CiTIUS organizan o curso de verán titulado Tecnoloxías da Linguaxe: as linguas na sociedade e economía dixitais, que terá lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela entre o 12 e o 15 de xullo. ]]> Xornada Aquí medra a lingua. Experiencias de dinamización do galego no ensino http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1481 O Consello da Cultura Galega organiza na tarde do 13 de xuño, a xornada "Aquí medra a lingua. Experiencias de dinamización do galego no ensino", para presentar un documental sobre proxectos de dinamización lingüística de centros escolares de Galicia e reflexionar sobre prácticas, metodoloxías e formas de avanzar na normalización lingüística desde o ensino.]]> Xornadas en Vigo sobre recursos educativos para traballarmos en galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1467 O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza as II Xornadas sobre recursos educativos para traballarmos en galego, dirixidas a profesorado de todas as etapas educativas e a membros dos equipos de dinamización da lingua galega. A inscrición é gratuíta e está aberta até o 8 de febreiro.]]> Curso de Deseño e desenvolvemento de proxectos de normalización lingüística no ensino http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1466 A CIG-Ensino e a AS-PG organizan un curso sobre Deseño e desenvolvemento de proxectos de normalización lingüística no ensino. Será impartido por Nel Vidal e desenvolverase en liña entre o 4 e o 25 de febreiro. A inscrición está aberta.]]> Os XXIII Encontros para a Normalización Lingüística analizan a transmisión interxeracional da lingua galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1459 Desde o berce: a transmisión interxeracional da lingua galega é o subtítulo dos XXIII Encontros para a Normalización Lingüística, que nesta edición terán un formato mixto. O 25 e o 26 de outubro estarán dispoñibles os vídeos cos contidos expositivos e o 4 de novembro terá lugar unha xornada con catro coloquios, que se poderá seguir de forma presencial ou en liña.]]> Ferramentas da educación social ao servizo da normalización lingüística, novo curso da CTNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1454 A CTNL organiza un curso titulado Ferramentas da educación social ao servizo da normalización lingüística. Impartirao Ana González Quinteiro, educadora social no Concello de Pontevedra con ampla experiencia en actividades docentes deste tipo. O curso será presencial en Santiago de Compostela os días 27 de setembro e 4 de outubro.]]> O Camiño de Santiago será o eixo temático da VI Xornada de Onomástica Galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1452 A Real Academia Galega, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, organiza o 16 de outubro a VI Xornada de Onomástica Galega. Neste ano xacobeo estará dedicada á onomástica do Camiño de Santiago. A inscrición está aberta até o 14 de outubro.]]> Simposio ILG 2020. Estándar, norma e variación: procesos, problemas e perspectivas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1431 O Instituto da Lingua Galega da USC, en colaboración co Consello da Cultura Galega, organiza o Simposio ILG 2020, que estará dedicado a “Estándar, norma e variación: procesos, problemas e perspectivas”. O simposio terá lugar entre os días 8 e 25 de febreiro. O prazo de inscrición remata o 4 de febreiro de 2021.]]> II Xornadas de Normalización Lingüística no ensino http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1427 A CIG-Ensino, a AS-PG e A Mesa pola Normalización Lingüística organizan o vindeiro 23 de xaneiro, por videconferencia, as II Xornadas de Normalización Lingüística. Debate e reflexión sobre a lingua no ensino.]]> A educación plurilingüe a debate no Consello da Cultura Galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1422 O Consello da Cultura Galega organiza as xornadas Educación plurilingüe: achegas para o debate, que terán lugar en liña os días 3 e 10 de decembro. Non é necesaria inscrición e pódese participar enviando preguntas a participa@consellodacultura.gal.]]> Os XXII Encontros para a normalización lingüística serán en liña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1421 A vixésimo segunda edición dos Encontros para a Normalización Lingüística terá lugar en liña do 13 ao 19 de novembro e manterá o programa inicial da convocatoria do pasado mes de abril, adiada pola situación sanitaria. No novo formato non é necesaria inscrición.]]> Nova edición das Xornadas Malas Linguas da Deputación da Coruña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1416 A Deputación Provincial da Coruña organiza unha nova edición das xornadas Malas Linguas: activando falantes do século XXI, que terán lugar en liña o 10 e o 12 de novembro. A inscrición é gratuíta e está aberta aquí.]]