CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Viveiro de propostas normalizadoras 2012


PROPOSTA: A nosa tamén conta. Oficina de Atención ao Consumidor en Lingua

-Persoa que fai a proposta: David Cobas Medín
-Breve descrición: Trataríase de crear unha comisión e unha Oficina de Atención ao Consumidor en Lingua entre diferentes asociacións prolingua que se encargase de elevar peticións de atención en galego para as empresas que non ofrezan esa posibilidade, e de decidir que medidas se deben adoptar en cada caso
Descargar PROPOSTA: A nosa tamén conta. Oficina de Atención ao Consumidor en Lingua (.pdf 121 Kb)

PROPOSTA: Agasallo. Proposta de regalos en galego

-Persoa que fai a proposta: Nel Vidal Barral
-Breve descrición: proxecto para visibilizar o galego nos agasallos, principalmente na época de Nadal, a través dunha revista e dun sitio web con recomendacións de discos, camisolas, libros, cinema, banda deseñada, aparellos electrónicos, fragrancias, xogos, etc.
Descargar PROPOSTA: Agasallo. Proposta de regalos en galego (.pdf 156 Kb)

PROPOSTA. Circuíto de música/Galegote rock

-Persoa que fai a proposta: Conchi Cochón Rodríguez
-Breve descrición: Trátase de crear un circuíto de locais que acollan pequenos concertos de grupos ou solistas que fan música en galego
Descargar PROPOSTA. Circuíto de música/Galegote rock (.pdf 133 Kb)

PROPOSTA: Club de Debate

-Persoa que fai a proposta: Conchi Cochón Rodríguez
-Breve descrición: Actividade para que a xente nova practique a comunicación oral en público, participando en debates por equipos, arredor dun tema coñecido de antemán
Descargar PROPOSTA: Club de Debate (.pdf 118 Kb)

PROPOSTA. Módulo/curso de comunicación eficaz na empresa

-Persoa que fai a proposta: David Cobas Medín
-Breve descrición: Trátase de crear un módulo ou curso de formación lingüística e comunicación eficaz dirixido ao ámbito empresarial
Descargar PROPOSTA. Módulo/curso de comunicación eficaz na empresa (.pdf 117 Kb)

PROPOSTA: Consolidación de lexislación en galego

-Persoa que fai a proposta: SNL da USC
-Breve descrición: Trátase dun proxecto en colaboración de técnicos/as de normalización lingüística e profesionais do Dereito para manter un repositorio dixital aberto de lexislación consolidada en galego
Descargar PROPOSTA: Consolidación de lexislación en galego (.pdf 117 Kb)

PROPOSTA. Estudo da transmisión/non transmisión do galego

-Persoa que fai a proposta: Begoña Caldas Rodríguez
-Breve descrición: Nas familias galegofalantes ás veces transmíteselles o galego ás/aos fillos e ás veces non, sen sabermos cal/es son os factores que inflúen decisivamente ou principalmente na transmisión/non transmisión do galego
Descargar PROPOSTA. Estudo da transmisión/non transmisión do galego (.pdf 111 Kb)

PROPOSTA: Eu quero galego. Campaña de visibilización

-Persoa que fai a proposta: Nel Vidal Barral
-Breve descrición: Campaña xeral de visibilización do apoio de persoas ao proceso de normalización lingüística, visibilizando ese apoio a través dunha foto nun photocall que percorra diferentes lugares e difundida na rede
Descargar PROPOSTA: Eu quero galego. Campaña de visibilización (.pdf 149 Kb)

PROPOSTA: O galego tamén é chave

-Persoa que fai a proposta: Soco García Conde
-Breve descrición: Deseño e aplicación dun programa de normalización para un territorio delimitado (barrio), xestionándoo co tecido social e económico da zona
Descargar PROPOSTA: O galego tamén é chave (.pdf 111 Kb)

PROPOSTA: Normativa Empresarial. Responsabilidade Social Corporativa

-Persoa que fai a proposta: Begoña Caldas Rodríguez
-Breve descrición: Propoñer a elaboración dunha normativa de responsabilidade social corporativa de respecto aos dereitos lingüísticos para trasladar ás empresas coas medidas do PXNLG
Descargar PROPOSTA: Normativa Empresarial. Responsabilidade Social Corporativa (.pdf 128 Kb)


1 [ 2 ]

volver
Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego