..:: Novas da CTNL (Portada) ::.. http://www.ctnl.org/ Portada http://blogs.law.harvard.edu/tech/rss A Deputación de Pontevedra convoca as axudas anuais para creación, mantemento e reforzo de SNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1554 O BOP de Pontevedra do 5 de abril publicou as Bases de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia de Pontevedra para o ano 2024. No mesmo BOP publícase o extracto desta convocatoria, que sinala o prazo para presentar as solicitudes: até o 6 de maio.]]> A Xunta de Galicia convoca subvencións para que as entidades locais promovan a lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1553 A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convocou as subvencións anuais para a promoción do uso da lingua galega dirixidas ás entidades locais (agás as deputacións). Prazo: até o 26 de abril.]]> Nova directiva da CTNL presidida por Mónica Fernández Valencia http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1552 Na Asemblea Xeral que tivo lugar o sábado 9 de marzo foi elixida, por unanimidade, a nova directiva da CTNL, que encabeza Mónica Fernández Valencia, con Paula Soto como secretaria e Xesús Mosquera como tesoureiro. Na asemblea tamén se deu conta do traballo do último ano e debatéronse as liñas de acción para 2024.]]> Asemblea Xeral da CTNL: 9 de marzo en Compostela (asemblea, xantar e roteiro por Compostela) http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1551 A CTNL convoca as súas socias e socios á Asemblea Xeral ordinaria de 2024, que terá lugar o sábado 9 de marzo, a partir das 10:00 da mañá na Sala Circular do Auditorio de Galicia. Alén de programarmos o novo ano, nesta Asemblea escollerase unha nova Xunta Directiva. Posteriormente celebrarase un xantar na cafetería do propio auditorio e un roteiro por Compostela, aos cales poden acudir socios/as e non socios/as.]]> Consulta ás socias e socios da CTNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1550 Para coñecermos a vosa opinión sobre aspectos de funcionamento e comunicación da nosa asociación, na última asemblea xeral da CTNL aprobamos realizar unha consulta ás persoas asociadas. Podes cubrila aquí até o 23 de decembro.]]> A CTNL lamenta a supresión do SNL da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1549 A Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua fai público un comunicado para expresar o malestar pola supresión inesperada do SNL da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e solicita a recuperación do servizo o antes posible.]]> Bases da convocatoria de axudas da Deputación da Coruña para os SNL en 2024 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1548 A Deputación Provincial da Coruña anunciou no BOP do 11 de outubro de 2023 as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL durante o ano 2024. O prazo de presentación de solicitudes é do 20/10/2023 ás 08:00 h ao 21/11/2023 ás 14:00 h.]]> O LGx15 de 2023 será no Teatro Principal de Pontevedra o 28 de outubro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1547 Anunciamos a novena edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua, a iniciativa da CTNL para compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro da lingua. Terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra o 28 de outubro ás 19.00 h, coa colaboración da SXPL, do Concello de Pontevedra, de Deleite e da Fundación Galicia Sustentable.]]> Os SNL como centros xestores de recursos públicos, novo curso da CTNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1546 A CTNL organiza o curso Os SNL como centros xestores de recursos públicos. Impartirao Mónica Legaspi, licenciada en Ciencias Económicas e Dereito e interventora da Deputación de Ourense. O curso terá lugar en Compostela os días 6, 9 e 14 de novembro.]]> Chegan os XXV Encontros para a Normalización Lingüística co foco no ámbito socioeconómico http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1545 Economía, lingua e sustentabilidade, tres conceptos que servirán de fío condutor das análises e reflexións dos XXV Encontros para a Normalización Lingüística, que se centrarán no ámbito socioeconómico, un dos motores da normalización da nosa lingua. A sesión presencial desta edición terá lugar en Compostela o 17 de outubro e con anterioridade difundiranse pezas audiovisuais para adiantar contidos. A inscrición nesta xornada presencial está aberta.]]> En agosto volve #veránlingua, o cancelo estival para revisarmos recursos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1544 Por segundo ano consecutivo, desde a CTNL durante este mes de agosto, ademais das novas de interese para o colectivo que se produciren, compilaremos día a día na nosa conta de Twitter, recomendacións de lecturas, audiovisuais, webs de proxectos… Porque entendemos que o verán é tempo de facer as cousas con máis vagar e temos a oportunidade de deternos nalgúns recursos que talvez xa anunciamos durante o ano, pero agora podemos revisar cando os días son máis longos e solleiros. Tamén poder dirixir a ollada cara a outros dominios lingüísticos e ver e saber máis sobre o que se está a facer neles.]]> Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Narón http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1543 O Concello de Narón publicou no BOP de hoxe a súa Ordenanza de normalización lingüística. Este texto aprobouse no Pleno da Corporación do pasado 27 de abril.]]> A Deputación de Pontevedra convoca unha praza de tradutor/a de lingua galega como funcionario/a interino/a http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1542 A Deputación de Pontevedra publicou no BOP de Pontevedra do 26 de maio a convocatoria dunha praza de tradutor/a de lingua galega en réxime de interinidade. O prazo para presentar solicitudes finaliza o 5 de xuño.]]> Vilagarcía de Arousa publica as bases para a provisión dunha praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1541 O Concello de Vilagarcía de Arousa publicou na súa sede electrónica as bases para a provisión dunha praza de técnico/a medio de normalización lingüística, incluída na oferta de emprego público para 2022. O prazo de inscrición neste proceso selectivo está aberto do 27 de setembro ao 16 de outubro de 2023.]]> Curso de verán de dinamización lingüística: Traballando en lingua no lecer http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1540 A Universidade da Coruña, en colaboración co Concello de Carballo e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca para o 12 e 13 de xullo unha nova edición do seu curso de verán sobre dinamización lingüística, dedicado ao lecer .]]> Xornada O galego ante o desafío das sociedades multilingües http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1539 Dentro do foro Pensar o mundo desde Galicia, o Consello da Cultura Galega organiza a xornada O galego ante o desafío das sociedades multilingües, que terá lugar o 8 de xuño de 2023. A inscrición nesta actividade está aberta e é gratuíta.]]> O Concello de Vigo convoca a praza de xefe/a de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1538 O Concello de Vigo publicou no BOP do 11 de maio de 2023 a convocatoria, para a cobertura temporal mediante comisión de servizos, da praza de xefe/a de normalización lingüística. A convocatoria está aberta a outras administracións. Prazo para presentar solicitudes: 5 días hábiles.]]> Queremos Galego convoca concentracións o 17 de maio para reivindicar o galego, aquí e agora http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1537 A plataforma Queremos Galego, da cal forma parte a CTNL, convoca para o 17 de maio concentracións nas cidades e nas principais vilas de Galiza. O lema da convocatoria deste ano de eleccións locais é "En galego, aquí e agora". ]]> A CTNL presenta alegacións á modificación da RPT de Culleredo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1536 A CTNL presentou alegacións á aprobación inicial da modificación da relación de postos de traballo do Concello de Culleredo, acordo que converte a praza de técnico/a de normalización lingüística en técnico/a de cultura.]]> PuntoGal e a CTNL colaboran para potenciar a difusión de produtos en galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1534 A asociación PuntoGal e a CTNL acabamos de asinar un convenio de colaboración para traballar conxuntamente na difusión de produtos en galego por medio do proxecto Agasallo.]]> A Xunta de Galicia convoca as subvencións anuais para promoveren a lingua as entidades locais http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1535 A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convocou as subvencións anuais para a promoción do uso da lingua galega dirixidas ás entidades locais (agás as deputacións). Prazo: até o 17 de abril.]]> Aprobamos as liñas de traballo para este 2023 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1533 O sábado pasado, 4 de marzo, tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral ordinaria da CTNL. Nela aprobamos as liñas de acción para seguirmos #traballandoenlingua neste 2023.]]> A Deputación de Lugo convoca un proceso para a contratación temporal de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1532 A Deputación Provincial de Lugo convoca un proceso selectivo para crear unha listaxe de contratación temporal de técnico/a de normalización lingüística. A modalidade de selección é un concurso-oposición e o prazo para presentar solicitudes é de 10 días naturais.]]> A Deputación de Pontevedra convoca axudas para actividades de dinamización da lingua en 2023 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1531 A Deputación Provincial de Pontevedra convoca no BOP do 23 de febreiro axudas para realizar actividades de dinamización da lingua galega durante 2023 dirixidas a entidades sen fins de lucro e concellos de menos de 50.000 habitantes. O prazo para solicitar estas axudas é dun mes desde o día seguinte á publicación.]]> Vémonos o 4 de marzo na Asemblea Xeral da CTNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1530 A CTNL convoca as súas socias e socios á súa Asemblea Xeral anual, que terá lugar o sábado 4 de marzo, a partir das 10:00 da mañá na Sala Circular do Auditorio de Galicia. Posteriormente celebrarase un xantar na cafetería do propio auditorio, ao cal poden acudir socios/as e non socios/as.]]> Bases da convocatoria dunha nova praza de tradutor/a de lingua galega na Deputación de Ourense http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1529 A Deputación Provincial de Ourense publicou no BOP do luns 13 de febreiro de 2023 as bases de varios procesos selectivos, entre eles dunha praza de tradutor/a de lingua galega correspondente a OPE de 2021. O prazo de inscrición é de 20 días naturais logo da publicación do anuncio no BOE (11/03/2023).]]> O Parlamento de Galicia convoca dúas bolsas formativas en publicacións http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1528 O Parlamento de Galicia anuncia a convocatoria para a concesión de bolsas para a formación en prácticas na institución, entre as cales se inclúen dúas en publicacións. O prazo para presentar solicitudes é de 20 días hábiles a partir de hoxe.]]> A Deputación de Pontevedra aumenta as contías das axudas dirixidas aos SNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1527 O BOP de Pontevedra de hoxe, 2 de febreiro, publica as bases das axudas para a creación, mantemento e reforzo de SNL locais. A principal novidade deste ano é o aumento das contías por SNL, tanto para a creación (até 35000 euros) coma para o mantemento ou reforzo (até 25000 euros). O prazo para solicitar as axudas: até o 2 de marzo.]]> Bases da convocatoria de axudas da Deputación da Coruña destinadas aos SNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1526 A Deputación Provincial da Coruña anunciou no BOP do 10 de xaneiro de 2023 as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL durante o ano 2023. O prazo de presentación de solicitudes será do 21 de xaneiro ao 20 de febreiro de 2023.]]> Convocadas 53 prazas de lingua ao abeiro da Lei 20/2021 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1525 Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, 21 entidades locais e a Xunta de Galicia convocaron un total de 53 prazas de lingua de diferentes perfís, principalmente técnicos/as de normalización lingüística e lingüistas.]]> O Concello de Ourense publica as bases para a provisión definitiva da praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1524 O Concello de Ourense publicou no BOP do 31 de decembro as bases que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.]]> O Concello de Pontedeume publica as bases específicas para a provisión definitiva da praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1523 O Concello de Pontedeume publicou no BOP do 30 de decembro as bases específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.]]> O Concello de Santa Comba publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1522 O Concello de Santa Comba publicou no BOP do 30 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de mestre -LFH- (normalizador/a lingüístico/a, impartición ESA).]]> O Concello do Grove publica as bases e a convocatoria para a provisión definitiva da praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1521 O Concello do Grove publicou no BOP do 29 de decembro as bases e a convocatoria, de acordo co proceso de estabilización do emprego temporal na entidade, da praza de técnico/a de normalización lingüística.]]> O Concello de Carral publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1520 O Concello de Carral publicou no BOP do 28 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.]]> A Xunta de Galicia convoca sete prazas de titulado/a superior lingüista por concurso-oposición http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1519 A Xunta de Galicia publicou no DOG do 27 de decembro a convocatoria do proceso de estabilización de varias prazas de emprego temporal mediante concurso-oposición. Entre as prazas convocadas están sete de titulado/a superior lingüista.]]> O Concello de Santiago de Compostela publica as bases específicas para a provisión definitiva dunha praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1518 O Concello de Santiago de Compostela publicou no BOP do 27 de decembro as bases específicas que regulan o proceso de estabilización de varias prazas de emprego temporal mediante concurso-oposición. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.]]> O Concello de Ribeira publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1517 O Concello de Ribeira publicou no BOP do 27 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.]]> O Concello de Ponteareas publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1516 O Concello de Ponteareas publicou no BOP do 26 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.]]> A Xunta de Galicia convoca diferentes prazas de lingua no proceso de estabilización de emprego temporal http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1515 A Xunta de Galicia publica no DOG de hoxe a convocatoria de 12 prazas da escala de expertos/as lingüistas, 11 prazas de titulado/a superior lingüista e dunha praza de tradutor/a intérprete da Administración de xustiza. O sistema de selección é o concurso e o prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles desde o 16 de xaneiro de 2023.]]> A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1514 A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes publicou no BOP do 23 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.]]> O Concello de Miño publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1513 O Concello de Miño publicou no BOP do 22 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.]]> O Concello de Carnota publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1512 O Concello de Carnota publicou no BOP do 22 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.]]> O Concello de Oleiros publica as bases específicas para a provisión definitiva dunha praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1511 O Concello de Oleiros publicou no BOP do 21 de decembro as bases específicas que regulan o proceso selección dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. No BOP do 23 de setembro xa publicara as bases xerais que rexen os procesos selectivos na entidade.]]> O Concello de Outes publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1510 O Concello de Outes publicou no BOP do 20 de decembro as bases que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.]]> O Concello de Pontevedra publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1509 O Concello de Pontevedra publicou no BOP do 19 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.]]> O Concello de Fisterra publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1508 O Concello de Fisterra publicou no BOP do 19 de decembro as bases que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.]]> O Concello de Ferrol publica as bases para a provisión definitiva da praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1507 O Concello de Ferrol publicou no BOP do 19 de decembro as bases que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.]]> O Concello da Coruña publica as bases específicas para a provisión definitiva dunha praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1506 O Concello da Coruña publicou no BOP do 15 de decembro as bases específicas que regulan o proceso selección dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. No BOP do 29 de novembro xa publicara as bases xerais que rexerán o proxeco de estabilización do emprego temporal na entidade.]]> O Concello da Coruña publica as bases específicas para a provisión definitiva dunha praza de filólogo/a http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1505 O Concello da Coruña publicou no BOP do 13 de decembro as bases específicas que regulan o proceso selección dunha praza de filólogo/a. No BOP do 29 de novembro xa publicara as bases xerais que rexerán o proxeco de estabilización do emprego temporal na entidade.]]> O Concello de Ames publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1504 O Concello de Ames publicou no BOP do 13 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.]]> O Concello de Muros publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1503 O Concello de Muros publicou no BOP do 12 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.]]> O Concello de Dumbría publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1502 O Concello de Dumbría publicou no BOP do 12 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.]]> O Concello de Teo publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1501 O Concello de Teo publicou no BOP do 5 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.]]> III Xornadas de Normalización Lingüística da CIG-Ensino e a AS-PG http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1500 A CIG-Ensino e a AS-PG organizan a terceira edición das súas Xornadas de Normalización Lingüística, nesta ocasión co subtítulo O audiovisual en Galiza como medio normalizador no ensino. A xornada terá lugar o sábado 21 de xaneiro no IES As Fontiñas de Compostela e a inscrición é gratuíta.]]> Novo Regulamento de usos lingüísticos da USC http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1499 O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela aprobou o 28 de outubro un novo Regulamento de usos lingüísticos da USC que actualiza o anterior texto normativo de 1993. O novo regulamento busca adaptarse a realidades, como as novas tecnolóxicos ou os contextos multilingües, que o anterior texto non consideraba. ]]> O Simposio ILG 2022 aborda a edición dixital de textos antigos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1498 O Instituto da Lingua Galega da USC, en colaboración co Consello da Cultura Galega, a Universidade de Alcalá e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, organiza o Simposio ILG 2022, que analizará “A edición dixital de textos antigos: modelos, proxectos e ferramentas”. O simposio terá lugar entre os días 28 de novembro e 2 de decembro. O prazo de inscrición remata o 28 de novembro de 2022.]]> V Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no Ensino. Traballando a competencia discursiva na aula. Novos marcos, ferramentas e estratexias http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1497 O Instituto da Lingua Galega e os departamentos de Didácticas Aplicadas e de Filoloxía Galega da USC organizan as V Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no Ensino, co título Traballando a competencia discursiva na aula. Novos marcos, ferramentas e estratexias, os días 18 e 19 de novembro.]]> Laboratorio de Apoderamento Lingüístico en Ferrolterra http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1496 A cooperativa Rexenerando, de Ferrol, desenvolve en catro centros de ensino da comarca de Ferrolterra un Laboratorio de Apoderamento Lingüístico, un proxecto piloto de dinamización do uso do galego entre a mocidade, financiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) a través do programa TeCe Redes. ]]> I Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1495 O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro organizan, o 14 de novembro de 2022, a I Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico. A inscrición é gratuíta e está aberta até o 10 de novembro.]]> O LGx15 regresa o 27 de outubro á Sala Capitol http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1494 Chega a oitava edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua, a iniciativa da CTNL para compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro da lingua. Terá lugar na Sala Capitol de Santiago de Compostela o 27 de outubro ás 18.00 h, e conta coa colaboración económica da SXPL.]]> As artes como colaboradoras necesarias na normalización lingüística, a debate nos XXIV Encontros para a Normalización Lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1493 Arte e lingua como ferramentas de construción masiva é o subtítulo dos XXIV Encontros para a Normalización Lingüística, que ten como fin analizar o papel das artes no proceso de normalización da nosa lingua. Nos primeiros días de outubro estarán dispoñibles catro vídeos de avance dos contidos que se abordarán na sesión presencial do o 20 de outubro. A incrición nesta xornada presencial está aberta.]]> Novo curso da CTNL: Fundamentos de márketing e comunicación. O idioma como elemento diferenciador http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1492 A CTNL organiza o curso Fundamentos de márketing e comunicación. O idioma como elemento diferenciador. Impartirao Xosé Luís Reza, licenciado en Administración e Dirección de Empresas e especialista en márketing e comunicación. O curso terá lugar en Compostela os días 29 de setembro e 6 de outubro.]]> #veránlingua, o cancelo para revisarmos recursos no mes de agosto http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1491 Durante este mes de agosto, ademais das novas que se produciren, compilaremos na nosa conta de Twitter, co cancelo #veránlingua, recomendacións de lecturas, recursos audiovisuais, webs de proxectos… O verán é tempo de facer as cousas con máis calma e dános a oportunidade de deternos nalgúns recursos que talvez xa anunciamos durante o ano, pero agora podemos revisar cando os días son longos e solleiros.]]> Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Neda http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1490 O Concello de Neda aprobou a súa Ordenanza de normalización lingüística. Tras a aprobación provisional o 30 de maio de 2022 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 26 de xullo de 2022.]]> A VII Xornada de Onomástica Galega abordará os nomes na literatura http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1489 A Real Academia Galega, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, organiza o 15 de outubro a VII Xornada de Onomástica Galega, nesta edición dedicada á onomástica literaria. A inscrición debe facerse antes do 12 de outubro.]]> Congreso Internacional de Toponimia no Camiño de Santiago http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1488 A Real Academia Galega, coa colaboración do Instituto da Lingua Galega e da Asociación Galega de Onomástica, organiza o Congreso Internacional de Toponimia no Camiño de Santiago, que terá lugar en Compostela os días 21, 22 e 23 de setembro de 2022. A matrícula é gratuíta.]]> A CTNL solicita ao Concello de Val do Dubra que equipare a praza de TNL ao subgrupo A1 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1487 A CTNL dirixiuse ao Concello de Val do Dubra para solicitarlle a modificación das bases da convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística co fin de equiparala a un subgrupo A1 da función pública.]]> O proceso de estabilización de prazas derivado da Lei 20/2021 afectará a 40 prazas de lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1486 Está en marcha o proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Logo da publicación das ofertas de emprego serán 40 as prazas de lingua que se ofertarán neste proceso, que deberán ser convocadas antes do 31 de decembro de 2022.]]> Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Val do Dubra http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1485 O Concello de Val do Dubra publicou no BOP de hoxe as bases e a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística (funcionario/a interino/a). O sistema de selección é a oposición libre e o prazo de inscricións é de 8 días hábiles. ]]> Tecnoloxías da linguaxe: as linguas na sociedade e na economía dixitais, curso de verán da USC http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1484 No marco das actividades de formación e diseminación do Proxecto Nós, e co obxectivo de divulgar as múltiples oportunidades que ofrecen as tecnoloxías da linguaxe, o ILG e o CiTIUS organizan o curso de verán titulado Tecnoloxías da Linguaxe: as linguas na sociedade e economía dixitais, que terá lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela entre o 12 e o 15 de xullo. ]]> Bases da convocatoria dunha praza de tradutor/a de lingua galega na Deputación de Ourense http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1483 A Deputación Provincial de Ourense publicou no BOP do luns 13 de xuño de 2022 as bases de varios procesos selectivos, entre eles dunha praza de tradutor/a de lingua galega. O prazo de inscrición está aberto do 17 de xullo ao 5 de agosto (20 días naturais).]]> Ordenanza municipal do uso social da lingua galega no Concello de Valdoviño http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1482 O Concello de Valdoviño aprobou a súa Ordenanza municipal de uso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 7 de abril de 2022 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 9 de xuño de 2022.]]> Xornada Aquí medra a lingua. Experiencias de dinamización do galego no ensino http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1481 O Consello da Cultura Galega organiza na tarde do 13 de xuño, a xornada "Aquí medra a lingua. Experiencias de dinamización do galego no ensino", para presentar un documental sobre proxectos de dinamización lingüística de centros escolares de Galicia e reflexionar sobre prácticas, metodoloxías e formas de avanzar na normalización lingüística desde o ensino.]]> O Concello de Cedeira convoca a ampliación dunha bolsa de traballo para TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1480 O Concello de Cedeira publicou no BOP de hoxe a convocatoria e as bases para a ampliación dunha bolsa de traballo para a contratación dun/dunha técnico/a de normalización lingüística. O sistema de provisión será un concurso de méritos e entrevista curricular. Prazo para presentar solicitudes: 10 días naturais.]]> O 17 de maio manifestámonos "por un novo futuro para a lingua" http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1478 Queremos Galego, da cal forma parte a CTNL, convoca de novo a manifestación do Día das Letras Galegas en Compostela. O lema da convocatoria deste ano é "En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua". ]]> Aquí medra a lingua, experiencias de dinamización do uso do galego na escola http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1479 Consello da Cultura Galega finalizou a publicación na rede da serie documental Aquí medra a lingua. Nela analízanse as experiencias de seis centros educativos no ámbito da dinamización da lingua galega.]]> A Xunta de Galicia convoca as subvencións para promover a lingua desde as entidade locais http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1476 A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca subvencións para a promoción do uso da lingua galega dirixidas ás entidades locais (excluídas as deputacións). O prazo para solicitar estas axudas remata o 2 de maio.]]> Ordenanza de uso social da lingua galega do Concello de Ares http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1477 O Concello de Ares aprobou a súa Ordenanza de uso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 31 de xaneiro de 2022 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 24 de marzo de 2022.]]> A UVigo modifica a convocatoria de dúas prazas de técnico/a de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1475 A Universidade de Vigo publicou no DOG do 24 de marzo de 2022 a modificación da resolución do 1 de decembro de 2021, pola que se convocaban dúas prazas de técnico/a de normalización lingüística (de acceso libre e por promoción interna). Os cambios afectan os requirimentos de titulación e a valoración da experiencia laboral.]]> A Deputación de Pontevedra convoca axudas para actividades de dinamización da lingua en 2022 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1474 A Deputación Provincial de Pontevedra convoca axudas para realizar actividades de dinamización da lingua galega durante 2022 dirixidas a entidades sen fins de lucro e concellos de menos de 50.000 habitantes. O prazo para solicitar estas axudas é dun mes.]]> O Concello de Valga convoca unha praza de técnico/a de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1473 No BOP do 18 de marzo de 2022, o Concello de Valga publicou a convocatoria dun proceso selectivo para a provisión temporal dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. O sistema de selección é unha oposición e o prazo para presentar solicitudes finaliza o 19 de abril.]]> Aprobadas as liñas de acción da CTNL para 2022 e elección dunha nova Xunta Directiva http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1472 O pasado 12 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral ordinaria da CTNL. Nela aprobáronse as liñas de acción para este ano 2022 e elixiuse unha nova Xunta Directiva para o período 2022-2024.]]> Convocatoria da Asemblea Xeral da CTNL: presencial e con xantar posterior http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1471 Logo das asembleas en liña do ano pasado, a CTNL retoma as xuntanzas presenciais e convoca a súa Asemblea Xeral anual para o sábado 12 de marzo. Terá lugar a partir das 10:00 da mañá no espazo cultural A Nave de Vidán. Posteriormente celebrarase un xantar no mesmo espazo, ao cal poden acudir socios/as e non socios/as.]]> A Deputación de Pontevedra convoca axudas para creación, mantemento e reforzo de SNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1470 O BOP de Pontevedra do 21 de febreiro publica as Bases de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia de Pontevedra para o ano 2022. No mesmo BOP publícase o extracto desta convocatoria, que sinala o prazo para presentar as solicitudes: até o 21 de marzo.]]> A CTNL pídelle ao Concello de Rianxo que cubra a súa praza de técnico/a de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1469 A CTNL dirixiuse ao Concello de Rianxo para solicitarlle a cobertura da praza de técnico/a de normalización lingüística, vacante desde o mes de setembro. O SNL do Concello de Rianxo estivo en funcionamento de forma continuada durante máis de cinco anos.]]> Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello de Cabanas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1468 O Concello de Cabanas aprobou a súa Ordenanza municipal de normalización lingüística. Tras a aprobación provisional o 24 de novembro de 2021 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 1 de febreiro de 2022.]]> Xornadas en Vigo sobre recursos educativos para traballarmos en galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1467 O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza as II Xornadas sobre recursos educativos para traballarmos en galego, dirixidas a profesorado de todas as etapas educativas e a membros dos equipos de dinamización da lingua galega. A inscrición é gratuíta e está aberta até o 8 de febreiro.]]> Curso de Deseño e desenvolvemento de proxectos de normalización lingüística no ensino http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1466 A CIG-Ensino e a AS-PG organizan un curso sobre Deseño e desenvolvemento de proxectos de normalización lingüística no ensino. Será impartido por Nel Vidal e desenvolverase en liña entre o 4 e o 25 de febreiro. A inscrición está aberta.]]> Subvencións da Deputación da Coruña para creación, reforzo e mantemento de SNL en 2022 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1465 A Deputación Provincial da Coruña anunciou no BOP do 28 de decembro de 2021 as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL durante o ano 2022. O prazo de presentación de solicitudes será do 5 ao 31 de xaneiro de 2022.]]> A CTNL solicítalle á Universidade de Vigo a modificación das bases da convocatoria de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1464 Tras a publicación das bases da convocatoria de dúas prazas de técnico/a de normalización lingüística no DOG do 15 de decembro, a CTNL presentou un recurso de reposición para solicitar que se inclúa como requisito o máximo nivel de coñecemento da lingua galega e que se valore no concurso a experiencia laboral noutras entidades. ]]> Agasallo: do web a máis presenza en Facebook, Twitter e Instagram http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1463 Como acordamos na última asemblea, o proxecto Agasallo evoluciona a partir desde ano para estar máis presente nas redes sociais e ser xestionado con máis axilidade. Desde estes días, ademais das contas en Facebook e Twitter, incorporamos Instagram co fin de chegar a un público máis diverso. Polo contrario, o web agasallo.eu deixará de actualizarse aínda que se manterá dispoñible durante un tempo para consulta.]]> Convocatoria de dúas prazas de técnico/a de normalización lingüística na Universidade de Vigo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1462 No DOG do 15 de decembro de 2021 publicáronse as bases da convocatoria de dúas prazas de técnico/a de normalización lingüística na Universidade de Vigo. O primeiro prazo para presentar solicitudes estivo aberto do 28 de decembro de 2021 ao 25 de xaneiro de 2022. Por mor da modificación da convocatoria, abriuse un novo prazo do 18 de maio ao 14 de xuño de 2022.]]> CTNL: 25 anos traballando en lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1461 Entre 1996 e 2021 transcorreron 25 anos de traballo da CTNL. Para celebrar este aniversario difundimos cinco conversas gravadas en liña sobre diversos aspectos do percorrido da asociación: primeiros anos, contexto de traballo, relación cos SNL, actividades e recursos e presente e futuro. Publicaranse en YouTube entre o 15 e o 19 de decembro.]]> A CTNL presenta alegacións á modificación da RPT do Concello de Betanzos, que inclúe a praza de TNL como grupo II http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1460 O Concello de Betanzos anunciou no BOP do 18 de novembro a aprobación inicial da modificación da súa relación de postos de traballo. O cambio xa inclúe a praza de técnico/a de normalización lingüística, pero modifica o grupo de contratación. Polo tanto, a CTNL presentou alegacións co fin de que se inclúa a praza como grupo I na aprobación definitiva da RPT.]]> Os XXIII Encontros para a Normalización Lingüística analizan a transmisión interxeracional da lingua galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1459 Desde o berce: a transmisión interxeracional da lingua galega é o subtítulo dos XXIII Encontros para a Normalización Lingüística, que nesta edición terán un formato mixto. O 25 e o 26 de outubro estarán dispoñibles os vídeos cos contidos expositivos e o 4 de novembro terá lugar unha xornada con catro coloquios, que se poderá seguir de forma presencial ou en liña.]]> A sétima edición do LGx15 será o 16 de outubro en Santiago de Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1458 Tras a edición en 2020 desde as redes sociais, o LGx15 de 2021 volve a ser un evento con público, onde poderemos escoitar seis charlas para compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro da lingua. Terá lugar no Centro Sociocultural de Santa Marta, Santiago de Compostela, o 16 de outubro ás 18.00 h.]]> Ordenanza para o uso da lingua galega no Concello de Noia http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1457 O Concello de Noia aprobou a súa Ordenanza municipal reguladora do uso da lingua galega. O texto definitivo publicouse no BOP da Coruña do 27 de setembro de 2021.]]> O Concello de Ames convoca unha bolsa de prácticas no seu SNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1456 O Concello de Ames, a través do programa de formación da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), convoca unha bolsa de prácticas no seu Servizo de Normalización Lingüística, dirixida a titulados/as universitarios/as sen experiencia laboral.]]> Bases específicas dunha praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Carballo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1455 O Concello de Carballo publica no BOP de hoxe as bases específicas para a cobertura como funcionario/a de carreira dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. O prazo para presentar solicitudes será de 20 días naturais logo da publicación da convocatoria no BOE do 28 de setembro de 2021.]]> Ferramentas da educación social ao servizo da normalización lingüística, novo curso da CTNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1454 A CTNL organiza un curso titulado Ferramentas da educación social ao servizo da normalización lingüística. Impartirao Ana González Quinteiro, educadora social no Concello de Pontevedra con ampla experiencia en actividades docentes deste tipo. O curso será presencial en Santiago de Compostela os días 27 de setembro e 4 de outubro.]]> Convocatoria dunha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística para os concellos de Quiroga e Ribas de Sil http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1453 O agrupamento dos concellos de Quiroga e Ribas de Sil convoca unha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística, ao abeiro das axudas da Xunta de Galicia para a promoción do galego desde as entidades locais. Prazo para concorrer: até o 26 de xullo.]]> O Camiño de Santiago será o eixo temático da VI Xornada de Onomástica Galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1452 A Real Academia Galega, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, organiza o 16 de outubro a VI Xornada de Onomástica Galega. Neste ano xacobeo estará dedicada á onomástica do Camiño de Santiago. A inscrición está aberta até o 14 de outubro.]]> Convocatoria de dúas prazas da escala técnica de publicacións no Parlamento de Galicia http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1451 O Parlamento de Galicia anuncia no DOG de hoxe a convocatoria de dúas prazas da escala técnica de publicacións do corpo superior, dirixidas a titulados/as en Filoloxía ou Tradución. O prazo para presentar solicitudes é de 20 días hábiles.]]> Bases específicas dunha praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Narón http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1450 O Concello de Narón, tras o anuncio da oferta pública de emprego de 2020 e a publicación das bases xerais para a cobertura definitiva de varias prazas, publica hoxe no BOP as bases específicas para a cobertura definitiva dunha praza de técnico/a de normalización lingüística.]]> Ordenanza municipal reguladora do uso da lingua galega no Concello da Coruña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1449 O Concello da Coruña publicou no BOP de hoxe a súa Ordenanza municipal reguladora do uso da lingua galega no Concello da Coruña. Este texto aprobouse definitivamente no Pleno da Corporación do pasado 3 de xuño.]]> O Concello de Nigrán convoca unha bolsa de emprego para TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1448 O Concello de Nigrán convoca un proceso selectivo para crear unha bolsa de emprego de técnico/a de normalización lingüística. O contrato que se efectuará a través desta bolsa será de dous anos e terá un horario semanal de 18,5 horas. Prazo para presentar solicitudes: até o 30 de xuño.]]> Convocatoria dunha bolsa de emprego para TNL no Concello de Cedeira http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1447 O Concello de Cedeira publicou no BOP de hoxe a convocatoria e as bases para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación dun/dunha técnico/a de normalización lingüística. O sistema de provisión será un concurso de méritos e entrevista curricular. Prazo para presentar solicitudes: 10 días naturais.]]> Queremos Galego convoca unha concentración o 17 de maio na praza do Obradoiro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1446 A plataforma Queremos Galego, da cal forma parte a CTNL, convoca unha concentración na praza do Obradoiro para o Día das Letras Galegas, baixo o lema Queremos vivir en galego. Para acudir á mobilización cómpre inscribirse.]]> Bases e convocatoria para unha bolsa de emprego de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Arzúa http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1445 O Concello de Arzúa publicou no BOP de hoxe a convocatoria e as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego oara técnico/a de normalización lingüística. A selección farase mediante oposición e o prazo para presentar solicitudes será de 10 días naturais desde o seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP.]]> Axudas da Xunta para a promoción da lingua desde os concellos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1444 A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca subvencións para a promoción do uso da lingua galega dirixidas ás entidades locais (excluídas as deputacións). O prazo para solicitar estas axudas remata o 10 de maio.]]> Modificados os Estatutos e aprobadas as liñas de acción da CTNL para 2021 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1443 O pasado 6 de marzo tiveron lugar en liña dúas asembleas da CTNL: unha extraordinaria para realizar unha modificación de trámite dos Estatutos e a ordinaria anual co fin de dar conta do traballo realizado en 2020 e marcar as liñas de traballo de 2021.]]> A Deputación de Pontevedra convoca axudas para actividades de dinamización da lingua en 2021 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1442 A Deputación Provincial de Pontevedra convoca axudas para realizar actividades de dinamización da lingua galega durante 2021 dirixidas a entidades sen fins de lucro e concellos de menos de 50.000 habitantes. O prazo para solicitar estas axudas está aberto até o 15 de abril.]]> Móvete, un concurso de vídeos para celebrar os 50 anos do ILG http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1441 Neste 2021 o Instituto da Lingua Galega (ILG) conmemora o seu 50 aniversario. Para celebralo organiza o concurso de vídeo Móvete, destinado ao estudantado dos institutos galegos e das zonas de fala galega fóra de Galicia. O prazo de participación é do 1 de marzo ao 31 de maio de 2021.]]> A quinta edición do concurso Quero Cantar chega con novidades http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1440 A Deputación da Coruña publicou no BOP do 1 de marzo de 2021 as bases da quinta edición do concurso Quero Cantar. Nesta edición só haberá a categoría xuvenil e o premio consistirá nun programa formativo con profesionais da música galega. O prazo para participar no concurso é do 16 de marzo ao 30 de setembro de 2021.]]> A maioría dos/das técnicos/as de normalización lingüística dos concellos galegos teñen contratos temporais ou de interinidade http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1439 Con motivo da denuncia do grupo municipal do Partido Popular no Concello de Pontevedra pola forma de contratación da TNL desta cidade, a CTNL quere lembrar que o 70% dos TNL dos concellos traballan con contratos temporais e que, en todo caso, ter un contrato temporal non é un privilexio, senón unha situación de inestabilidade laboral.]]> Convocatoria de axudas da Deputación de Pontevedra para a creación, o mantemento ou o reforzo de SNL nas entidades locais da provincia http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1438 No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de hoxe publicáronse as Bases de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia de Pontevedra para o ano 2021. No mesmo BOP publicouse o extracto correspondente a esta convocatoria, que marca a data límite para presentar as solicitudes: até o 12 de marzo.]]> Proxecto Trasno bota a andar Common Voice en galego. Anímaste a participar? http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1437 Os/As voluntarios/as de Proxecto Trasno fan un chamamento para participar no proxecto Common Voice en galego, cuxa finalidade é garantir a presenza da lingua galega en servizos/produtos baseados na intelixencia artificial. Se estás interesado/a, podes colaborar elaborando frases curtas, validándoas, gravándoas ou revisando as gravacións.]]> O 6 de marzo, asembleas extraordinaria e ordinaria da CTNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1436 A CTNL convoca os/as seus/súas socios/as a dúas asembleas que terán lugar en liña na mañá do sábado 6 de marzo. A primeira convocatoria é para unha asemblea extraordinaria, por ser preciso modificar un detalle dos estatutos. A segunda é para a asemblea xeral ordinaria anual, onde se acordará o traballo para este 2021.]]