> XIII Xornada “Os recursos educativos en galego”: igualdade e xénero http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1417 A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da USC organiza a XIII Xornada “Os recursos educativos en galego”, que estará dedicada á igualdade e ao xénero. As sesións terán lugar o 25 de novembro de 2020, en horario de 16:00 a 19:30 horas, mediante videoconferencia a través de Lifesize. Inscricións: até o 19 de novembro.]]> Curso sobre estratexias de comunicación para servizos de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1415 A CTNL organiza un curso sobre estratexias de comunicación para servizos de normalización lingüística, que se desenvolverá en liña a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Impartirao Emma Torres Romay, profesora titular de Estratexia Publicitaria da UVigo, e terá lugar os días 22, 23, 29 e 30 de outubro e 5 e 6 de novembro de 9.00 a 11.00 h.]]> A V Xornada de Onomástica Galega abordará os nomes comerciais http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1409 A Real Academia Galega, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, organiza o vindeiro 7 de novembro a V Xornada de Onomástica Galega, que estará dedicada aos nomes comerciais. Terá lugar en sesións de mañá e tarde no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, e os relatorios tamén serán emitidos en directo na canle de Youtube da RAG e será posible a inscrición para participar de maneira telemática a través de Zoom.]]> A integración lingüística como ferramenta de cohesión social, a análise nos XXII Encontros para a normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1404 A vixésimo segunda edición dos Encontros para a Normalización Lingüística estudará a integración lingüística como ferramenta de cohesión social. As datas iniciais desta convocatoria eran o 16 e o 17 de abril, mais quedan adiados para o 1 e 2 de outubro.]]> O galego no ensino. O ensino en galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1394 A CIG-Ensino e a AS-PG organizan o vindeiro 25 de xaneiro en Compostela a xornada de debate e reflexión O galego no ensino. O ensino en galego. A matrícula é gratuíta e está aberta até o 24 de xaneiro.]]> Simposio ILG 2019. Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1391 Os días 5, 6 e 7 de novembro, en horario de tarde, terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da USC o Simposio ILG 2019, que nesta edición abordará a relación entre a lingua, o patrimonio e o coñecemento tradicional. A inscrición está aberta ata o 21 de outubro para o profesorado e ata o 27 de outubro para o resto de asistentes. ]]> O SNL de Ames organiza unhas Xornadas de Toponimia no Ensino http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1390 O SNL do Concello de Ames e a Secretaría Xeral de Política Lingüística organizan unhas xornadas de toponimia dirixidas ao profesorado. Terán lugar os días 18, 19 e 30 de setembro, en horario de tarde. Con elas búscase o achegamento, a posta en valor e o aproveitamento dos nomes de lugar como recurso educativo e ferramenta de dinamización lingüística. Matrícula aberta até o 11 de setembro.]]> A IV Xornada de Onomástica Galega estará dedicada aos nomes das rúas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1389 A Real Academia Galega, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, organiza o vindeiro 19 de outubro a IV Xornada de Onomástica Galega, que estará dedicada aos nomes das rúas. Terá lugar en sesións de mañá e tarde no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. A entrada é libre mais tamén é posible inscribirse para obter diploma de asistencia.]]> O turismo centrará o curso de verán sobre dinamización lingüística da UDC http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1385 O Curso de verán sobre dinamización lingüística da Universidade da Coruña centrará este ano o seu programa no sector do turismo. Terá lugar os días 17 e 18 de xullo no Fórum Carballo. O prazo de inscrición está aberto até o 10 de xullo (ampliado posteriormente até o 16 de xullo).]]> Cuarta xornada Malas Linguas: lingua e xéneros http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1377 O 12 de abril terá lugar na Coruña a cuarta xornada do ciclo Malas Linguas: activando falantes do século XXI, co título Lingua e xéneros. A inscrición está aberta e é gratuíta.]]> Os XXI Encontros para a Normalización Lingüística estarán dedicados á divulgación científica http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1375 Divulgación científica en Galicia. Cal é o peso (atómico) do galego? é o suxestivo título para a vixésimo primeira edición dos Encontros para a Normalización Lingüística, que terán lugar na Cidade da Cultura de Galicia (Auditorio Xosé Neira Vilas) o 4 e o 5 de abril. A inscrición, gratuíta, está aberta.]]