Boletín informativo 10 de Febreiro de 2016 Nº: 249
Vinte anos da CTNL
Da primeira asemblea da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), que tivo lugar o 10 de febreiro de 1996, cúmprense hoxe vinte anos... Vinte anos de ideas, proxectos, cursos, propostas, encontros, denuncias, ilusións, xuntanzas, campañas... Vinte anos impulsando o traballo en lingua.
E, por iso, aquí vai un pequeno vídeo-resumo conmemorativo:




https://www.youtube.com/watch?v=X-p-EVWFSpk



E, CLARO, QUEREMOS CELEBRAR CONTIGO ESTE TEMPO DE TRABALLO EN LINGUA, E QUEREMOS FACELO DE DÚAS MANEIRAS...


...con MÚSICA E FESTA, nunha SESIÓN VERMÚ coa Punkestra Chumeiras

-Día: sábado 20 de febreiro.
-Lugar: Restaurante A Nave de Vidán. Santiago de Compostela.
-Hora: a partir das 13.00 h.


...cun XANTAR DE 20 ANIVERSARIO

-Día: sábado 20 de febreiro.
-Lugar: Restaurante A Nave de Vidán. Santiago de Compostela.
-Hora: 14.30 h.
-Menú: lacoada (lacón, chourizos, patacas, grelos, viño tinto e outras bebidas, queixo e rosca de sobremesa e café de pota).
-Prezo: 20 euros.
-Confirmación: debes confirmar a túa asistencia ao xantar ata o 16 de febreiro, no enderezo-e info@ctnl.gal ou no teléfono 629 571 950.

AVISO LEGAL: Se recibes este boletín é porque estás dado de alta no noso servizo.
Se non queres seguir a recibilo, podes darte de baixa aqui, indicando o teu enderezo electrónico e o número de subscritor/a que aparece no asunto desta mensaxe. Este correo foi enviado por ctnl.gal