> Ordenanza reguladora do impulso do uso do galego no concello de Poio http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1435 O Concello de Poio aproba a súa Ordenanza reguladora do impulso do uso do galego. O texto definitivo publicouse no BOP de Pontevedra do 1 de febreiro de 2021.]]> Convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística na Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1434 A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol anunciou no BOP do 26 de xaneiro de 2021 a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística como persoal funcionario interino. O sistema de selección será o concurso-oposición e o prazo para presentar solicitudes é de 8 días hábiles.]]> A UVigo edita unha guía práctica sobre neofalantismo destinada á educación secundaria http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1433 En galego 27/7. Da minoración ao neofalantismo é o título da publicación, froito do traballo de investigación de Fernando Ramallo, Martín Vázquez Fernández e Luís López Alonso (Universidade de Vigo) e Estefanía Mosquera Castro (IES de Pastoriza, Arteixo). A guía inclúe trece actividades prácticas distribuídas en tres bloques temáticos. ]]> Manual de procesos selectivos para técnicos/as de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1432 A CTNL edita unha guía sobre o funcionamento dos procesos selectivos, pensada para as persoas aspirantes a postos de técnico/a de normalización lingüística. O Manual de procesos selectivos para técnicos/as de normalización lingüística foi elaborado por Andrea Garrido Juncal e Carla Casanueva Muruais, especialistas en Dereito Administrativo. Está dispoñible para a súa descarga gratuíta aquí.]]> Simposio ILG 2020. Estándar, norma e variación: procesos, problemas e perspectivas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1431 O Instituto da Lingua Galega da USC, en colaboración co Consello da Cultura Galega, organiza o Simposio ILG 2020, que estará dedicado a “Estándar, norma e variación: procesos, problemas e perspectivas”. O simposio terá lugar entre os días 8 e 25 de febreiro. O prazo de inscrición remata o 4 de febreiro de 2021.]]> A CTNL solicita ao Concello de Vilagarcía de Arousa a cobertura da praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1430 A CTNL dirixiuse ao Concello de Vilagarcía de Arousa para solicitarlle a cobertura da praza de técnico/a de normalización lingüística, vacante desde hai medio ano. O SNL do Concello de Vilagarcía de Arousa estivo en funcionamento desde 1990 até agosto de 2020.]]> Axudas a proxectos para o fomento da lingua nos centros de ensino durante o curso 2020-2021 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1429 A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou no DOG do 15 de xaneiro as convocatorias de axudas para proxectos de fomento do uso do galego neste curso escolar, dirixidas a centros públicos e a centros privados. Prazo para pedir as axudas: un mes.]]> Somos Xogo, unha iniciativa de Xandobela para divulgar o patrimonio lúdico galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1428 Xandobela. Educación e Cultura presentou Somos Xogo, un proxecto de divulgación do patrimonio lúdico galego e da creatividade xogantina. A iniciativa inclúe unha feira xogantina, a escola do xogar e o concurso “Xoga en galego”, que ten aberto o prazo para participar até o 28 de febreiro de 2021.]]> II Xornadas de Normalización Lingüística no ensino http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1427 A CIG-Ensino, a AS-PG e A Mesa pola Normalización Lingüística organizan o vindeiro 23 de xaneiro, por videconferencia, as II Xornadas de Normalización Lingüística. Debate e reflexión sobre a lingua no ensino.]]> O ILG pon en marcha DOA, programa para a participación cidadá na recollida de léxico patrimonial http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1426 DOA é un programa de participación cidadá para a achega de datos léxicos que acaba de presentar o Instituto da Lingua Galega (ILG). DOA intégrase no proxecto Patrimonio léxico da Gallaecia, que ten como obxectivo documentar e mostrar a variación no léxico patrimonial actual na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.]]> Axudas da Deputación da Coruña para creación, reforzo e mantemento de SNL en 2021 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1425 A Deputación Provincial da Coruña anunciou no BOP do 22 de decembro de de 2020 as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL durante o ano 2021, dirixida a entidades locais. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 29 de xaneiro de 2021 ás 14.00.]]> Agasallo.eu, unha porta para regalarmos en galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1424 Agasallo.eu é un web creado pola CTNL onde se recollen propostas para regalar en galego. Libros, música, audiovisual, xogos, produtos téxtiles e de alimentación son algunhas das categorías onde procurarmos ideas para escoller os nosos agasallos.]]> O LGx15 2020 comeza este domingo na túa pantalla http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1423 Este ano trasladamos a edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua ás pantallas dos vosos dispositivos electrónicos, cunha versión de vídeos en liña que se estrearán en YouTube e Facebook entre o domingo 22 e o sábado 28 de novembro ás 21.00 h.]]> A educación plurilingüe a debate no Consello da Cultura Galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1422 O Consello da Cultura Galega organiza as xornadas Educación plurilingüe: achegas para o debate, que terán lugar en liña os días 3 e 10 de decembro. Non é necesaria inscrición e pódese participar enviando preguntas a participa@consellodacultura.gal.]]> Os XXII Encontros para a normalización lingüística serán en liña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1421 A vixésimo segunda edición dos Encontros para a Normalización Lingüística terá lugar en liña do 13 ao 19 de novembro e manterá o programa inicial da convocatoria do pasado mes de abril, adiada pola situación sanitaria. No novo formato non é necesaria inscrición.]]> I Certame GaleTikTokers http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1420 O Servizo de Normalización Lingüística e o Departamento de Mocidade do Concello de Ames convocan o I Certame #GaleTikTokers, co obxectivo de estimular a creatividade e fomentar a creación de vídeos en galego entre a mocidade. Está dirixido a mozas e mozos a partir de 14 anos. O prazo de inscrición finaliza o 30 de novembro.]]> A Deputación de Pontevedra convoca axudas para actividades de dinamización da lingua galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1419 A Deputación Provincial de Pontevedra convoca axudas para actividades de dinamización da lingua galega dirixidas a entidades sen fins de lucro e concellos de menos de 50.000 habitantes. O prazo para solicitar estas axudas é dun mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria e do extracto.]]> Retomamos a II Edición dos Premios Mil Primaveras http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1418 Logo da interrupción en marzo por mor da crise sanitaria, retomamos a convocatoria dos II Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego. Estes premios creáronse co fin de recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos de normalización da lingua galega.]]> Nova edición das Xornadas Malas Linguas da Deputación da Coruña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1416 A Deputación Provincial da Coruña organiza unha nova edición das xornadas Malas Linguas: activando falantes do século XXI, que terán lugar en liña o 10 e o 12 de novembro. A inscrición é gratuíta e está aberta aquí.]]> XIII Xornada “Os recursos educativos en galego”: igualdade e xénero http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1417 A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da USC organiza a XIII Xornada “Os recursos educativos en galego”, que estará dedicada á igualdade e ao xénero. As sesións terán lugar o 25 de novembro de 2020, en horario de 16:00 a 19:30 horas, mediante videoconferencia a través de Lifesize. Inscricións: até o 19 de novembro.]]> Curso sobre estratexias de comunicación para servizos de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1415 A CTNL organiza un curso sobre estratexias de comunicación para servizos de normalización lingüística, que se desenvolverá en liña a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Impartirao Emma Torres Romay, profesora titular de Estratexia Publicitaria da UVigo, e terá lugar os días 22, 23, 29 e 30 de outubro e 5 e 6 de novembro de 9.00 a 11.00 h.]]> Ordenanza de uso da lingua galega no concello do Porriño http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1414 O Concello do Porriño aproba a súa Ordenanza de uso da lingua galega. Publicouse no BOP de hoxe, logo da aprobación definitiva polo Pleno da Corporación o pasado 26 de agosto.]]> Convocatoria de praza de técnico/a de normalizacion lingüística no Concello de Noia http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1413 O Concello de Noia anunciou no BOP de hoxe a convocatoria dun proceso selectivo para a provisión dunha praza de técnico/a de normalización lingüística e a formación dunha bolsa de emprego. O prazo para presentar solicitudes é de dez días hábiles.]]> URXENTE! Convocatoria dunha bolsa de emprego de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Sada http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1412 O Concello de Sada anunciou no BOP de hoxe a convocatoria dun proceso selectivo para crear unha bolsa de emprego para unha praza de técnico/a de normalización lingüística. O prazo para presentar solicitudes é de tan só tres días hábiles.]]> Convocatoria de axudas da Deputación de Pontevedra para a creación, o mantemento ou o reforzo de SNL nas entidades locais da provincia http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1411 No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de hoxe publicáronse as Bases de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia de Pontevedra para o ano 2020. No mesmo BOP publicouse o extracto correspondente, que marca o prazo para presentar as solicitudes: até o 17 de agosto.]]> A Xunta convoca as subvencións para a promoción da lingua galega dirixidas a entidades locais, para o mantemento e reforzo de SNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1410 A Consellería de Cultura e Turismo convoca subvencións para a promoción do uso da lingua galega dirixidas ás entidades locais (excluídas as deputacións), nas modalidades de mantemento e reforzo de SNL. O prazo para solicitar estas axudas é dun mes.]]> A V Xornada de Onomástica Galega abordará os nomes comerciais http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1409 A Real Academia Galega, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, organiza o vindeiro 7 de novembro a V Xornada de Onomástica Galega, que estará dedicada aos nomes comerciais. Terá lugar en sesións de mañá e tarde no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, e os relatorios tamén serán emitidos en directo na canle de Youtube da RAG e será posible a inscrición para participar de maneira telemática a través de Zoom.]]> Dúas prazas de redactor/a-corrector/a na Deputación Provincial de Pontevedra http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1408 A Deputación Provincial de Pontevedra publicou no BOP do venres 26 de xuño as bases de varios procesos selectivos, entre eles para dúas prazas de redactor/a-corrector/a. O prazo de inscrición está aberto do 5 ao 24 de agosto.]]> A CTNL presenta alegacións á aprobación da RPT de Betanzos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1407 Concello de Betanzos anunciou a aprobación provisional da súa relación de postos de traballo (nos BOP do 16 de marzo e do 17 de xuño). Neste documento non se inclúe a praza de técnico/a de normalización lingüística, posto existente en Betanzos desde o ano 2005. Polo tanto, a CTNL presentou alegacións co fin de que se corrixa esta eiva na aprobación definitiva da RPT.]]> Queremos Galego mantén as mobilizacións do 17 de maio desde as casas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1406 A plataforma Queremos Galego, da cal forma parte a CTNL, anima a sociedade a celebrar o Día das Letras Galegas desde as casas, reivindicando a nosa lingua en xanelas e varandas e nas redes sociais baixo o lema Precisamos do galego: xustiza, igualdade e cohesión.]]> Nova Xunta Directiva da CTNL e aprobadas as liñas de acción para 2020 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1405 O pasado 7 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral ordinaria da CTNL. Nela aprobáronse as liñas de acción para este ano 2020 e elixiuse unha nova Xunta Directiva para o período 2020-2022.]]> A integración lingüística como ferramenta de cohesión social, a análise nos XXII Encontros para a normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1404 A vixésimo segunda edición dos Encontros para a Normalización Lingüística estudará a integración lingüística como ferramenta de cohesión social. As datas iniciais desta convocatoria eran o 16 e o 17 de abril, mais quedan adiados para o 1 e 2 de outubro.]]> Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Nigrán http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1403 O Concello de Nigrán aprobou a súa Ordenanza de normalización lingüística. Tras a aprobación provisional o 25 de novembro de 2019 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 2 de marzo de 2020.]]> A CTNL solicita o reforzo do SNL do Concello de Ferrol http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1402 A CTNL dirixiuse ao Concello de Ferrol para solicitarlle o reforzo do seu servizo de normalización lingüística cun incremento do persoal técnico. As subvencións da Deputación da Coruña para o reforzo dos SNL das cidades poden ser unha primeira axuda para aumentar o cadro de persoal deste departamento.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no concello de Covelo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1401 O Concello de Covelo acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 17 de febreiro de 2020.]]> Chega a segunda edición dos Premios Mil Primaveras http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1400 Logo da boa acollida da primeira edición, convocamos os II Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego. Estes premios creáronse co fin de valorar, recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos de normalización da lingua galega.]]> Bases do programa de subvencións da Deputación Provincial da Coruña dirixidas a SNL das entidades locais http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1399 A Deputación Provincial da Coruña anunciou no BOP do 5 de febreiro de de 2020 as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL durante o ano 2020, dirixida a entidades locais. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 6 de marzo ás 14.00h.]]> Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello de Gondomar http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1398 O Concello de Gondomar acaba de aprobar a súa Ordenanza municipal de normalización lingüística. Tras a fase de información pública e a resolución das alegacións presentadas, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 3 de febreiro de 2020.]]> Praza de TNL de Carballo: a CTNL solicita que se cubra o antes posible http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1397 A CTNL dirixiuse ao Concello de Carballo para solicitarlle a cobertura da praza de técnico/a de normalización lingüística, vacante desde hai máis dun ano. O SNL do Concello de Carballo estivo en funcionamento durante case 15 anos e participou activamente na creación de diversos proxectos colaborativos entre SNL das administracións locais.]]> A CTNL solicita ao Concello de Arteixo a cobertura da praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1396 A CTNL dirixiuse ao Concello de Arteixo e solicitoulle a cobertura da praza de técnico/a de normalización lingüística para que continúe funcionando o SNL creado o hai máis de 20 anos.]]> Sábado 7 de marzo: Asemblea Xeral da CTNL e xantar http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1395 A CTNL convoca a súa Asemblea Xeral anual para o sábado 7 de marzo. Terá lugar a partir das 10:00 da mañá no espazo cultural A Nave de Vidán. Posteriormente celebrarase un xantar no mesmo espazo, ao cal poden acudir socios/as e non socios/as.]]> O galego no ensino. O ensino en galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1394 A CIG-Ensino e a AS-PG organizan o vindeiro 25 de xaneiro en Compostela a xornada de debate e reflexión O galego no ensino. O ensino en galego. A matrícula é gratuíta e está aberta até o 24 de xaneiro.]]> A RAG convoca dous contratos para realizar traballos de sociolingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1393 A Real Academia Galega convoca un concurso aberto para dous contratos de persoal técnico de sociolingüística, desde o 2 de xaneiro ata 31 de decembro de 2020, prorrogables por ata doce meses máis. Prazo: ata o 31 de outubro.]]> A quinta edición do LGx15 será o sábado 9 de novembro en Teo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1392 Sábado 9 de novembro, 18.00 h e Auditorio Constante Liste da Ramallosa, Teo. Son as coordenadas para a nova edición do LGx15: oito intervencións para transmitir de maneira visual e entretida ideas, argumentos e propostas para influír nas actitudes e na conciencia lingüística, e música e humor, claro!]]> Simposio ILG 2019. Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1391 Os días 5, 6 e 7 de novembro, en horario de tarde, terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da USC o Simposio ILG 2019, que nesta edición abordará a relación entre a lingua, o patrimonio e o coñecemento tradicional. A inscrición está aberta ata o 21 de outubro para o profesorado e ata o 27 de outubro para o resto de asistentes. ]]> O SNL de Ames organiza unhas Xornadas de Toponimia no Ensino http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1390 O SNL do Concello de Ames e a Secretaría Xeral de Política Lingüística organizan unhas xornadas de toponimia dirixidas ao profesorado. Terán lugar os días 18, 19 e 30 de setembro, en horario de tarde. Con elas búscase o achegamento, a posta en valor e o aproveitamento dos nomes de lugar como recurso educativo e ferramenta de dinamización lingüística. Matrícula aberta até o 11 de setembro.]]> A IV Xornada de Onomástica Galega estará dedicada aos nomes das rúas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1389 A Real Academia Galega, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, organiza o vindeiro 19 de outubro a IV Xornada de Onomástica Galega, que estará dedicada aos nomes das rúas. Terá lugar en sesións de mañá e tarde no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. A entrada é libre mais tamén é posible inscribirse para obter diploma de asistencia.]]> Regulamento do uso do galego no Concello de Portas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1388 O Concello de Portas aprobou o seu Regulamento do uso do galego. Tras a aprobación provisional o 8 de marzo de 2019 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 4 de xullo de 2019.]]> Regulamento do uso do galego no Concello de Moraña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1387 O Concello de Moraña acaba de aprobar o seu Regulamento do uso do galego. Tras a aprobación provisional o 7 de marzo de 2019 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 26 de xuño de 2019.]]> Praza de tradutor/a na Deputación de Ourense como persoal funcionario interino http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1386 A Deputación Provincial de Ourense publicou no BOP de hoxe a convocatoria urxente dunha praza de tradutor/a de lingua galega como persoal funcionario interino. O sistema de selección será o concurso-oposición e o prazo de inscrición está aberto até o 17 de xuño.]]> O turismo centrará o curso de verán sobre dinamización lingüística da UDC http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1385 O Curso de verán sobre dinamización lingüística da Universidade da Coruña centrará este ano o seu programa no sector do turismo. Terá lugar os días 17 e 18 de xullo no Fórum Carballo. O prazo de inscrición está aberto até o 10 de xullo (ampliado posteriormente até o 16 de xullo).]]> Praza temporal de tradutor/a na Deputación de Ourense http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1384 A Deputación Provincial de Ourense publicou no BOP do 27 de abril a convocatoria urxente dunha praza temporal de tradutor/a de lingua galega. O sistema de selección será o concurso de méritos e o prazo de inscrición está aberto até o 2 de maio.]]> Quen cres que pode contarnos ideas, propostas e experiencias para o futuro da lingua? Proponnos participantes para o LGx15 2019! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1383 Parece que falta moito tempo, pero na CTNL xa comezamos a organizar a edición deste ano do LGx15. Ideas para o futuro da lingua e queremos saber a túa opinión para decidirmos o programa. Quen queres ver e escoitar no escenario do LGx15 de 2019? Envíanos as túas propostas ata o 24 de maio a info@ctnl.gal e terémolas en conta para deseñar o programa definitivo. ]]> Praza temporal de tradutor/a na Deputación de Ourense http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1382 A Deputación Provincial de Ourense publicou no BOP do 9 de abril a convocatoria urxente dunha praza temporal de tradutor/a de lingua galega. O sistema de selección será o concurso de méritos e o prazo de inscrición está aberto até o 15 de abril.]]> Nacen os Premios Mil Primaveras para recoñecer o traballo no ámbito da normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1381 Desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua creamos e convocamos os Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego co obxectivo de recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística.]]> A Xunta convoca as subvencións para a promoción da lingua galega dirixidas a entidades locais http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1380 A Consellería de Cultura e Turismo convoca subvencións para a promoción do uso da lingua galega dirixidas ás entidades locais (excluídas as deputacións). O prazo para solicitar estas axudas remata o 29 de abril.]]> Proposta da CTNL para os programas das eleccións municipais 2019 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1379 A CTNL está a dirixir ás diversas organizacións políticas con implantación no país e mais ás candidaturas das sete cidades unha proposta coa finalidade de que a teñan en conta para incorporar nos seus programas electorais, e que, polo tanto, se poida despois levar a cabo ou defender desde os concellos. O texto refírese ao traballo necesario e xusto no ámbito da normalización lingüística.]]