> A terceira xornada Malas Linguas abordará a transmisión non familiar da lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1356 O 1 de marzo terá lugar en Santiago de Compostela a terceira xornada do ciclo Malas Linguas: activando falantes do século XXI. Esta terceira cita titúlase Lingua, infancia e mocidade. Transmisión non familiar da lingua. A inscrición está aberta e é gratuíta.]]> Curso sobre avaliación de competencias lingüísticas para técnicos/as de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1353 A CTNL organiza un Curso sobre avaliación de competencias lingüísticas para técnicos/as de normalización lingüística. Impartirao Manuel Núñez Singala, director do SNL da USC. O curso combinará sesións presenciais en Santiago de Compostela os días 22 de febreiro e 7 de marzo con traballo a distancia.]]> Segunda xornada Malas Linguas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1345 O próximo 29 de novembro terá lugar na Coruña a segunda xornada do ciclo "Malas Linguas: activando falantes do século XXI". Esta segunda cita titúlase Lingua e memoria. Transmisión familiar da lingua, e abordará análises e propostas de intevención. A inscrición é gratuíta.]]> A Deputación Provincial da Coruña organiza as xornadas Malas Linguas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1339 "O galego precisa redefinir a súa folla de ruta para activar falantes no século XXI". Para contribuír a ela, a Deputación da Coruña organiza as xornadas "Malas Linguas: activando falantes no século XXI", unha oportunidade para facer diagnose, analizar a situación actual e, desde aí, trazar, imaxinar e coller folgos para continuar o camiño da normalización lingüística do galego.]]> Este verán... en Carballo estaremos traballando na calidade da lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1328 Chega un novo curso de verán organizado pola Universidade da Coruña coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, do Concello de Carballo e da CTNL. Este ano non tratará sobre dinamización lingüística, senón que se dedicará á análise da calidade da lingua e a facer propostas e divulgar ferramentas de mellora. Será no Fórum Carballo o 18 e o 19 de xullo. A matrícula está aberta até o 15 de xullo.]]> XX Encontros para a Normalización Lingüística. Paso a paso, man con man. Deporte e lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1319 Os Encontros para a Normalización Lingüística chegan á súa vixésima edición. É unha efeméride para festexar, mais tamén para abordar a relación da nosa lingua co deporte. Será o 12 e o 13 de abril na sede do Consello da Cultura Galega no Pazo de Raxoi.]]> III Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no ensino http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1307 Os departamentos de Filoloxía Galega e de Didácticas Aplicadas da USC organizan as III Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no ensino, que este ano levan por título Ensinar galego desde o multilingüismo e a variedade. Enfoques e experiencias. Serán os días 17 e 18 de novembro. A inscrición é gratuíta e está aberta até o 8 de novembro.]]> Simposio ILG 2017, sobre a escrita en galego na Idade Moderna http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1306 Do 20 ao 22 de novembro terá lugar en Santiago de Compostela o Simposio ILG 2017, co título Calen barbas, falen cartas. A escrita en galego na Idade Moderna. Está organizado polo Instituto da Lingua Galega en colaboración co Consello da Cultura Galega. Inscrición até o 20 de novembro ás 12.00 h.]]> Convocamos un obradoiro de deseño e maquetación de materiais básicos para a normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1302 A CTNL organiza un Obradoiro de deseño e maquetación de materiais básicos para a normalización lingüística. Impartirao Ruth Caramés Blanco (Fabaloba, S. Coop. Galega) e combinará sesións presenciais en Santiago de Compostela os días 26 e 27 de outubro con traballo a distancia.]]> II Xornada de Onomástica Galega no Museo de Pontevedra http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1303 A Real Academia Galega, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, organiza o vindeiro 30 de setembro a II Xornada de Onomástica Galega, que abordará os aspectos legais, sociais e lingüísticos dos nomes e dos apelidos. Terá lugar en sesións de mañá e tarde no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e non é necesaria inscrición.]]> Foro de debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1292 O Consello da Cultura Galega organiza un foro de debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias con motivo dos 25 anos da súa aprobación. Desenvolverase os días 29 e 30 de xuño na sede do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar, praza do Obradoiro). ]]> XIII Curso de verán de dinamización lingüística: traballando en lingua na música http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1286 O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua da UdC centrará este ano o seu programa na música. Terá lugar os días 19 e 20 de xullo no Fórum Carballo. Prazo de inscrición ampliado até o 16 de xullo.]]> XIX Encontros para a Normalización Lingüística. Dereitos lingüísticos, unha garantía pendente? http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1279 En menos dun mes, á volta da Semana Santa, chega a nosa cita anual cos Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) coa colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL). Serán en Santiago de Compostela, no Pazo de Raxoi, o xoves 20 e o venres 21 de abril.]]> Simposio ILG 2016: Antroponimia e lexicografía http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1265 Do 24 ao 26 de outubro terá lugar en Santiago de Compostela o Simposio ILG 2016: Antroponimia e lexicografía. Está organizado polo Instituto da Lingua Galega en colaboración co Consello da Cultura Galega.]]> Nova edición do Obradoiro de pensamento creativo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1264 A CTNL organiza unha nova edición do Obradoiro de pensamento creativo baseado no método CPS (Creative Problem Solving). Impartirao Natalia Nogueira en Santiago de Compostela o 9 e o 10 de novembro de 2016.]]> Xornada sobre responsabilidade social corporativa en galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1263 O Consello da Cultura Galega organiza a xornada “Responsabilidade social corporativa en galego” o 18 de outubro de 2016 en Santiago de Compostela, co fin de analizar a responsabilidade social corporativa como instrumento para incorporar valores culturais e lingüísticos á xestión empresarial.]]> Xornada de Onomástica Galega no Museo de Pontevedra http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1260 A Real Academia Galega e a Deputación de Pontevedra organizan o vindeiro 17 de setembro unha xornada para promover a recollida de microtoponimia. Terá lugar en sesións de mañá e tarde no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e non é necesaria inscrición.]]> Traballando en lingua no ámbito socioeconómico http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1249 O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua da UdC centrará este ano o seu programa na situación da lingua no ámbito socioeconómico. Terá lugar os días 6 e 7 de xullo no Fórum Carballo. Prazo de inscrición aberto até o 30 de xuño.]]> Convocamos un obradoiro de pensamento creativo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1247 A CTNL organiza un Obradoiro de pensamento creativo baseado no método CPS (Creative Problem Solving). Impartirao Natalia Nogueira e será en Santiago de Compostela os días 30 de xuño e 1 de xullo de 2016.]]> XVIII Encontros para a Normalización Lingüística. Nas bocas do futuro: mocidade e lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1236 Chega unha nova edición dos Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG). Serán os vindeiros 14 e 15 de abril en Santiago de Compostela.]]> Obradoiro de aproveitamento das redes sociais para a normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1221 Desde a CTNL convocamos dúas edicións dun obradoiro para aproveitarmos máis e mellor as redes sociais para a normalización lingüística. Terán lugar en Pontevedra (o martes 20 de outubro) e en Santiago de Compostela (o xoves 22 de outubro), e o prazo de inscrición está aberto até o día 8 deste mes]]> XVII Encontros para a normalización lingüística. 15 e 16 de outubro en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1220 Un ano máis, o Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega organiza os Encontros para a normalización lingüística, que chegan á súa XVII edición e que terán lugar os días 15 e 16 de outubro en Santiago de Compostela]]> Mocidade e lingua... Non todo é fume! Curso de verán de dinamización lingüística #traballandoenlingua 2015 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1213 O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua centrará neste 2015 o seu programa nas mudanzas e afianzamentos lingüísticos na mocidade. Ten lugar os días 8, 9 e 10 de xullo no Fórum Carballo e o prazo de inscrición, con prazas limitadas, xa está aberto]]> A terminoloxía, unha necesidade da sociedade actual. Congreso internacional de terminoloxía en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1212 O II Congreso Internacional da Rede de Lexicografía (RELEX) terá lugar os vindeiros 5, 6 e 7 de outubro de 2015 en Santiago de Compostela, e está dedicado este ano á terminoloxía, campo de estudo fundamental para todas as linguas que queiran responder desde a súa identidade ás necesidades denominativas especializadas da sociedade actual]]> III Congresso Internacional de Lingüística Histórica, en xullo en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1210 O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Universidade Federal da Bahia e a Universidade de São Paulo, organiza o III Congresso Internacional de Lingüística Histórica que ten lugar do 27 ao 30 de xullo en Santiago de Compostela]]> Xornadas de Lingua e Literatura. 