> Campaña da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística para promover o uso do galego na declaración da renda http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1378 Ante o próximo inicio da campaña da renda o 2 de abril, a Asociación de Funcionario para a Normalización Lingüística promove unha acción para incentivar o uso do galego nesta xestión: Eu [declaro] a renda en galego. É lóxico. Por dereito. ]]> Cuarta xornada Malas Linguas: lingua e xéneros http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1377 O 12 de abril terá lugar na Coruña a cuarta xornada do ciclo Malas Linguas: activando falantes do século XXI, co título Lingua e xéneros. A inscrición está aberta e é gratuíta.]]> Ordenanza para o impulso do galego no Concello de Cambados http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1376 O Concello de Cambados acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso do galego. Tras a aprobación provisional o 25 de outubro de 2018 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 20 de marzo de 2019.]]> Os XXI Encontros para a Normalización Lingüística estarán dedicados á divulgación científica http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1375 Divulgación científica en Galicia. Cal é o peso (atómico) do galego? é o suxestivo título para a vixésimo primeira edición dos Encontros para a Normalización Lingüística, que terán lugar na Cidade da Cultura de Galicia (Auditorio Xosé Neira Vilas) o 4 e o 5 de abril. A inscrición, gratuíta, está aberta.]]> A Deputación da Coruña convoca o X Premio Rosalía de Castro de Lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1374 A Deputación da Coruña publicou no BOP de hoxe a convocatoria da décima edición do premio “Rosalía de Castro” de Lingua. O obxectivo xeral deste galardón é recoñecer a promoción e dignificación desinteresada do noso patrimonio lingüístico. O prazo para presentar candidaturas finaliza o 30 de maio.]]> Ordenanza de normalización lingüística do Concello da Cañiza http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1373 O Concello da Cañiza acaba de aprobar a súa Ordenanza de normalización lingüística. Tras a aprobación provisional o 30 de novembro de 2018 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 14 de marzo de 2019.]]> Aprobadas as liñas de acción da CTNL para 2019 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1372 O pasado 9 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral ordinaria da CTNL. Nela aprobáronse as liñas de acción para este ano 2019.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Pazos de Borbén http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1371 O Concello de Pazos de Borbén acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 5 de marzo de 2019.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Barro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1370 O Concello de Barro acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 26 de novembro de 2018 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 22 de febreiro de 2019.]]> Regulamento do uso da lingua galega no Concello de Ponte Caldelas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1369 O Concello de Ponte Caldelas acaba de aprobar o seu Regulamento do uso da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 26 de novembro de 2018 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 19 de febreiro de 2019.]]> Constitúese a Asociación de Entidades Locais pola Lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1368 O Pazo de Raxoi acolleu o acto de constitución da Asociación de Entidades Locais pola Lingua, que xorde co obxectivo de desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma. Está formada inicialmente por 15 concellos.]]> Ordenanza municipal reguladora do impulso da lingua galega no Concello de Vilaboa http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1367 O Concello de Vilaboa acaba de aprobar a súa Ordenanza municipal reguladora do impulso da lingua galega. Tras a aprobación inicial o 30 de novembro de 2018 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 15 de febreiro de 2019.]]> Contratos para realizar traballos de toponimia e lexicografía na RAG http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1366 A RAG convoca un concurso para dous contratos de persoal técnico de toponimia e un de lexicografía, con duración ata o 31 de decembro e posibilidades de prórroga por 12 meses máis. Prazo: ata o 25 de febreiro.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Catoira http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1365 O Concello de Catoira acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 26 de novembro de 2018 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 14 de febreiro de 2019.]]> Conéctate á comunidade e multiplícate! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1364 Logo dunha grande expectación, presentouse a terceira edición de Youtubeir@s, o concurso organizado por SNL da Administración local e das tres universidades galegas para promover e visibilizar o uso do galego en Youtube. E chega cunha nova categoría, vídeo-cantarmos. Xa está aberto o período de inscrición de vídeos e canles até o 27 de setembro de 2019.]]> Ordenanza para o impulso da lingua galega no Concello da Guarda http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1361 O Concello da Guarda acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso da lingua galega. Tras a aprobación inicial o 30 de novembro de 2018 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 13 de febreiro de 2019.]]> Cita o 9 de marzo: Asemblea Xeral da CTNL e xantar http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1360 O sábado 9 de marzo terá lugar a Asemblea Xeral anual. Será a partir das 10:30 da mañá no espazo cultural A Nave de Vidán. Posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística no mesmo espazo, ao cal poden acudir socios/as e non socios/as.]]> #galegoempresas, plataforma para localizar o galego nas empresas de Santiago de Compostela, Ames e Teo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1359 Grazas á colaboración dos servizos de normalización lingüística dos concellos de Santiago de Compostela, Ames e Teo, nace #galegoempresas, unha plataforma para visibilizar os negocios que ofrecen produtos e servizos en galego.]]> Ordenanza municipal de uso, emprego e defensa do galego no Concello de Cerdedo-Cotobade http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1358 O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de aprobar a súa Ordenanza municipal de uso, emprego e defensa do galego. Tras a aprobación inicial o 29 de novembro de 2018 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 6 de febreiro de 2019.]]> A CTNL solicita ao Concello de Nigrán a cobertura da súa praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1357 A CTNL dirixiuse ao Concello de Nigrán para solicitarlle a cobertura da praza de técnico/a de normalización lingüística para que continúe funcionando o SNL creado o pasado mes de novembro.]]> A terceira xornada Malas Linguas abordará a transmisión non familiar da lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1356 O 1 de marzo terá lugar en Santiago de Compostela a terceira xornada do ciclo Malas Linguas: activando falantes do século XXI. Esta terceira cita titúlase Lingua, infancia e mocidade. Transmisión non familiar da lingua. A inscrición está aberta e é gratuíta.]]> Praza de técnico/a de normalización lingüística en Rois http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1354 O Concello de Rois publicou no BOP da Coruña do 31 de xaneiro de 2019 as bases para a provisión definitiva dunha praza de técnico/a de normalización lingüística (a partir da páx. 11). Na mesma data tamén se anunciou a convocatoria no DOG. O prazo de inscrición neste proceso selectivo é do 9 ao 28 de febreiro de 2019, de acordo co anuncio da convocatoria publicado no BOE do día 8 de febreiro.]]> Curso sobre avaliación de competencias lingüísticas para técnicos/as de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1353 A CTNL organiza un Curso sobre avaliación de competencias lingüísticas para técnicos/as de normalización lingüística. Impartirao Manuel Núñez Singala, director do SNL da USC. O curso combinará sesións presenciais en Santiago de Compostela os días 22 de febreiro e 7 de marzo con traballo a distancia.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Ribadumia http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1352 O Concello de Ribadumia acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 5 de xullo de 2018 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 23 de xaneiro de 2019.]]> A CTNL solicita ao Concello de Oleiros que inclúa a praza de TNL na súa RPT http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1351 aprobación da relación de postos de traballo do Concello de Oleiros, a CTNL solicitoulle que a modifique puntualmente e inclúa neste importante documento organizativo a praza de técnico/a de normalización lingüística con que conta desde hai 10 anos. Esta inclusión suporía un grande avance cara á estabilización do SNL.]]> Bases da convocatoria de subvencións para SNL nas entidades locais da Deputación Provincial da Coruña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1350 A Deputación Provincial da Coruña anunciou no BOP do 10 de xaneiro de 2019 as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL durante o ano 2019, dirixida a entidades locais. O prazo para solicitar as axudas é até o 15 de febreiro ás 14.00 h.]]> Axudas da Deputación Provincial de Pontevedra en materia de normalización lingüística dirixidas ás entidades locais da provincia http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1349 No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de hoxe publicáronse as Bases que de subvencións para a dinamización lingüística dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia de Pontevedra para o ano 2019. No mesmo BOP publicouse o extracto correspondente, que marca o prazo para presentar as solicitudes: do 10 de xaneiro ao 8 de febreiro.]]> Ordenanza de impulso do galego no Concello de Oia http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1348 O Concello de Oia acaba de aprobar a súa Ordenanza de impulso do galego. Tras a aprobación inicial o 27 de setembro e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 7 de decembro de 2018.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Valga http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1362 O Concello de Valga acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 17 de setembro e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 3 de decembro de 2018.]]> A CTNL diríxese aos concellos de Outes e de Arzúa para que inclúan as súas prazas de TNL na próxima aprobación da RPT http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1347 Ante a aprobación inicial das relacións de postos de traballo de Outes e Arzúa, a CTNL dirixiuse a estes concellos para que inclúan neste documento unha praza de técnico/a de normalización lingüística. Desta forma poderían dar estabilidade aos SNL temporais destes dous concellos.]]> Ordenanza do uso da lingua galega no Concello da Lama http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1346 O Concello da Lama aprobou definitivamente a súa Ordenanza do uso da lingua galega. Tras a aprobación inicial o 24 de setembro e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 29 de novembro de 2018. ]]> Segunda xornada Malas Linguas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1345 O próximo 29 de novembro terá lugar na Coruña a segunda xornada do ciclo "Malas Linguas: activando falantes do século XXI". Esta segunda cita titúlase Lingua e memoria. Transmisión familiar da lingua, e abordará análises e propostas de intevención. A inscrición é gratuíta.]]> I Premio Lingua e Empresa do Concello de Ames http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1344 O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística e do Departamento de Promoción Económica, crea o Premio Lingua e Empresa Concello de Ames co obxectivo de recoñecer de forma pública o uso e fomento do galego na actividade empresarial. Para optar ao premio, que está dotado con 2500 euros, cómpre presentar candidaturas até o 30 de novembro.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Fornelos de Montes http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1343 O Concello de Fornelos de Montes aprobou definitivamente a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. O texto aprobouse no Pleno do 30 de agosto e publicouse no BOP de Pontevedra do 6 de novembro.]]> Ordenanza do uso social da lingua galega no Concello de Moeche http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1342 O Concello de Moeche acaba de aprobar a súa Ordenanza do uso social da lingua galega. Tras a aprobación inicial o 16 de agosto e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 19 de outubro de 2018.]]> A CTNL solicita ao Concello de Val do Dubra que non suprima a praza de TNL da súa RPT http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1341 O Concello de Val do Dubra acaba de anunciar a aprobación inicial da modificación da súa relación de postos de traballo. Nela suprime a praza de técnico/a de normalización lingüística para transformala nun posto de técnico/a de Administración xeral. A CTNL pídelle que recúe nesta decisión, que supón a eliminación do SNL propio despois de 15 anos de existencia.]]> Só queda un mes para a cuarta edición do LGx15 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1340 O 15 de novembro, ás 18.00 h, chega á Sala Capitol de Compostela unha nova edición do LGx15. Oito novas intervencións que nos transmitirán de maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e propostas para influír nas actitudes e na conciencia lingüística. E haberá humor e música, claro!]]> A Deputación Provincial da Coruña organiza as xornadas Malas Linguas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1339 "O galego precisa redefinir a súa folla de ruta para activar falantes no século XXI". Para contribuír a ela, a Deputación da Coruña organiza as xornadas "Malas Linguas: activando falantes no século XXI", unha oportunidade para facer diagnose, analizar a situación actual e, desde aí, trazar, imaxinar e coller folgos para continuar o camiño da normalización lingüística do galego.]]> II Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na USC http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1338 A Universidade de Santiago de Compostela convoca o II Premio Luís Porteiro Garea, para recoñecer publicamente a persoas ou colectivos que contribuíron á normalización do uso do galego na universidade. O premio lembra a figura do profesor da cátedra de dereito civil e membro das Irmandades da Fala Luís Porteiro Garea, quen en setembro de 1915 pronunciou no Paraninfo da Universidade a primeira lección en galego de que se ten constancia.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Mondariz http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1337 O Concello de Mondariz acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 26 de maio e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 9 de outubro de 2018.]]> A competencia das entidades locais en normalización lingüística e os servizos de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1336 As entidades locais galegas teñen atribuídas competencias en materia de normalización lingüística mais desenvólvenas de forma dispar. Só as deputacións e medio cento de concellos contan con servizos técnicos para asesorar e guiar a institución na súa política lingüística; e esta escaseza de persoal técnico compleméntase cunha inestabilidade laboral xeneralizada. A CTNL reclama máis implicación das institucións para crearmos unha rede profesional e estable de servizos de normalización lingüística e mellorarmos conxuntamente o labor de promoción do uso e o prestixio da lingua.]]> Convocatoria dunha praza temporal de TNL no Concello de Nigrán http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1335 O Concello de Nigrán convoca unha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística . O contrato será de 12 meses e terá un horario semanal de 18,5 horas. Prazo para presentar solicitudes: até o 4 de setembro.]]> Contratación temporal dun/dunha técnico/a de normalización lingüística nos concellos de Castrelo de Miño e Baños de Molgas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1334 O agrupamento dos concellos de Castrelo de Miño e Baños de Molgas convoca unha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística ao abeiro das axudas da Xunta de Galicia. O sistema de selección será o concurso de méritos e o prazo de inscrición finaliza o 21 de agosto.]]> Praza de técnico/a de normalización en Abegondo: bases xerais e específicas da convocatoria http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1333 O Concello de Abegondo, tras o anuncio da oferta pública de emprego de 2017 e a publicación das bases xerais para a cobertura definitiva de varias prazas, publica hoxe no BOP as bases específicas para a cobertura definitiva dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. Despois producirase a publicación do anuncio no DOG e no BOE, data esta última que marcará o inicio do prazo de inscrición.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello das Neves http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1332 O Concello das Neves acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 7 de marzo e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 15 de xuño de 2018.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello do Grove http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1331 O Concello do Grove acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 26 de marzo e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 13 de xuño de 2018.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Tomiño http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1330 O Concello de Tomiño acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso da lingua galega. Tras o período de información pública do texto, o Pleno tomiñés aprobouna definitivamente o 24 de maio de 2018 e publicouna no BOP de Pontevedra do 13 de xuño.]]> Informe sobre as competencias da Administración local en materia de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1329 Esta mañá presentouse na sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística o documento titulado Informe sobre a prestación do servizo de normalización lingüística pola Administración local en exercicio de competencia propia. O informe, elaborado pola Dirección Xeral de Administración Local, determina que “tanto a Xunta de Galicia como as entidades locais de Galicia teñen atribuídas competencias en materia de normalización lingüística”.]]> Este verán... en Carballo estaremos traballando na calidade da lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1328 Chega un novo curso de verán organizado pola Universidade da Coruña coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, do Concello de Carballo e da CTNL. Este ano non tratará sobre dinamización lingüística, senón que se dedicará á análise da calidade da lingua e a facer propostas e divulgar ferramentas de mellora. Será no Fórum Carballo o 18 e o 19 de xullo. A matrícula está aberta até o 15 de xullo.]]> A CTNL reclama ao Concello de Vimianzo a continuación e a estabilización do SNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1327 Tras máis de tres meses desde que finalizou o proceso selectivo e case cinco sen servizo de normalización lingüística (SNL), o Concello de Vimianzo aínda non cubriu a praza de TNL convocada en xaneiro. A CTNL solicitoulle que cubra a praza e que dea estabilidade ao servizo de normalización lingüística.]]> A quen che gustaría oír no LGx15 deste ano? Proponnos candidatas/os! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1326 Lembras como foi a edición do ano pasado do LGx15?, e a de 2016?, e a primeira? Na CTNL xa comezamos a organizar a edición deste ano e queremos saber a túa opinión para decidir o programa. A quen che gustaría ter no escenario do LGx15 de 2018? Envíanos as túas propostas ata o 22 de maio a info@ctnl.gal e terémolas en conta para deseñar o programa definitivo.]]> Terceira edición do concurso de música infantil e xuvenil Quero Cantar! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1325 A Deputación Provincial da Coruña publicou as bases da terceira edición do concurso de música infantil e xuvenil "Quero Cantar", que ten como obxectivo promover e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical. O prazo é até o 19 de outubro de 2018. ]]> Chega a décimo quinta edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1324 Os SNL das tres universidades galegas, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan o XV Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras, para premiar ideas e campañas para fomentar o uso do galego no ámbito universitario. Prazo: até as 14.00 h do 25 de outubro de 2018]]> Aprobada a Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello da Estrada http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1323 O Concello da Estrada acaba de aprobar a súa Ordenanza municipal de normalización lingüística. Tras o período de información pública do texto, aprobouse definitivamente e publicouse no BOP de Pontevedra de hoxe.]]> Convocadas as axudas da Xunta de Galicia dirixidas ás entidades locais para promoveren o uso da lingua galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1322 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anunciou a convocatoria de subvencións ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega. O prazo para solicitar estas axudas remata o 2 de maio.]]> XIV Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1321 O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración con nove medios de comunicación escrita, convoca a décimo cuarta edición do seu Premio a artigos xornalísticos normalizadores. O prazo de admisión de artigos estará aberto até o 20 de abril.]]> Vídeos didácticos da USC, novo recurso para a docencia e a divulgación http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1320 A natureza ondulatoria da luz, Que é unha constitución, Illando a diversidade, Os ósos están vivos... Estes son algúns dos títulos cos que bota a andar a Colección de Vídeos Didácticos da USC, unha iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela que pretende colectar unha serie de pezas audiovisuais útiles para a docencia e a divulgación ao tempo que crear novas oportunidades de comunicación para o profesorado e o alumnado universitario.]]> XX Encontros para a Normalización Lingüística. Paso a paso, man con man. Deporte e lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1319 Os Encontros para a Normalización Lingüística chegan á súa vixésima edición. É unha efeméride para festexar, mais tamén para abordar a relación da nosa lingua co deporte. Será o 12 e o 13 de abril na sede do Consello da Cultura Galega no Pazo de Raxoi.]]