18 de abril en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1202 A CIG-Ensino e a AS-PG organizan en Santiago de Compostela as XXIV Xornadas de Lingua e Literatura, que teñen lugar o sábado 18 de abril no IES As Fontiñas]]> Linguas do estado alén do estado... Xornada de ensino popular en Santiago o 24 e 25 de abril http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1201 Para analizar o ensino popular en relación coa lingua, a Gentalha do Pichel organiza unhas xornadas que terán lugar en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de abril]]> Convocamos un novo obradoiro de vídeos para a lingua! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1187 Cres que unha imaxe vale máis ca mil palabras? Pois nós non!, mais cremos que a imaxe tamén é moi importante, e a comunicación audiovisual, para a normalización lingüística, fundamental. Por iso, convocamos unha nova edición do obradoiro de creación de vídeos básicos, que terá lugar en novembro combinando sesión presenciais e sesións en liña]]> Simposio ILG 2014: A lingua galega no solpor da Idade Media http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1186 O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela organiza unha nova edición do seu simposio anual, que terá lugar entre o 13 e o 22 de novembro en Santiago. O prazo de inscrición está aberto até o 12 de novembro]]> As XI Xornadas Lingua e Usos analizan o papel da universidade na normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1185 A undécima edición das Xornadas de Lingua e Usos teñen lugar na Coruña do 26 ao 28 de novembro de 2014 e centran o seu programa en analizar a política lingüística da Universidade da Coruña e o papel das universidades no proceso de normalización da lingua galega]]> Xornada sobre a publicidade en galego. O 23 de outubro en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1183 O Consello da Cultura Galega e a Fundación Galicia Empresa organizan unha xornada para analizar o estado de "A publicidade en galego". Terá lugar en Santiago de Compostela o xoves 23 de outubro]]> Xornada sobre experiencias e recursos para a normalización lingüística no ensino. 24 e 25 de outubro en Santiago http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1181 Nova Escola Galega (NEG) e a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) organizan as VII Xornadas de materiais e recursos educativos, que se centran este ano nas experiencias e recursos para a normalización lingüística. Teñen lugar en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de outubro]]> Convocada unha nova edición do Curso de deseño e implementación de plans e accións de dinamización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1179 Convocamos a 2.ª edición deste curso de deseño e implementación de plans e accións de dinamización lingüística, que terá lugar todos os venres de outubro en Santiago de Compostela. O prazo de inscrición está aberto do 11 ao 22 de setembro]]> XVI Encontros para a normalización lingüística. 24 e 25 de setembro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1175 O 24 e 25 de setembro de 2014 o Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, acolle unha nova edición, a XVI, dos Encontros para a normalización lingüistica. O prazo de inscrición está aberto até o 14 de setembro]]> Para a transmisión interxeracional do galego: X Curso de verán de dinamización lingüística #traballandoenlingua. Carballo, 9-11 de xullo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1166 Cos obxectivos principais de coñecer e analizar condicionantes que rompen ou dificultan a transmisión interxeracional da lingua, de avaliar experiencias e de propor medidas de intervención que melloren a transmisión do galego, Carballo acolle un ano máis o Curso de verán de dinamización lingüística organizado pola UdC en colaboración coa CTNL. Ten lugar do 9 ao 11 de xullo e o prazo de matrícula xa está aberto]]> Información sobre os cursos Celga en 2014 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1146 A Xunta de Galicia enviou nos últimos días unha comunicación informal aos concellos, a cal tamén foi publicada no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en relación aos cursos preparatorios para as probas Celga en 2014. Damos aquí algunha información sobre esa comunicación]]> Xornadas para repensar o currículo educativo de lingua e literatura galegas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1145 A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acolle as xornadas Repensando o curriculo educativo en Lingua e Literatura Galegas nun contexto