> Grazas ás túas achegas o traballo da CTNL mellora! Anímaste a participar? http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1318 Tes unha chea de propostas e ideas que contribuirán a mellorar o traballo da CTNL: opinións sobre como enfocar un proxecto, suxestións de temas ou persoas para participar nunha xornada, experiencia para organizar actividades, propostas para mellorar unha campaña, tempo para botar unha man, ideas orixinais...]]> IX Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1317 A Deputación da Coruña publicou no BOP de hoxe a convocatoria da novena edición do premio “Rosalía de Castro” de Lingua. O obxectivo xeral deste galardón é recoñecer a promoción e dignificación desinteresada do noso patrimonio lingüístico. O prazo para presentar candidaturas finaliza o 30 de xuño.]]> Nova Xunta Directiva da CTNL e aprobadas as liñas de acción para 2018 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1316 O pasado 3 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral ordinaria da CTNL. Nela aprobáronse as liñas de acción para este ano 2018 e elixiuse unha nova Xunta Directiva.]]> Convocatoria dunha praza temporal de TNL no Concello de Outes http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1315 O Concello de Outes anunciou a convocatoria dunha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística, con vixencia do contrato até o 31 de decembro de 2018. O prazo para presentar solicitudes é de 8 días hábiles.]]> Convocatoria dunha praza de TNL no Concello da Estrada http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1314 O Concello da Estrada anunciou a convocatoria para a contratación temporal dun/dunha técnico/a de normalización lingüística. O sistema de selección é a oposición libre e o prazo para presentar solicitudes finalizaba inicialmente o 8 de marzo. Corrección: novo prazo de 10 días naturais desde o 16 de marzo]]> Convocatoria de subvencións para dinamización lingüística da Deputación Provincial de Pontevedra http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1313 No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de onte publicáronse as bases que rexerán as subvencións para a dinamización lingüística dirixidas ás entidades locais da provincia de Pontevedra. O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o 21 de febreiro e finalizará o 16 de marzo de 2018.]]> 3 de marzo, asemblea xeral da CTNL e xantar http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1312 O sábado 3 de marzo, a CTNL desenvolverá a súa Asemblea Xeral anual. Terá lugar a partir das 10:30 da mañá no espazo cultural A Nave de Vidán. Posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística no mesmo espazo, ao cal poden acudir socios/as e non socios/as.]]> Enreguéifate medra en Ames, Carballo, Santiago de Compostela e Teo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1311 O proxecto Enreguéifate, que o Concello de Santiago puxo en marcha o ano pasado para difundir a improvisación oral en verso e en galego, medra nesta súa segunda edición con novas actividades e novos municipios participantes. Os concellos de Ames, Carballo e Teo súmanse á organización do proxecto, que tamén estrea web: http://enregueifate.gal/]]> Bases para a formación dunha bolsa de emprego de TNL no Concello de Vimianzo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1310 O Concello de Vimianzo publicou no BOP da Coruña de hoxe o anuncio da convocatoria dun proceso selectivo para a cobertura temporal dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. A selección farase mediante concurso-oposición. O prazo para presentar solicitudes será de 8 días naturais (até o 29 de xaneiro).]]> A Deputación da Coruña publica as bases da convocatoria de subvencións para servizos de normalización lingüística durante 2018 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1309 A Deputación Provincial da Coruña anunciou no BOP do 19 de decembro de 2017 as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL durante o ano 2018, dirixida a entidades locais. Prazo para solicitar as axudas: até o 19 de xaneiro de 2018.]]> Mostra @ youtubeir@ que levas dentro! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1308 Chega a segunda edición de Youtubeir@s, o concurso organizado por servizos de normalización lingüística da Administración local e das tres universidades galegas para promover e visibilizar o uso do galego en Youtube. Xa está aberto o período de inscrición de vídeos e canles até o 15 de marzo de 2018. ]]> III Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no ensino http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1307 Os departamentos de Filoloxía Galega e de Didácticas Aplicadas da USC organizan as III Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no ensino, que este ano levan por título Ensinar galego desde o multilingüismo e a variedade. Enfoques e experiencias. Serán os días 17 e 18 de novembro. A inscrición é gratuíta e está aberta até o 8 de novembro.]]> Simposio ILG 2017, sobre a escrita en galego na Idade Moderna http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1306 Do 20 ao 22 de novembro terá lugar en Santiago de Compostela o Simposio ILG 2017, co título Calen barbas, falen cartas. A escrita en galego na Idade Moderna. Está organizado polo Instituto da Lingua Galega en colaboración co Consello da Cultura Galega. Inscrición até o 20 de novembro ás 12.00 h.]]> O 9 de novembro: nova edición do LGx15! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1304 O vindeiro 9 de novembro haberá unha nova edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua. Teremos outra vez oito presentacións que nos transmitirán de maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e consellos para influír nas actitudes e na conciencia lingüística. Haberá ademais humor e música, é dicir, consistirá nun evento festivo e divertido para reflexionarmos sobre o futuro da lingua. Será ás 18 h na Sala Capitol de Compostela.]]> Convocatoria de praza temporal de TNL no Concello de Outes http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1305 O Concello de Outes anunciou a convocatoria dunha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística. O prazo para presentar solicitudes é de 8 días hábiles.]]> Convocamos un obradoiro de deseño e maquetación de materiais básicos para a normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1302 A CTNL organiza un Obradoiro de deseño e maquetación de materiais básicos para a normalización lingüística. Impartirao Ruth Caramés Blanco (Fabaloba, S. Coop. Galega) e combinará sesións presenciais en Santiago de Compostela os días 26 e 27 de outubro con traballo a distancia.]]> II Xornada de Onomástica Galega no Museo de Pontevedra http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1303 A Real Academia Galega, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, organiza o vindeiro 30 de setembro a II Xornada de Onomástica Galega, que abordará os aspectos legais, sociais e lingüísticos dos nomes e dos apelidos. Terá lugar en sesións de mañá e tarde no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e non é necesaria inscrición.]]> Bases para a formación dunha bolsa de emprego de TNL no Concello da Pobra do Caramiñal http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1300 O Concello da Pobra do Caramiñal publicou no BOP da Coruña as bases que rexerán o proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de técnico/a de normalización lingüística. A selección farase mediante concurso-oposición. O prazo para presentar solicitudes será de 7 ou 10 días naturais (por erro aparecen os dous prazos no BOP).]]> A CTNL diríxese ao Concello de Nigrán para que non interrompa o SNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1301 O pasado 1 de setembro, a CTNL dirixiu un escrito ao Concello de Nigrán para solicitarlle que reconsiderase a decisión de interromper o SNL creado hai un ano ao abeiro das axudas da Deputación Provincial de Pontevedra.]]> Convocatoria urxente dunha praza temporal de TNL no Concello da Laracha http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1299 URXENTE: o Concello da Laracha anunciou o pasado venres, 25 de agosto, a convocatoria urxente dunha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística. Prazo para presentar solicitudes: 5 días naturais.]]> Volve o LGx15 e ti podes participar! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1298 Xa temos data para a vindeira edición do LGx15: o xoves 9 de novembro. E este ano temos unha proposta nova: queremos que teñas a palabra para influír no uso e prestixio da lingua. Podes ser ti (si, ti!) unha das persoas que interveña contando as súas experiencias, reflexións, propostas e ideas para o futuro da lingua. Inscríbete en info@ctnl.gal até o 17 de setembro.]]> As axudas para a normalización lingüística da Deputación Provincial de Pontevedra dirixidas ás entidades locais. Valoración da CTNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1297 Logo de dúas convocatorias (2016 e 2017) e as correspondentes resolucións (2016, 2017 e nota de prensa deste ano), a CTNL analiza a liña de axudas para a normalización lingüística da Deputación Provincial de Pontevedra dirixidas ás entidades locais.]]> A CTNL solicítalle ao Concello de Vigo a modificación das bases da bolsa de emprego para TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1296 A CTNL dirixiuse ao Concello de Vigo para solicitarlle a modificación das bases que regulan a creación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de técnicos/as de normalización lingüística. A petición da CTNL consiste na modificación do grupo de contratación, que debe ser A1.]]> Bolsa para a contratación de TNL no Concello de Vigo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1295 O Concello de Vigo publicou no BOP de hoxe as bases que rexerán a convocatoria dun proceso selectivo para nomeamentos interinos como técnico/a de normalización lingüística. A selección farase mediante oposición libre e o prazo para presentar solicitudes será de 20 días naturais.]]> Praza temporal de tradutor/a na Deputación de Ourense http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1294 A Deputación Provincial de Ourense publicou no BOP do 24 de xuño a convocatoria urxente dunha praza temporal de tradutor/a de lingua galega. O sistema de selección será o concurso e o prazo de inscrición até o 29 de xuño.]]> A CTNL pediulle ao Concello de Oroso a corrección das bases da convocatoria dunha praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1293 A CTNL dirixiuse ao Concello de Oroso para solicitarlle a modificación do exercicio práctico na convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. O suposto práctico consiste nunha tradución do castelán ao galego, o que non se axusta ás funcións da praza, que ademais veñen ben detalladas na convocatoria.]]> Foro de debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1292 O Consello da Cultura Galega organiza un foro de debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias con motivo dos 25 anos da súa aprobación. Desenvolverase os días 29 e 30 de xuño na sede do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar, praza do Obradoiro). ]]> A CTNL solicitoulle ao Concello de Cambre a modificación das bases da convocatoria dunha praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1291 A CTNL dirixiuse ao Concello de Cambre para solicitarlle a modificación da relación de funcións na convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística, así como a supresión de temas específicos non acordes coas funcións específicas dunha praza de TNL.]]> Bolsa de prácticas no Servizo de Normalización Lingüística de Ames http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1290 O Concello de Ames, a través do programa de formación da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), convoca unha bolsa de prácticas no seu Servizo de Normalización Lingüística, dirixida a titulados/as universitarios/as sen experiencia laboral e menores de 31 anos.]]> Convocatoria dunha praza de TNL no Concello de Oroso http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1289 O Concello de Oroso publicou no BOP de hoxe as bases que rexerán a convocatoria dunha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística. A selección farase mediante oposición e o prazo para presentar solicitudes será de 10 días hábiles desde a publicación da convocatoria no BOP.]]> I Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na USC http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1288 A Universidade de Santiago de Compostela crea un premio para recoñecer publicamente a persoas ou colectivos que contribuíron á normalización do uso do galego na universidade. O premio lembra a figura do profesor da cátedra de dereito civil e membro das Irmandades da Fala Luís Porteiro Garea, quen o día 16 de setembro de 1915 pronunciou no Paraninfo da Universidade a primeira lección en galego de que se ten constancia.]]> XIII Curso de verán de dinamización lingüística: traballando en lingua na música http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1286 O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua da UdC centrará este ano o seu programa na música. Terá lugar os días 19 e 20 de xullo no Fórum Carballo. Prazo de inscrición ampliado até o 16 de xullo.]]> Bases para a contratación dun TNL no Concello de Sada http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1285 O Concello de Sada publicou no seu web as bases que rexerán a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística en réxime de contratación laboral temporal. A selección farase mediante oposición e o prazo para presentar solicitudes será de 10 días naturais desde a publicación das bases no BOP da Coruña.]]> Bases para a contratación dun TNL no Concello de Arzúa http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1284 O Concello de Arzúa publicou no BOP as bases que rexerán a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística, a xornada parcial. A selección farase mediante oposición e o prazo para presentar solicitudes será de 10 días hábiles desde a publicación do anuncio da convocatoria no DOG.]]> Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación da Coruña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1283 O pasado 26 de maio o Pleno da Deputación Provincial da Coruña aprobou por unanimidade a Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación da Coruña. O texto completo pode consultarse no BOP de hoxe.]]> Tes ideas para promover a lingua?, estás a pensar nunha campaña?, preséntate ao XIV Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1282 Os SNL das tres universidades galegas, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan a décimo cuarta edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras, para premiar ideas e campañas para a promoción do galego. Prazo: até as 14.00 h do 27 de outubro de 2017]]> Participa no noso concurso en Twitter e axúdanos a #quesevexaogalego! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1281 Para contribuír a visibilizar e, ao mesmo tempo, reivindicar o uso do galego en todos os ámbitos, convocamos este concurso a través de Twitter. Este ano con tres premios! Mira aquí as bases... ]]> A Xunta convoca as subvencións para a promoción da lingua galega dirixidas a entidades locais http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1280 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca subvencións para a promoción do uso da lingua galega nas entidades locais (agás deputacións). O prazo para solicitalas está aberto até o 2 de xuño.]]> XIX Encontros para a Normalización Lingüística. Dereitos lingüísticos, unha garantía pendente? http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1279 En menos dun mes, á volta da Semana Santa, chega a nosa cita anual cos Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) coa colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL). Serán en Santiago de Compostela, no Pazo de Raxoi, o xoves 20 e o venres 21 de abril.]]> Entre todas e todos melloramos os proxectos da CTNL! Participas? http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1278 Tes unha chea de propostas e ideas para mellorar o traballo da CTNL: opinións sobre como enfocar un proxecto, suxestións de temas ou persoas para participar nunha xornada, experiencia para organizar actividades, propostas para mellorar unha campaña, tempo para botar unha man, ideas orixinais...]]> Chega o XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1277 O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración con nove medios de comunicación escrita, convoca a décimo terceira edición do seu Premio a artigos xornalísticos normalizadores, este ano cunha maior dotación económica. O prazo de admisión de artigos está aberto até o 17 de abril.]]> Axudas da Deputación de Pontevedra para a dinamización lingüística dirixidas a entidades locais http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1276 A Deputación Provincial de Pontevedra anuncia a liña de axudas de 2017 para a dinamización lingüística dirixidas a entidades locais de até 50.000 habitantes. As bases publicáronse no BOP de hoxe e o prazo para presentar solicitudes finaliza o 31 de marzo de 2017. ]]> VIII Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1275 A Deputación da Coruña acaba de publicar no BOP a convocatoria da oitava edición do premio “Rosalía de Castro” de Lingua. O obxectivo xeral deste galardón é recoñecer a promoción e dignificación desinteresada do noso patrimonio lingüístico. O prazo para presentar candidaturas finaliza o 30 de xuño.]]> Bolsa de emprego de TNL no Concello de Narón http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1274 O Concello de Narón publicou no BOP da Coruña de hoxe a inclusión na bolsa de traballo de 2017 dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. O prazo para presentación de solicitudes é de 20 días naturais.]]> 11 de febreiro, asemblea xeral e xantar http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1273 O sábado 11 de febreiro a CTNL desenvolverá a súa Asemblea Xeral anual. Terá lugar a partir das 11:30 da mañá no espazo cultural A Nave de Vidán. Posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística no mesmo espazo, ao que poden acudir socios/as e non socios/as.]]> Bases da convocatoria de subvencións da Deputación da Coruña para servizos de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1272 A Deputación Provincial da Coruña anunciou hoxe as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL, dirixida a concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais. Prazo de presentación de solicitudes: até o 31 de xaneiro.]]> Aprobada a Ordenanza para o impulso da lingua galega no concello de Betanzos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1271 O Concello de Betanzos acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso da lingua galega. Tras o período de información pública do texto, aprobouse definitivamente e publicouse no BOP da Coruña de hoxe. ]]> Convocatoria dunha praza de TNL no Concello de Abegondo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1270 O Concello de Abegondo anunciou a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. A selección de aspirantes farase mediante un concurso de méritos e unha entrevista (opcional). O prazo para presentar solicitudes é de 8 días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP da Coruña. ]]> Convocatoria dunha praza de TNL para o Concello de Rianxo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1269 O Concello de Rianxo anuncia a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. A selección farase mediante un concurso-oposición e o prazo para presentar solicitudes é do 12 até o 16 de decembro de 2016. ]]> Chega Youtubeir@s, o novo proxecto colaborativo dos SNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1268 Youtubeir@s ten como principal obxectivo incrementar a presenza da nosa lingua na rede Youtube. É unha iniciativa dirixida a maiores de 14 anos e está organizada polos servizos de normalización lingüística de once concellos e das tres universidades galegas. Inclúe un concurso de vídeos e formación específica de videocreación.]]> Volve LGx15. Ideas para o futuro da lingua! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1267 O vindeiro 24 de novembro haberá unha nova edición de LGx15. Ideas para o futuro da lingua. Desta vez contaremos con oito presentacións que nos transmitirán de maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e consellos para influír nas actitudes e na conciencia lingüística. Haberá ademais humor e música, é dicir, consistirá nun evento festivo e divertido para reflexionarmos sobre o futuro da lingua. Será ás 18 h e de novo na Sala Capitol de Compostela.]]> A CTNL solicita a mellora das axudas para a normalización lingüística da Deputación de Pontevedra http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1266 A CTNL dirixiuse á Delegación de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra para solicitarlle melloras en próximas convocatorias de axudas para a normalización lingüística desde a entidade provincial. Desde a CTNL propoñemos modificacións co fin de promover o traballo técnico en normalización lingüística a través de SNL estables, dotados de persoal e orzamento suficiente, pois só desta maneira se poden planificar, xestionar, executar e avaliar accións e programas de normalización lingüística con visión de futuro e de maneira estrutural.]]> Simposio ILG 2016: Antroponimia e lexicografía http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1265 Do 24 ao 26 de outubro terá lugar en Santiago de Compostela o Simposio ILG 2016: Antroponimia e lexicografía. Está organizado polo Instituto da Lingua Galega en colaboración co Consello da Cultura Galega.]]> Nova edición do Obradoiro de pensamento creativo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1264 A CTNL organiza unha nova edición do Obradoiro de pensamento creativo baseado no método CPS (Creative Problem Solving). Impartirao Natalia Nogueira en Santiago de Compostela o 9 e o 10 de novembro de 2016.]]> Xornada sobre responsabilidade social corporativa en galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1263 O Consello da Cultura Galega organiza a xornada “Responsabilidade social corporativa en galego” o 18 de outubro de 2016 en Santiago de Compostela, co fin de analizar a responsabilidade social corporativa como instrumento para incorporar valores culturais e lingüísticos á xestión empresarial.]]> Ordenanza para o impulso da lingua galega no Concello de Ponteceso http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1262 O Concello de Ponteceso acaba de aprobar a Ordenanza para o impulso da lingua galega no Concello de Ponteceso. Tras a fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 14 de setembro de 2016.]]> Aprobada a Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación de Lugo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1261 No BOP de Lugo de onte, 14 de setembro, publicouse a Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación de Lugo. ]]> Xornada de Onomástica Galega no Museo de Pontevedra http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1260 A Real Academia Galega e a Deputación de Pontevedra organizan o vindeiro 17 de setembro unha xornada para promover a recollida de microtoponimia. Terá lugar en sesións de mañá e tarde no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e non é necesaria inscrición.]]> Desta vez si..., subimos ao Pindo! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1259 Intentámolo hai tres anos e a néboa non nos deixou. Agora probamos de novo e esperamos ter mellor sorte. O 24 de setembro cargaremos baterías despois do verán subindo ao Olimpo Celta! ]]> Propostas da CTNL para as eleccións galegas do 25 de setembro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1258 A CTNL enviou ás principais organizacións políticas que se presentan ás eleccións ao Parlamento de Galicia do 25 de setembro de 2016 diversas propostas en materia de política lingüística. Nelas recóllense aspectos como o labor transversal en normalización lingüística, a necesidade do traballo técnico dos SNL, a formación de adultos, etc.]]> Formación dunha bolsa de traballo para TNL no Concello de Cedeira http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1257 O Concello de Cedeira publicou no BOP da Coruña de hoxe as bases específicas para a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos como técnico/a de normalización lingüística. Prazo de presentación de solicitudes: 20 días naturais. ]]> Convocatoria dunha praza de TNL no Concello de Nigrán http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1256 O Concello de Nigrán convoca unha praza de técnico/a de normalización lingüística ao abeiro das axudas para a dinamización lingüística da Deputación de Pontevedra. O contrato será de 12 meses e terá un horario semanal de 16,5 horas. Prazo para presentar solicitudes: 7 días hábiles desde a publicación do anuncio no Faro de Vigo.]]> Para irmos #traballandoenlingua no ámbito socioeconómico http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1255 Publicamos as conclusións do XII Curso de verán sobre dinamización lingüística "Traballando en Lingua", centrado este ano no sector socioeconómico. O curso, organizado pola Universidade da Coruña coa colaboración da SXPL, o Concello de Carballo e a CTNL, tivo lugar en Carballo o 6 e 7 de xullo.]]> Hitzargiak. Observando as luces doutras linguas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1254 [Nel Vidal cóntanos a súa experiencia no encontro Hitzargiak (falamos desta iniciativa aquí e aquí), que tivo lugar en Hernani o 23 e o 24 de xuño. Foi convidado a este foro para presentar o proxecto Apego, unha das boas prácticas galegas seleccionadas polo Comité Científico de Hitzargiak.]]]> A CTNL solicita a mellora na planificación e xestión dos cursos preparatorios para as probas Celga http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1253 A sexta parte de cursos que en 2010, convocatoria sen datas de probas anunciadas, falta de planificación e sen cooperación cos SNL, prazo de inscrición en datas inadecuadas, grupos demasiado numerosos e desiguais... Por estes motivos, desde a CTNL solicitámoslle á SXPL a mellora na planificación e xestión da formación en lingua galega e a inmediata convocatoria das probas Celga.]]> Encontro Hitzargiak: 23 e 24 de xuño en Hernani http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1252 Tras a compilación de boas prácticas no traballo de recuperación e promoción das linguas, chega a cita do encontro directo, da conversa, do intercambio persoal. Será en Hernani o 23 e o 24 de xuño. Neste encontro presentaranse as propostas galegas do Portal das Palabras, A memoria da lingua, Semente, Modelo Burela e o proxecto Apego.]]> A CTNL pediulle ao Concello de Muros a modificación das funcións na súa convocatoria de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1251 A CTNL dirixiuse ao Concello de Muros para solicitarlle que modifique a relación de funcións na convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. Tamén lle solicitou que se especifique o grupo laboral da praza.]]> Aprobada a Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Teo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1250 O Concello de Teo acaba de aprobar a Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Teo. Tras a fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 7 de xuño de 2016. ]]> Traballando en lingua no ámbito socioeconómico http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1249 O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua da UdC centrará este ano o seu programa na situación da lingua no ámbito socioeconómico. Terá lugar os días 6 e 7 de xullo no Fórum Carballo. Prazo de inscrición aberto até o 30 de xuño.]]> Convocatoria dunha praza de TNL no Concello de Muros http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1248 O Concello de Muros anuncia a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. O contrato será en réxime de interinidade . Prazo para presentar solicitudes: até o 17 de xuño de 2016. ]]> Convocamos un obradoiro de pensamento creativo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1247 A CTNL organiza un Obradoiro de pensamento creativo baseado no método CPS (Creative Problem Solving). Impartirao Natalia Nogueira e será en Santiago de Compostela os días 30 de xuño e 1 de xullo de 2016.]]> A CTNL solicita ao Concello da Estrada a continuación do proceso selectivo para a praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1246 Tras máis de sete meses co proceso selectivo paralizado, a CTNL dirixiu un escrito ao Concello da Estrada para solicitar que se retome e se resolva o máis axiña posible o proceso selectivo para cubrir unha praza de técnico/a de normalización da lingua (TNL).]]> Convocatoria dunha praza de TNL no Concello de Redondela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1245 No BOE do 16 de maio de 2016 publicouse o anuncio da convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Redondela como persoal laboral fixo. Prazo para presentar solicitudes: 20 días naturais desde o día seguinte á publicación no BOE. ]]> A CTNL solicita ao Concello de Redondela que modifique as bases específicas para a convocatoria dunha praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1244 Ante a publicación no BOP de Pontevedra das bases específicas para a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización da lingua do subgrupo A2, para a que se pide grao ou diplomatura e Celga 4, a CTNL dirixiu un escrito ao concello redondelán para solicitar a corrección destas bases.]]> Volve ao Twitter o concurso para Que se vexa! O galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1243 Para contribuír a visibilizar e, ao mesmo tempo, reivindicar o uso do galego en todos os ámbitos, convocamos este concurso a través de Twitter. Mira aquí as bases... ]]> XIII Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras: as túas ideas teñen premio http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1242 Os SNL das tres universidades galegas, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan a décimo terceira edición do Premio "Luísa Villalta” a Iniciativas Normalizadoras, para premiar ideas e campañas para a promoción do galego. Prazo: até as 14:00 do 28 de outubro de 2016]]> Para festexarmos as Letras Galegas, propomos de novo Que se vexa! o galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1241 Desde a CTNL volvemos propor que se utilice a celebración das Letras Galegas para dar máis visibilidade á nosa lingua en todas as situacións sociais. Con este fin retomamos o mesmo lema e logo do ano pasado, porque continuamos a pedir Que se vexa! O galego. A proposta enviarase a concellos, institucións, centros de ensino, entidades, etc.]]> Convocatoria de axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1240 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca subvencións para a promoción do uso da lingua galega nas entidades locais (agás deputacións). O prazo de solicitude está aberto até o 19 de maio.]]> Medra o Apego á lingua: o proxecto Apego amplíase a 23 concellos e a unha poboación de máis do millón de habitantes http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1239 Tras facer un ano, o proxecto Apego medra ata acadar os 23 concellos. O 9 de abril terá lugar o acto de adhesión dos novos membros, no Centro Ágora, ás 12:00. O Concello da Coruña agasallará as persoas asistentes cun concerto de “Arrolos de salitre”, con Xabier Díaz e Guillerme Fernández. ]]> Que ben traballamos en grupo! Grazas ás túas achegas os proxectos melloran. Anímaste a participar? http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1238 Tes unha chea de propostas e ideas para mellorar o traballo da CTNL: opinións sobre como enfocar un proxecto, suxestións de temas ou persoas para participar nunha xornada, experiencia para organizar actividades, propostas para mellorar unha campaña, tempo para botar unha man, ideas orixinais...]]> Hitzargiak. Linguas que se iluminan mutuamente http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1237 Hitzargiak é un proxecto enmarcado na Capitalidade Europea da Cultura de Donostia 2016 e ten como obxectivo compilar accións europeas de revitalización lingüística para favorecer o intercambio de información entre as comunidades lingüísticas. Inclúe accións como o Modelo Burela, Gústame o galego ou Apego.]]> XVIII Encontros para a Normalización Lingüística. Nas bocas do futuro: mocidade e lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1236 Chega unha nova edición dos Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG). Serán os vindeiros 14 e 15 de abril en Santiago de Compostela.]]> VII Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1235 A Deputación da Coruña volve convocar o premio “Rosalía de Castro” de Lingua, que neste ano 2016 chega á súa sétima edición. O obxectivo xeral deste galardón é recoñecer a promoción e dignificación desinteresada do noso patrimonio lingüístico.]]> Premio ao mellor proxecto de webserie en galego no Carballo Interplay http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1234 O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay convoca nesta III edición un premio ao mellor proxecto de webserie en galego, co obxectivo de incentivar a produción audiovisual na nosa lingua.]]> XII Xornada Científica Realiter: Terminoloxía e Normalización, en Santiago de Compostela o 9 e o 10 de xuño de 2016 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1233 A Rede Panlatina de Terminoloxía vai desenvolver a XII edición da súa Xornada Científica en Santiago de Compostela os días 9 e 10 de xuño de 2016, dedicada a “Terminoloxía e Normalización”.]]> XII Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1232 O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración con diversos medios de comunicación escrita, convoca a décimo segunda edición do seu Premio a artigos xornalísticos normalizadores. O prazo de admisión de artigos está aberto até o 14 de abril.]]> Concesión provisional de subvencións para creación, mantemento e reforzo de SNL na provincia da Coruña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1231 O BOP da Coruña publicou o 7 de marzo de 2016 a resolución pola que se conceden provisionalmente subvencións a concellos e outras entidades locais da provincia para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística durante o ano 2016.]]> Axudas para a creación de servizos de normalización lingüística nos concellos de Pontevedra e para a dinamización lingüística por parte de entidades http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1230 A Deputación de Pontevedra publica dúas liñas de axudas para a dinamización do galego na provincia: para a creación de servizos de normalización en concellos e para accións de dinamización lingüística por parte de entidades sociais. O prazo de solicitude remata o 15 de abril e o 23 de marzo, respectivamente]]> Anxos Sobriño, nova presidenta da CTNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1229 Na Asemblea Xeral que tivo lugar o sábado 20 de febreiro foi elixida, por unanimidade, a nova directiva da CTNL, que encabeza Anxos Sobriño, con Rosa Moreiras como secretaria e Queca Carballo como tesoureira.]]> Asemblea, vermú e xantar de 20 aniversario da CTNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1228 Vinte anos non é pouco. Vinte anos non é nada. Nestes días celebramos os 20 anos da CTNL... Si, 20 anos! E, claro, queremos celebrar contigo este tempo de traballo en lingua e queremos facelo de dúas maneiras... Cunha festa sesión vermú e cun xantar!]]> Vinte anos da CTNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1227 Da primeira asemblea da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), que tivo lugar o 10 de febreiro de 1996, cúmprense hoxe vinte anos... Vinte anos de ideas, proxectos, cursos, propostas, encontros, denuncias, ilusións, xuntanzas, campañas... Vinte anos impulsando o traballo en lingua. [Vídeo conmemorativo no interior]]]> A CTNL reclama estabilidade e condicións salariais axeitadas para a normalización lingüística en Vimianzo e Zas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1226 Ante o despedimento en decembro e a posterior convocatoria, en condicións precarias, dunha nova praza en xaneiro de técnico/a de normalización lingüística para Vimianzo e Zas, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) solicita que se lle dea estabilidade ao Servizo de Normalización Lingüística deses dous concellos, e que se faga nas condicións laborais axeitadas]]> A CTNL denuncia o atraso das probas Celga e a centralización do lugar de realización dos exames http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1225 Ante a recente convocatoria das probas do Celga en lingua galega a CTNL solicita, unha vez máis, as melloras necesarias en todo o proceso da convocatoria ]]> LGx15: Charlas, música e humor para o futuro da lingua. O mércores 25 de novembro na Sala Capitol de Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1224 Seis persoas terán un máximo de 15 minutos para, de maneira visual, tratar diversos temas relacionados co futuro da lingua. Serán Xurxo Mariño, Lara Tigre, Luís Iglesia, Xosé Lois Vilar, Carmen Grimaldi e Manuel N. Singala. E, intercaladamente, tamén haberá música e humor da man de Lucía Aldao e María Lado, Xenderal e Alba María. As entradas anticipadas xa están á venda por 6 euros]]> Convocatoria de subvencións da Deputación da Coruña para servizos de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1223 A Deputación da Coruña convoca axudas económicas para a creación, mantemento e reforzamento de servizos de normalización lingüística (SNL) nos concellos da provincia de 7.000 ou máis habitantes ou agrupacións que cheguen a esa cifra. O prazo de solicitude está aberto até o 18 de decembro]]> Encontro de política lingüística municipal. 16 de novembro en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1222 Actualizar o entusiasmo e activar colaborativamente a implicación dos concellos no fomento do galego son os principais obxectivos do Encontro de política lingüística municipal que terá lugar o luns 16 de novembro no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela]]> Obradoiro de aproveitamento das redes sociais para a normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1221 Desde a CTNL convocamos dúas edicións dun obradoiro para aproveitarmos máis e mellor as redes sociais para a normalización lingüística. Terán lugar en Pontevedra (o martes 20 de outubro) e en Santiago de Compostela (o xoves 22 de outubro), e o prazo de inscrición está aberto até o día 8 deste mes]]> XVII Encontros para a normalización lingüística. 15 e 16 de outubro en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1220 Un ano máis, o Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega organiza os Encontros para a normalización lingüística, que chegan á súa XVII edición e que terán lugar os días 15 e 16 de outubro en Santiago de Compostela]]> URXENTE. Convocatoria para a contratación de técnico/a de normalización lingüística na Estrada http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1219 O Concello da Estrada convocou un proceso selectivo para a contratación temporal, até a reincorporación do titular da praza, dun técnico ou técnica de normalización lingüística. O prazo que fixaron é tan só de 5 días, e remata o 23 de setembro]]> Ante a reducida, tardía, dificultosa e descoordinada convocatoria de cursos Celga, solicitamos a mellora na súa planificación e xestión http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1218 A sexta parte de cursos que en 2010, convocatoria moi tardía e sen datas de probas anunciadas, falta de planificación e coordinación, prazo de inscrición demasiado limitado e en pleno agosto, grupos demasiado numerosos e desiguais, desconsideración dos servizos de normalización lingüística... Por estes motivos, desde a CTNL solicitámoslle á SXPL a mellora na planificación e xestión da formación en lingua galega e a inmediata convocatoria das probas Celga.]]> Dúas bolsas e tres contratos en lectorados de galego de universidades http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1217 A Xunta de Galicia convoca tres contratos para os lectorados de galego das universidades do País Vasco, Oxford e Birmingham, e mais dúas bolsas para os da Universidade Federal da Bahía e da Universidade da Sorbona Nova-París III. O prazo de solicitude remata o 27 de xullo]]> A Universidade de Vigo aproba o seu Regulamento do uso da lingua galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1216 O Consello de Goberno do 2 de marzo de 2015 da Universidade de Vigo aprobou un regulamento que fixa os usos lingüísticos tanto no ámbito interno coma externo, en usos orais e escritos e nos rexistros, publicidade, publicacións, docencia, investigación, contratacións e convenios, etc.]]> Convocadas oito bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1215 O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades convocou oito bolsas de formación en diversos proxectos. O prazo de presentación de solicitudes remata o 13 de agosto.]]> Para a implicación das deputacións no fomento do galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1214 Debido a que nas vindeiras semanas se constituirán os plenos e gobernos das deputacións, desde a CTNL remitímoslles nos últimos días a todas as organizacións políticas unha proposta para a implicación dos entes provinciais no fomento do galego. Coñece aquí en que consiste...]]> Mocidade e lingua... Non todo é fume! Curso de verán de dinamización lingüística #traballandoenlingua 2015 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1213 O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua centrará neste 2015 o seu programa nas mudanzas e afianzamentos lingüísticos na mocidade. Ten lugar os días 8, 9 e 10 de xullo no Fórum Carballo e o prazo de inscrición, con prazas limitadas, xa está aberto]]> A terminoloxía, unha necesidade da sociedade actual. Congreso internacional de terminoloxía en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1212 O II Congreso Internacional da Rede de Lexicografía (RELEX) terá lugar os vindeiros 5, 6 e 7 de outubro de 2015 en Santiago de Compostela, e está dedicado este ano á terminoloxía, campo de estudo fundamental para todas as linguas que queiran responder desde a súa identidade ás necesidades denominativas especializadas da sociedade actual]]> Tes unha idea para fomentar o galego? Pois pode ter premio! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1211 Tes unha boa idea para o fomento do galego? Anímaste a deseñar unha campaña de normalización? Pois se es membro da universidade, a túa proposta pode ter premio! O Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras chega á XII edición e outorga 1.200 euros á mellor campaña de normalización e 800 euros á mellor idea para a promoción do galego]]> III Congresso Internacional de Lingüística Histórica, en xullo en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1210 O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Universidade Federal da Bahia e a Universidade de São Paulo, organiza o III Congresso Internacional de Lingüística Histórica que ten lugar do 27 ao 30 de xullo en Santiago de Compostela]]> Concurso para Que se vexa! o galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1209 Para contribuír a visibilizar e, ao mesmo tempo, reivindicar o uso do galego en todos os ámbitos, convocamos este concurso a través de Twitter. Mira aquí as bases...]]> Convocatoria de subvencións para servizos de normalización lingüística (SNL) nos concellos de Lugo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1208 A Deputación de Lugo convoca unha nova liña de subvencións para que os concellos desa provincia poidan crear servizos de normalización lingüística. A cada concello concederáselle unha cantidade de entre 10.000 € e 20.000 € para a posta en marcha ou mantemento do SNL ata xuño de 2016. O prazo de solicitude remata o 5 de xuño]]> Convocatoria de axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1207 Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Vimianzo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1206 O Concello de Vimianzo anuncia o proceso público de concurso-oposición para a contratación dun/ha técnico/a de normalización lingüística, a xornada completa e até final de ano. O prazo de presentación de solicitudes remata o 14 de maio]]> Nace o proxecto Apego, para facilitar a socialización en galego desde a primeira infancia http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1205 Apego é un proxecto de dinamización lingüística desde o nacemento desenvolvido cooperativamente por doce concellos, a través dos seus SNL, co obxectivo de implicar as familias na valoración positiva da lingua para, así, incrementar a porcentaxe de nenos/as que adquiren o galego como lingua inicial e promover que o usen de maneira habitual.]]> Proposta da CTNL para os programas das eleccións municipais 2015 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1204 Desde a CTNL enviámoslles ás diversas organizacións políticas con implantación no país e mais ás candidaturas das sete cidades esta proposta, coa finalidade de que a teñan en conta para incorporar nos seus programas electorais, e que, polo tanto, se poida despois levar a cabo ou defender desde os concellos ]]> Para celebrar mellor as Letras Galegas, desde a CTNL propomos... Que se vexa! o galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1203 «Queremos unha lingua viva, útil, moderna, atractiva, visible. Queremos un idioma para tod@s. E queremos que se vexa! E a celebración das Letras Galegas debe servir para contribuír a visibilizar a lingua en todos os ámbitos e a dar unha imaxe máis moderna e atractiva do noso idioma.» Así comeza a proposta que a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) lle envía a todos os concellos, institucións, centros de ensino, entidades, etc.]]> Xornadas de Lingua e Literatura. 