social en mudanza, que terán lugar os días 21 e 22 de febreiro]]> Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización. O 28 de novembro en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1134 O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago, en colaboración coa SXPL, organiza a sétima edición da xornada Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización, que ten lugar o 28 de novembro]]> Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa. Simposio e xornadas do ILG http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1133 Do 28 de novembro ao 3 de decembro o Instituto da Lingua Galega, en colaboración co Consello da Cultura Galega, organizan en Compostela o Simposio Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa, que inclúe unhas xornadas para o profesorado]]> Organizamos un Obradoiro de creación de vídeos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1129 Desde a CTNL convocamos un Obradoiro de creación de vídeos básicos para a normalización lingüística. Terá lugar durante o mes de novembro, con dúas sesións presenciais (12 e 21 de novembro, en Santiago de Compostela) e varias en liña. O prazo de inscrición vai do 23 ao 29 de outubro]]> XIV Xornadas de expresión oral Tíralle da lingua. O sábado 16 de novembro en Santiago http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1127 O 16 de novembro o IES As Fontiñas de Santiago acolle as XIV Xornadas de expresión oral Tíralle da lingua, da AS-PG, e nas que interveñen Francisco Castro, Quico Cadaval, Pilar Ponte, Fran Godón e Pablo Carracedo]]> X Xornadas de lingua e usos da UdC: Lingua e teatro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1126 O SNL da UdC organiza as X Xornadas de lingua e usos, que este ano centran o seu programa na lingua e o teatro. Terán lugar na Facultade de Filoloxía da Coruña do 27 ao 29 de novembro]]> VI Xornadas de recursos educativos en galego: A educación social http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1125 A Facultade de Ciencias da Educación da USC acolle os días 8 e 9 de novembro as VI Xornadas de recursos educativos en galego, centradas este ano na educación social]]> Xornadas Educación e Linguas: 30 anos da Lei de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1121 A Universidade de Santiago de Compostela organiza as V Xornadas Educación e Linguas. 30 anos da Lei de normalización lingüística de Galicia. Desenvolveranse os días 25 e 26 de outubro de 2013 na Facultade de CC. da Educación, co obxectivo principal de analizar a implementación da Lei de normalización lingüistica]]> Na procura de maior participación e implicación no proceso social de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1115 Como acadar a implicación cidadá en procesos sociais como o de normalización lingüística? Para iso está este Curso de verán sobre participación, implicación e traballo colaborativo que ten lugar en Carballo do mércores 17 ao venres 19 de xullo, e do que se fai seguimento nas redes sociais a través do hashtag #traballandoenlingua.]]> Curso de verán sobre toponimia: interpretación e actuación http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1104 O Instituto da Lingua Galega (ILG) organiza o Curso de verán Toponimia: interpretación e actuación, que terá lugar do 16 ao 19 de xullo en Santiago de Compostela]]> Curso de verán de dinamización lingüística: participación, implicación e traballo colaborativo. Carballo, 17-19 de xullo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1103 Co obxectivo xeral de coñecermos e procurarmos formas de participación, implicación e traballo colaborativo para a dinamización lingüística, Carballo acolle un ano máis o Curso de verán de dinamización lingüística organizado pola UdC en colaboración coa CTNL. Ten lugar do 17 ao 19 de xullo e o prazo de matrícula xa está aberto]]> XXIII Xornadas de lingua e literatura. 27 de abril en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1092 CIG-Ensino e AS-PG organizan un ano máis as Xornadas e lingua e literatura, que terán lugar o sábado 27 de abril no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela]]> Cursos de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras nas universidades galegas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1089 As universidades de Santiago de Compostela e da Coruña convocan, un ano máis, cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras. Nas dúas universidades os cursos terán lugar durante o mes de xullo e o prazo de inscrición remata a comezos de maio]]> XV Encontros para a normalización lingüística. 18 e 19 de abril en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1088 Os XV Encontros para a normalización lingüística terán lugar os días 18 e 19 de abril de 2013 no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. O prazo de inscrición está aberto ata o 14 de abril]]>