18 de abril en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1202 A CIG-Ensino e a AS-PG organizan en Santiago de Compostela as XXIV Xornadas de Lingua e Literatura, que teñen lugar o sábado 18 de abril no IES As Fontiñas]]> Linguas do estado alén do estado... Xornada de ensino popular en Santiago o 24 e 25 de abril http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1201 Para analizar o ensino popular en relación coa lingua, a Gentalha do Pichel organiza unhas xornadas que terán lugar en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de abril]]> Para o uso, prestixio, coñecemento e difusión da lingua, a dobraxe audiovisual é imprescindible http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1200 Para podermos gozar de películas na nosa lingua, para ter oferta de lecer en galego, para contribuír á difusión do noso maior patrimonio, para acceder a realidades alleas a través da nosa visión propia e da nosa principal ferramenta de comunicación, para facilitar o coñecemento da lingua, para facer que os principais referentes audiovisuais de todas as idades tamén falen galego..., queremos dobraxe, necesitamos dobraxe]]> Premio á publicidade comercial en galego en Santiago http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1199 O Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago organiza o III Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego, co obxectivo de fomentar o uso da nosa lingua na comunicación comercial. O prazo de inscrición remata o 30 de maio e o/a gañador/a recibirá un premio de 5.000 euros para desenvolver a campaña publicitaria proposta]]> Doce concellos procurarán mellorar a socialización en galego na infancia co proxecto Apego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1198 Ante a preocupante situación da adquisición, socialización e uso do galego nas idades máis temperás, doce concellos queren mudar as cousas e toman a iniciativa a través do proxecto Apego. Son A Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago de Compostela e Vigo]]> As túas achegas son necesarias para os proxectos que cómpre levarmos adiante. Participas? http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1197 Ti tes unha chea de propostas e ideas que desde a CTNL temos que aproveitar. Opinión de como enfocar un proxecto, suxestións de temas ou persoas para participar nunha xornada, experiencia en como organizar algo, propostas para mellorar unha campaña, tempo para botar unha man, ideas para facermos cousas...]]> Convocado o VI Premio Rosalía de Castro de lingua e cultura http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1196 A Deputación da Coruña convoca o VI Premio Rosalía de Castro de lingua e cultura 2015 para recoñecer aquelas iniciativas, persoas ou entidades que traballan a prol da promoción social e dignificación da lingua e cultura galegas. Pódense presentar propostas ata o 30 de abril]]> Carballo convoca o Premio a artigos xornalísticos sobre lingua, que chega á súa décimo primeira edición http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1195 O obxectivo deste Premio é incentivar a reflexión sobre a situación do galego. Outórgase un premio de 1.000 euros e a difusión do artigo gañador nos nove medios colaboradores. O prazo de admisión de artigos inéditos está aberto até o 15 de abril de 2015 ]]> A Mesa propón á sociedade seis medidas urxentes para a lingua galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1194 Ante os retrocesos na política de normalización lingüística e os últimos datos que amosan o descenso do uso do galego, A Mesa pola Normalización Lingüística propón seis medidas urxentes para recuperarmos a nosa lingua e reverter o proceso que a exclúe e que provoca a redución de utentes de galego]]> Liñas de acción da CTNL para 2015 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1193 Visibilización e defensa do traballo en normalización lingüística, varios cursos, unha xornada de transmisión de ideas para a lingua ou a continuidade de proxectos como Gústame o galego, Como cho digo ;-) ou Agasallo.eu, entre as liñas de acción da CTNL para este 2015]]> Unha chea de propostas coa nosa poeta e icona nacional como protagonista http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1192 Un libro en galego e unha flor. Iso, ou calquera outra cousa relacionada coa nosa poeta nacional, é o que, tal e como promove a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG), tamén animan a agasallar desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) o 24 de febreiro, Día de Rosalía, a través da plataforma Agasallo.eu, de propostas de regalos en galego. ]]> Sábado 28 de febreiro, asemblea xeral da CTNL e xantar http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1191 O sábado 28 de febreiro a CTNL desenvolverá a súa Asemblea Xeral anual. Terá lugar pola mañá en Santiago de Compostela, e posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística no mesmo espazo, A Nave de Vidán]]> Este 14 de febreiro, fain@ gozar coa lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1190 Hai mil maneiras de expresarlle amor ou paixón a alguén, a unha parella, estable ou pasaxeira, presente ou arelada. Pode ser día a día ou de xeito puntual... E sempre está ben facelo cunha sorpresiña, non? Pois o 14 de febreiro pode ser, por que non, unha data estupenda para facelo, para facer gozar coa lingua.]]> Polas fillas dos nosos fillos. Manifestación en defensa da lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1189 Este domingo 8 de febreiro, Santiago de Compostela acolle unha manifestación en defensa e posta en valor da lingua, convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego. Partirá ás 12.00 h desde a Alameda da capital galega, e percorrerá parte da cidade para chegar á praza da Quintana, onde intervirán diferentes persoas e onde haberá tamén varias actuacións]]> E Gústame o galego chega a... Barcelona! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1188 Aló onde hai xente á que lle gusta o galego é a onde procura chegar o fotocol da lingua, o posadoiro de Gústame o galego. E, neste caso, por vez primeira, estará fóra do país, mais onde tamén se estima moito o noso idioma. Este xoves, día 6, en Catalunya!]]> Convocamos un novo obradoiro de vídeos para a lingua! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1187 Cres que unha imaxe vale máis ca mil palabras? Pois nós non!, mais cremos que a imaxe tamén é moi importante, e a comunicación audiovisual, para a normalización lingüística, fundamental. Por iso, convocamos unha nova edición do obradoiro de creación de vídeos básicos, que terá lugar en novembro combinando sesión presenciais e sesións en liña]]> Simposio ILG 2014: A lingua galega no solpor da Idade Media http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1186 O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela organiza unha nova edición do seu simposio anual, que terá lugar entre o 13 e o 22 de novembro en Santiago. O prazo de inscrición está aberto até o 12 de novembro]]> As XI Xornadas Lingua e Usos analizan o papel da universidade na normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1185 A undécima edición das Xornadas de Lingua e Usos teñen lugar na Coruña do 26 ao 28 de novembro de 2014 e centran o seu programa en analizar a política lingüística da Universidade da Coruña e o papel das universidades no proceso de normalización da lingua galega]]> Un “kit” coas ferramentas básicas para a normalización lingüística xuntas e ordenadas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1184 Información básica para ter en conta antes de intervir, un decálogo de boas prácticas, información para traballar en rede ou materiais e información para a formación continua. Estas son algunhas das cousas que contén o actualizado “Kit para a normalización lingüística” que nos ofrece o Consello da Cultura Galega]]> Xornada sobre a publicidade en galego. O 23 de outubro en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1183 O Consello da Cultura Galega e a Fundación Galicia Empresa organizan unha xornada para analizar o estado de "A publicidade en galego". Terá lugar en Santiago de Compostela o xoves 23 de outubro]]> Denuncian que non teñen en conta os/as técnicos/as para avaliar o cumprimento da Carta Europea das Linguas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1182 A CTNL denuncia que o Comité de Expertos sobre linguas minoritarias non ten en conta o coñecemento, a visión nin a opinión dos/as técnicos/as que traballan no día a día no proceso de normalización lingüística nos diversos ámbitos e zonas do país]]> Xornada sobre experiencias e recursos para a normalización lingüística no ensino. 24 e 25 de outubro en Santiago http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1181 Nova Escola Galega (NEG) e a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) organizan as VII Xornadas de materiais e recursos educativos, que se centran este ano nas experiencias e recursos para a normalización lingüística. Teñen lugar en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de outubro]]> Dez anos do unánime e incumprido Plan xeral de normalización da lingua galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1180 Anunciouse en 2002 e despois dun proceso de redacción e discusión, votouse en sede parlamentaria o 22 de setembro de 2004 o Plan xeral de normalización da lingua galega, que foi aprobado por unanimidade. Cumpre agora 10 anos, mais os seus obxectivos están por cumprir e gran parte das súas medidas por poñer en marcha]]> Convocada unha nova edición do Curso de deseño e implementación de plans e accións de dinamización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1179 Convocamos a 2.ª edición deste curso de deseño e implementación de plans e accións de dinamización lingüística, que terá lugar todos os venres de outubro en Santiago de Compostela. O prazo de inscrición está aberto do 11 ao 22 de setembro]]> Proposta para que as deputacións se impliquen no proceso de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1178 A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL) envioulles ás deputacións provinciais unha proposta para que cumpran coa súa obriga legal e coa responsabilidade social no proceso de normalización da lingua galega. Propóñenlles que asuman a súa función de cooperar cos concellos para que estes poidan contar con servizos de normalización lingüística co obxectivo de incrementar o uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos sociais dos municipios e comarcas.]]> A nosa lingua, o noso país, estrea dominio na rede, o .gal! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1177 A nosa lingua, a nosa cultura..., o noso país está de noraboa. Xa podemos navegar con personalidade propia. A nosa achega á rede xa está identificada. Estreamos dominio propio en internet. Estreamos o .gal!]]> Convocatoria de contrato temporal a tempo parcial para o proxecto de cambio lingüístico do ILG http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1176 O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago convoca un contrato temporal a tempo parcial para transcricións e anotacións de gravacións no proxecto de cambio lingüístico no galego actual. A duración é de cinco meses e medio e o prazo de solicitude ata o 22 de xullo]]> XVI Encontros para a normalización lingüística. 24 e 25 de setembro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1175 O 24 e 25 de setembro de 2014 o Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, acolle unha nova edición, a XVI, dos Encontros para a normalización lingüistica. O prazo de inscrición está aberto até o 14 de setembro]]> Texto informativo de titores e titoras de cursos de linguaxes específicas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1174 Publicamos aquí un texto informativo redactado por un grupo de titoras e titores de cursos en liña de linguaxes específicas organizados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística]]> Entidades sociais e concello de Narón queren que o galego se visibilice nos medios http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1173 Despois da aprobación por unanimidade no pleno do Concello de Narón da declaración da campaña Como cho digo ;-), a través da que se pide que os medios de comunicación visibilicen o uso da nosa lingua, ten lugar este mércores 25 de xuño un acto público no que participarán diversos colectivos e persoas da localidade para se sumaren tamén a dicir que queren máis galego na prensa]]> Queres que mellore a formación en galego da poboación adulta? Pois dedícalle un minutiño... http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1172 Desde a Xunta de Galicia empeñáronse en poñer dificultades para a mellora do uso e prestixio da lingua galega, e semella que o queren seguir a facer, agora cun novo paso atrás na formación lingüística da poboación adulta. Queres contribuír a que rectifiquen? Pois dedica #unminutopologalego...]]> A CTNL denuncia a utilización de bolsas de formación para cubrir postos de traballo nos Lectorados de galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1168 Ante a recente convocatoria de Lectorados de galego feita pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) da Xunta de Galicia, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) denuncia «a utilización perversa de bolsas de formación para evitar contratar as/os traballadoras/es» e solicita que «se regule a situación de todos os Lectorados a través de contratos xustos e en igualdade de condicións»]]> Posto de técnico/a en tradución e interpretación na bolsa de emprego da Deputación de Pontevedra http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1167 A Deputación de Pontevedra selecciona persoal para contratacións temporais, e entre os postos ofertados está o de técnico/a en Tradución e Interpretación. O prazo remata o 2 de xuño]]> Para a transmisión interxeracional do galego: X Curso de verán de dinamización lingüística #traballandoenlingua. Carballo, 9-11 de xullo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1166 Cos obxectivos principais de coñecer e analizar condicionantes que rompen ou dificultan a transmisión interxeracional da lingua, de avaliar experiencias e de propor medidas de intervención que melloren a transmisión do galego, Carballo acolle un ano máis o Curso de verán de dinamización lingüística organizado pola UdC en colaboración coa CTNL. Ten lugar do 9 ao 11 de xullo e o prazo de matrícula xa está aberto]]> Seis bolsas e catro contratos en lectorados de galego en universidades europeas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1165 A Xunta de Galicia convoca catro contratos para os lectorados de galego das universidades de Estremadura, Deusto, Cork e Miño, e mais seis bolsas para os de Barcelona, Complutense de Madrid, Granada, Algarve, Padua e Roma. O prazo de solicitude remata o 22 de xuño]]> Convocatoria de axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1164 A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega, que este ano teñen un orzamento de 300.000 €, o máis baixo da historia. O prazo de solicitude está aberto ata o 14 de maio]]> Convocadas nove bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1163 O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades convocou nove bolsas de formación en diversos proxectos. O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de maio.]]> Santiago convoca o II Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1162 O Concello de Santiago de Compostela convoca o II Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego co fin de promover o uso do galego na comunicación do sector socioeconómico compostelán. O prazo remata o 15 de xuño]]> A CTNL ante a xestión da SXPL da Xunta cara ao desmantelamento do proceso de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1161 Despois do comezo co desmantelamento lexislativo, chegou o desmantelamento económico, técnico e humano. Unha xestión da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta que só pode ser entendida co obxectivo de desarticular o proceso de normalización da lingua galega. Desde a CTNL cremos que isto non pode seguir así e que, ou se dá un inesperado, inmediato e radical cambio a esta situación, ou o secretario xeral de Política Lingüística encargado de executar ese desmantelamento ten que asumir responsabilidades políticas e presentar a súa dimisión]]> Ponse en marcha Como cho digo ;-), para a visibilización do uso do galego na comunicación http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1160 Hai moitas máis persoas e entidades que usan normalmente o galego, do que os medios reflicten. Por iso se pon en marcha esta campaña, Como cho digo ;-), para visibilizar o uso do galego na comunicación. Para que se vexa a lingua galega nos medios]]> Martes 25, presentación da campaña Como cho digo ;-) http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1159 Nun acto público no espazo cultural da Nave de Vidán, en Santiago de Compostela, este martes 25 de marzo, ás 20.00 h, terá lugar a presentación de Como cho digo ;-), campaña de visibilización do uso do galego. No acto intervirán diversas persoas participantes na campaña]]> Exames para a obtención dos Celga en 2014 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1158 A Secretaría Xeral de Política Lingüística fai pública a convocatoria de probas para a obtención dos Certificados de lingua galega (Celga) en 2014. Hai unha única convocatoria e o prazo de matrícula está aberto até o 11 de abril]]> Igualando a lingua. Concurso de relatos do Concello de Cee para reflexionar sobre a normalización http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1157 As reflexións que axuden a comprender o significado da normalización da lingua galega teñen premio en Cee. O seu SNL convoca o concurso "Igualando a lingua", dirixido a maiores de 18 anos. O prazo de presentación remata o 31 de marzo]]> Probas de competencias clave de lingua galega niveis 2 e 3 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1156 A Xunta de Galicia convoca novas probas de avaliación en competencias clave de nivel 2 e 3, entre as que se atopan as de comunicación en lingua galega. As probas terán lugar o 24 de maio de 2014, e o prazo de solicitude está aberto ata o 10 de abril]]> A Xunta intenta prescindir do profesorado especializado na formación de galego para a acreditación Celga e ofrécelles os cursos a docentes de Lingua e Literatura de Secundaria http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1155 A Secretaría Xeral de Política Lingüística está intentando prescindir do profesorado específico dos cursos de galego para persoas adultas, que denunciou a súa precaria situación laboral, e quere botar man de profesorado funcionario de Lingua e Literatura Galegas de Secundaria, sen garantir a capacitación axeitada para a formación lingüística da poboación en xeral, e pagándolle como horas extras ]]> Convocado o V Premio Rosalía de Castro de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1154 A Deputación da Coruña convoca o V Premio Rosalía de Castro de lingua e cultura 2014 para recoñecer aquelas iniciativas, persoas ou entidades que traballan a prol da promoción social e dignificación do idioma galego. Pódense presentar propostas ata o 30 de abril]]> Liñas de acción da CTNL para 2014-2015 e renovación da xunta directiva http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1153 Este sábado 8 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral da CTNL, en que se aprobaron por unanimidade as liñas de acción do colectivo para o próximo exercicio e se elixiu xunta directiva para os dous vindeiros anos]]> O ILG convoca tres postos de traballo en varios proxectos lingüísticos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1152 A USC anuncia a contratación de persoal para colaborar en actividades e proxectos de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado no Instituto da Lingua Galega (ILG). O prazo de presentación de solicitudes remata o 17 de marzo]]> Tribo: ferramenta normalizadora de loita cotiá http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1151 Fartas de ver como os nosos nenos e nenas son as únicas do parque que falan en galego, nunha sorte de marxinación que fai que se extinga o idioma, e cansos de que nos espazos públicos a nosa voz non se escoite, non conte, un grupo de pais e nais de Compostela decidiu organizarse para mudar as cousas...]]> Bolsas de colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1150 A Universidade de Vigo convoca catro bolsas para a Área de Normalización Lingüística (ANL) destinadas á formación do estudantado, que participará nas actividades de dinamización, formación e planificación lingüística que se desenvolven na ANL. ]]> Sábado 8 de marzo, asemblea xeral da CTNL e xantar http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1149 O sábado 8 de marzo a CTNL desenvolverá a súa Asemblea Xeral anual. Terá lugar pola mañá en Santiago de Compostela, e posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística no mesmo espazo, A Nave de Vidán]]> Convocado o Premio a artigos xornalísticos normalizadores de Carballo, que chega á súa décima edición http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1148 Outorga un premio de 1.000 € e a difusión do artigo gañador nos nove medios de comunicación colaboradores. O obxectivo é incentivar a reflexión sobre a situación do galego e crear espazos nos medios para fomentar o uso e prestixio da lingua galega. O prazo está aberto até o 11 de abril de 2014 ]]> Os/as técnicos/as de normalización lingüística dos concellos piden a anulación da actual convocatoria de cursos Celga e unha mellor planificación por parte da Xunta http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1147 Ante a comunicación da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) da Xunta de Galicia relativa aos cursos de lingua galega preparatorios para as probas Celga 2014, técnicas e técnicos de normalización lingüística da administración local e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) piden que se anule esa convocatoria «pois o que consegue é dificultar cada vez máis que unha persoa que queira aprender galego poida facelo». Propoñen un novo método que lles facilite ás persoas interesadas a asistencia a cursos para a súa formación lingüística]]> Información sobre os cursos Celga en 2014 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1146 A Xunta de Galicia enviou nos últimos días unha comunicación informal aos concellos, a cal tamén foi publicada no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en relación aos cursos preparatorios para as probas Celga en 2014. Damos aquí algunha información sobre esa comunicación]]> Xornadas para repensar o currículo educativo de lingua e literatura galegas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1145 A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acolle as xornadas Repensando o curriculo educativo en Lingua e Literatura Galegas nun contexto social en mudanza, que terán lugar os días 21 e 22 de febreiro]]> A Xunta convoca o concurso de mensaxes de amor en galego Lingua de namorar http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1144 Co obxectivo de dinamizar o uso do galego nas relacións persoas da mocidade, a Xunta convoca unha nova edición de Lingua de namorar, concurso de mensaxes de amor para moz@s de até 35 anos. O prazo de presentación está aberto até o 23 de febreiro]]> Inspección de Traballo recoñece a relación laboral do profesorado Celga coa Xunta e insta a esta a unha contratación axeitada http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1143 A asemblea de profesorado de formación en galego de persoas adultas que organiza a SXPL leva tempo denunciando os problemas de planificación e xestión dos cursos, e tamén a precaria e irregular situación laboral. Agora acaban de dar a coñecer o informe da Inspección de Traballo (que publicamos aquí) en que lles dá a razón e que propón unha forte sanción económica á Xunta]]> Convocatoria de contrato de investigación xeolingüística no ILG http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1142 O Instituto da Lingua Galega (ILG) anuncia a convocatoria para a contratación de investigador/a para a edición e elaboración dos materiais galegos do Atlas Lingüístico da Península Ibérica (ALPI)]]> Convocatoria de axudas para o fomento do galego nos centros de ensino públicos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1141 A Consellería de Cultura e Educación convoca axudas para proxectos de fomento do uso do galego nos centros públicos durante o curso 2013-2014. O prazo de presentación de proxectos remata o 13 de febreiro]]> En vigor unha nova Ordenanza para o impulso social da lingua galega no concello de Carballo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1140 Coa finalidade de impulsar socialmente o uso e prestixio do galego en todos os ámbitos no municipio de Carballo, o seu Pleno aprobou, sen votos en contra e sen recibir alegacións, unha nova Ordenanza para o impulso social da lingua galega, que xa entrou en vigor]]> Agasallo.eu, unha plataforma na rede en que xa podes buscar regalos en galego de todo tipo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1139 Un disco, un xogo, unha camisola, un libro, unha cea, unha entrada a un concerto, un licor ou viño, unha subscrición, un dvd, unha fin de semana de turismo rural... En galego tes unha chea de opcións para elixir regalos, e a plataforma Agasallo.eu ten o obxectivo de propolas, difundilas e facer que a xente as coñeza e as teña sempre en conta]]> Praza de técnico/a de normalización lingüística na Deputación da Coruña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1138 A Deputación da Coruña convoca unha praza de técnico/a de normalización lingüística (A1), por consolidación de emprego. O prazo de presentación será de 20 días a partir da publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE)]]> De xoves a domingo, a CTNL en Pontevedra, no Culturgal http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1137 Este ano a CTNL xa imos para Pontevedra a véspera de comezar o Culturgal, e facémolo para recoller o Premio Xoán Manuel Pintos, concedido pola campaña Gústame o galego. E, de venres a domingo, estaremos no Pazo da Cultura, en Culturgal, onde o sábado pola mañá presentaremos a plataforma Agasallo.eu e pola tarde celebraremos o 1.º aniversario de Gústame o galego]]> Electrodomésticos San Luís é recoñecida co premio Abertos ao Galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1136 Abertos ao Galego, o proxecto da Mesa para a dinamización da lingua no ámbito empresarial, entregoulle o seu II Premio á cadea San Luís. O fundador da empresa retoma o negocio despois de que Darty, a multinacional que a mercara, decidise pechar as tendas. Xa no seu día fora un referente no uso do galego, e o lema do seu regreso é "Estamos de volta"]]> Convocatoria de subvencións para SNL da provincia da Coruña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1135 A Deputación da Coruña convoca subvencións a entidades locais para a creación ou mantemento de seus servizos de normalización lingüística durante o ano 2014. O prazo de solicitude remata o 10 de decembro de 2013]]> Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización. O 28 de novembro en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1134 O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago, en colaboración coa SXPL, organiza a sétima edición da xornada Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización, que ten lugar o 28 de novembro]]> Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa. Simposio e xornadas do ILG http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1133 Do 28 de novembro ao 3 de decembro o Instituto da Lingua Galega, en colaboración co Consello da Cultura Galega, organizan en Compostela o Simposio Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa, que inclúe unhas xornadas para o profesorado]]> A CTNL é recoñecida co premio Xoán Manuel Pintos pola campaña Gústame o galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1132 O Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua concédenlle o premio Xoán Manuel Pintos 2013 á campaña Gústame o galego, da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), así como á editorial Kalandraka]]> Nova edición do Premio Manuel Beiras para recoñecer o uso do galego nas empresas da capital galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1131 O Concello de Santiago e mais a Cámara de Comercio convocan a XIV edición do Premio Manuel Beiras, unha iniciativa que recoñece o uso do galego no ámbito empresarial compostelán. O prazo para presentar propostas está aberto até o 29 de novembro]]> O desmantelamento do galego por parte da Xunta non cesa nos orzamentos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1130 O goberno de Feijóo dedicaralle á lingua en 2014 menos dun terzo do que lle dedicaba o goberno de Fraga hai 20 anos, en 1993, tamén en época de recesión. Se a Xunta non modifica e incrementa notablemente estes orzamentos, non pode dicir que non ten nada en contra da lingua ]]> Organizamos un Obradoiro de creación de vídeos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1129 Desde a CTNL convocamos un Obradoiro de creación de vídeos básicos para a normalización lingüística. Terá lugar durante o mes de novembro, con dúas sesións presenciais (12 e 21 de novembro, en Santiago de Compostela) e varias en liña. O prazo de inscrición vai do 23 ao 29 de outubro]]> Convocatoria de bolsa de formación en publicacións no Parlamento http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1128 O Parlamento de Galicia anuncia a convocatoria dunha bolsa dun ano de duración no seu Servizo de Publicacións. O prazo de solicitude está aberto até o 3 de novembro ]]> XIV Xornadas de expresión oral Tíralle da lingua. O sábado 16 de novembro en Santiago http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1127 O 16 de novembro o IES As Fontiñas de Santiago acolle as XIV Xornadas de expresión oral Tíralle da lingua, da AS-PG, e nas que interveñen Francisco Castro, Quico Cadaval, Pilar Ponte, Fran Godón e Pablo Carracedo]]> X Xornadas de lingua e usos da UdC: Lingua e teatro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1126 O SNL da UdC organiza as X Xornadas de lingua e usos, que este ano centran o seu programa na lingua e o teatro. Terán lugar na Facultade de Filoloxía da Coruña do 27 ao 29 de novembro]]> VI Xornadas de recursos educativos en galego: A educación social http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1125 A Facultade de Ciencias da Educación da USC acolle os días 8 e 9 de novembro as VI Xornadas de recursos educativos en galego, centradas este ano na educación social]]> Gústame o galego, a campaña que non para de sumar apoios para a normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1124 Xa son máis de 5.000 as persoas que participaron sacando e difundindo unha foto cun lema en apoio ao proceso de normalización da lingua galega, máis de 10.000 as persoas seguidoras en Facebook, máis de 50 as sesións de photocall, e un alcance na rede que, nalgunhas semanas, rolda as 70.000 persoas]]> O Campus de Lugo da USC acolle o Foro Proxéctate en Galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1123 As comisións de normalización lingüística do Campus de Lugo da USC organizan o Foro 2013 Proxéctate en Galego, un espazo de reflexión e debate sobre a normalización do idioma galego destinado á comunidade universitaria que terá lugar do 18 ao 20 de outubro]]> Contratación temporal de técnico/a de normalización en Vigo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1122 O Concello de Vigo anuncia a contratación laboral temporal, por acumulación de tarefas, de técnico/a de normalización lingüística, por un período de dous meses e medio. O prazo de solicitude remata o 8 de outubro.]]> Xornadas Educación e Linguas: 30 anos da Lei de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1121 A Universidade de Santiago de Compostela organiza as V Xornadas Educación e Linguas. 30 anos da Lei de normalización lingüística de Galicia. Desenvolveranse os días 25 e 26 de outubro de 2013 na Facultade de CC. da Educación, co obxectivo principal de analizar a implementación da Lei de normalización lingüistica]]> Vigo crea o Centro Municipal de Interpretación da Oralidade en galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1120 O Concello de Vigo creou o Centro de Interpretación da Oralidade, para recuperar, poñer en valor e transmitir o patrimonio inmaterial das tradicións orais galegas. A actividade do centro arrancará o 2 de outubro]]> II edición do Premio Empresarial Abertos ao Galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1119 A Mesa pola Normalización Lingüística convoca por segundo ano o Premio Abertos ao Galego, un galardón co que se recoñece unha empresa que destaque polo uso normal do idioma do país. O prazo para a presentación de candidaturas remata o día 31 de outubro de 2013]]> Co galego até a fin do mundo! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1118 Co lema Co galego até a fin do mundo!, a plataforma cidadá Queremos Galego organiza unha marcha a prol da lingua que ten lugar este sábado 21 de setembro en Fisterra. Parte ás 11 da mañá na Cruz de Baixar e remata no Faro de Fisterra, cun percorrido de 4 km]]> O Parlamento Europeo pide un maior compromiso dos gobernos coas linguas minorizadas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1117 O Parlamento Europeo aprobou o 11 de setembro de 2013 unha Resolución sobre as linguas europeas ameazadas, a través da que lles pide aos estados maior atención e que se comprometan coa preservación da diversidade lingüística implementando políticas de revitalización dos idiomas ameazados]]> Contratación temporal de técnico/a de normalización lingüística no Concello da Estrada http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1116 Outra vez, o Concello da Estrada anuncia a contratación temporal só por dous meses, até o mes de setembro, dun técnico ou técnica de normalización lingüística. O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de agosto]]> Na procura de maior participación e implicación no proceso social de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1115 Como acadar a implicación cidadá en procesos sociais como o de normalización lingüística? Para iso está este Curso de verán sobre participación, implicación e traballo colaborativo que ten lugar en Carballo do mércores 17 ao venres 19 de xullo, e do que se fai seguimento nas redes sociais a través do hashtag #traballandoenlingua.]]> Praza de tradutor/a experto/a en galego no Concello de Lugo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1114 O Concello de Lugo convoca, por consolidación de emprego, unha praza de tradutor/a experto/a en galego. O prazo de solicitude remata o 1 de xullo]]> A partir de comezos de 2014 poderemos usar o .gal http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1113 A ICANN, organismo que goberna a rede, aprobou o dominio para a lingua e cultura galegas, o .gal, que está previsto que se poida comezar a utilizar xa a comezos de 2014 en sitios web que usen o galego]]> Convocadas nove bolsas de formación no Centro Ramón Piñeiro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1112 A Xunta convoca nove bolsas de formación en diversos proxectos do Centro Ramón Piñeiro de Investigación en Humanidades. O prazo de solicitude está aberto ata o 18 de xullo]]> Para curiosear, coñecer, aprender, xogar..., as palabras xa teñen portal http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1111 Poñémoslle nome a todo o que nos arrodea ou imaxinamos. Denominamos o que existe e o que non. As palabras evocan o mundo todo e fan que as nosas neuronas faísquen para que obxectos, seres e situacións pasen pola cabeza... E naceu O Portal das Palabras, iniciativa da RAG para a difusión do léxico galego]]> Convocados lectorados de galego en oito universidades http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1110 A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta convoca prazas nos lectorados de galego de oito universidades: Autónoma de Barcelona, Estremadura, Salamanca, Cristiana Albertina de Kiel, Heidelberg, Leipzig, Gales e Varsovia. O prazo de solicitude remata o 13 de xullo]]> Contratación temporal de técnico/a de normalización para os concellos de Carballedo e Cea http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1109 O Concello de Carballedo anuncia a contratación por tres meses e a tempo parcial de técnico/a de normalización lingüística para Carballedo e Cea. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días naturais, contados a partir da publicación do anuncio no boletín oficial da provincia]]> Coñece e colabora nos proxectos do Viveiro de propostas normalizadoras 2013 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1108 Despois da xuntanza do Viveiro de propostas normalizadoras que tivo lugar o 29 de maio, publicamos agora os nove proxectos presentados, para que todas as persoas interesadas en colaborar con algún deles poidan facelo, anotándose para iso ata o 14 de xuño]]> Para botar a lingua de fóra..., subimos ao Pindo! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1107 Temos que seguir visibilizando a lingua! E, se cadra, tamén literalmente :-P. A xente que, dun ou doutro xeito, traballamos polo galego estamos acostumada aos esforzos, e de moitos tipos, e, como seguro que imos ter que seguir facéndoos, desde a CTNL propomos unha xornada de convivencia, saúde, natureza, paisaxe e, por que non, tamén cun chisco de esforzo conxunto. Así que, o sábado 22 de xuño, imos botar a lingua de fóra...: subimos ao olimpo Celta, ao Monte Pindo!]]> O Colexio de Avogados de Santiago, o Concello de Valga e Clodio González, premio Peña Novo polo fomento do galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1106 A Fundación Lois Peña Novo deu a coñecer os gañadores da XIX edición dos Premios Lois Peña Novo, pensados para animar o proceso de normalización lingüística nas administracións públicas de Galicia e mais nas empresas que manteñen relación directa coa Administración]]> Pola creatividade galega e a calidade lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1105 Comunicado da CTNL para que as administracións públicas desenvolvan as súas accións comunicativas desde o galego e con calidade lingüística, e para que a Xunta paralice as diferentes campañas nas que descoida a lingua e as reinicie desde o galego ]]> Curso de verán sobre toponimia: interpretación e actuación http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1104 O Instituto da Lingua Galega (ILG) organiza o Curso de verán Toponimia: interpretación e actuación, que terá lugar do 16 ao 19 de xullo en Santiago de Compostela]]> Curso de verán de dinamización lingüística: participación, implicación e traballo colaborativo. Carballo, 17-19 de xullo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1103 Co obxectivo xeral de coñecermos e procurarmos formas de participación, implicación e traballo colaborativo para a dinamización lingüística, Carballo acolle un ano máis o Curso de verán de dinamización lingüística organizado pola UdC en colaboración coa CTNL. Ten lugar do 17 ao 19 de xullo e o prazo de matrícula xa está aberto]]> Se tes unha idea para fomentar o galego, podes ter premio! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1101 Tes unha boa idea para o fomento do galego? Anímaste a deseñar unha campaña de normalización? Pois se es membro da universidade, a túa proposta pode ter premio! O Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras chega á X edición e outorga 1.500 euros á mellor campaña de normalización e 1.000 euros á mellor idea para a promoción do galego]]> Mariña Pérez Rei gaña o IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1100 "O sotaque de Aurelia" é o artigo co que a escritora e profesora Mariña Pérez Rei gañou a IX edición do certame a artigos para fomentar o uso do galego do Concello de Carballo, dotado con 1.000 euros e mais a publicación nunha ducia de medios]]> Participa no Viveiro de propostas normalizadoras http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1097 A CTNL fai un novo chamamento para recoller ideas, maduralas e poñer a andar proxectos normalizadores de maneira colaborativa... A vindeira xuntanza do Viveiro de propostas normalizadores terá lugar o 29 de maio e podes anotarte ou enviar propostas ata o día 25]]> Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1096 Este é o título do recentemente publicado libro de Valentina Formoso, no que, partindo dunha investigación cualitativa sobre o discurso arredor da lingua galega do alumnado de Secundaria, realiza propostas para mellorar o discurso para a normalización lingüística]]> A RAG ten nova dirección, con Alonso Montero de presidente http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1094 Xesús Alonso Montero foi escollido novo presidente da Real Academia Galega (RAG), nun plenario que tivo lugar o 20 de abril e que tamén escolleu nova executiva entre as dúas candidaturas presentadas]]> XXIII Xornadas de lingua e literatura. 27 de abril en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1092 CIG-Ensino e AS-PG organizan un ano máis as Xornadas e lingua e literatura, que terán lugar o sábado 27 de abril no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela]]> Vantaxe competitiva das empresas galegas por motivos lingüísticos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1091 A Xunta e a Federación de Parques Empresariais desenvolven a campaña "Exportar en galego", para concienciar o empresariado das vantaxes competitivas que representa o galego nos países de fala portuguesa]]> Cursos de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras nas universidades galegas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1089 As universidades de Santiago de Compostela e da Coruña convocan, un ano máis, cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras. Nas dúas universidades os cursos terán lugar durante o mes de xullo e o prazo de inscrición remata a comezos de maio]]> XV Encontros para a normalización lingüística. 18 e 19 de abril en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1088 Os XV Encontros para a normalización lingüística terán lugar os días 18 e 19 de abril de 2013 no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. O prazo de inscrición está aberto ata o 14 de abril]]> Accións previstas para desenvolver pola CTNL en 2013 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1079 O 2 de marzo tivo lugar a asemblea xeral da CTNL, na que aprobamos por unanimidade as liñas da acción para 2013. Desenvolvemento de diversos obradoiros e encontros, afondar no traballo colaborativo con diversos espazos e proxectos, maior visibilización do traballo normalizador no país, etc., son algunhas das accións que se desenvolverán]]> A favor http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1069 En moitas ocasións, os movementos e as persoas que nos preocupamos e que traballamos a favor do galego transmitimos unha certa –e ás veces case inevitábel– actitude negativa, pesimista ou demasiado polemicista. E, claro, na práctica iso non ten un gran poder de atracción nin convicción... ]]> Normalizar dende un SNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1067 Ao me propoñer un artigo sobre o labor normalizador dende e nunha cidade, a través dun servizo de normalización lingüística (SNL), foi moito o que me veu a cabeza , ao cabo moito é o tempo neste servizo e abondas experiencias –positivas e negativas– que se van acumulando. Podería, mais axiña o rexeitei, falar sobre funcións, actividade, lexislación, orzamentos...]]> Un par de orfas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1066 Mal podían imaxinar as mulleres e os homes do Seminario de Estudos Galegos, alá polos anos 20 e 30 do pasado século, que as súas dificultades para inaugurar unha cultura científica en galego ían verse empequenecidas, vistas na actualidade, pola presión dun dogma global de sentido común segundo o cal a lingua común neste terreo é o inglés.]]> Encher o depósito por 7 euros http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1061 Se cadra tamén estivemos a fomentar a lingua por riba das nosas posibilidades, mais xa a acaban de poñer no seu sitio. Menos da oitava parte de medio punto. A dezaseteava parte do 1%. A metade dunha décima. Ese é o peso da lingua nos Orzamentos da Comunidade Autónoma. Aí está o peso que o goberno galego cre que lle hai que dedicar ao noso maior ben colectivo, ao noso maior símbolo de identidade. O 0,06%.]]> A Xunta desmantela a lingua tamén nos orzamentos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1059 O goberno de Feijóo dedicaralle á lingua en 2013 tan só un terzo do que lle dedicaba o goberno de Fraga hai 20 anos, en 1993, tamén en época de recesión. Estas contas provocan anulación de proxectos, redución de servizos, paralización de accións, destrución de emprego, redución da formación, etc.]]> E o galego gusta, e m8! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1049 Gústame..., que me digan “qrt m8”; ...que non me traduzan o café con leite; ...que intentes falar galego, aínda que che custe un pouquiño; ...que me entren en galego; etc. Estas son algunhas das declaracións que máis de 700 persoas xa fixeron a través dunha foto dentro da acción “Gústame o galego”, que desde a CTNL comezamos no Culturgal, coa intención de darlle continuidade ao longo de todo o ano ]]> Pedimos a volta á transversalidade e ao consenso da política lingüística da Xunta coa conformación do novo goberno http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1047 Desde a CTNL pedimos que Política Lingüística pase a ser unha área transversal no organigrama do novo goberno e non estea encadrada nas consellarías de Educación nin de Cultura. Ademais, é o momento de volver ao consenso que supuxo o PXNLG, polo que pedimos que xa o nomeamento do novo goberno sirva para visualizar un cambio de actitude]]> A CTNL propón unha mellor planificación e xestión dos Celga e remítelle á Xunta unha proposta integral de mellora http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1028 Cinco anos despois da implantación do sistema de acreditación da competencia en lingua galega para persoas adultas, o sistema Celga, e logo dun amplo proceso de análise e reflexión, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) fai pública e remítelle á Xunta unha proposta integral coa finalidade de mellorar o sistema e de que se corrixan as numerosas eivas detectadas]]>