|
Habémonos ver nos Encontros, non?
| Un ano máis, o Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega organiza os Encontros para a normalización lingüística, que chegan á súa XVII edición e que terán lugar os días 15 e 16 de outubro en Santiago de Compostela
| -DÍAS: xoves 15 e venres 16 de outubro de 2015.
-LUGAR: Sede do Consello da Cultura Galega. Pazo da Raxoi. Praza do Obradoiro. Santiago de Compostela.
-INSCRICIÓN: A través do formulario deste ligazón. Limitado a 100 prazas por orde de inscrición.
-PROGRAMA:
XOVES 15 DE OUTUBRO
16:00 horas. Inauguración
16:15 horas. O COMPORTAMENTO LINGÜÍSTICO DA MOCIDADE GALEGA >Estudo e análise da situación Xaquín Loredo Gutiérrez, Seminario de Sociolingüística. Real Academia Galega >Primeiros avances do inquérito sobre o comportamento lingüístico da mocidade galega Håkan Casares Berg, Observatorio da Cultura Galega. Consello da Cultura Galega
17:45 horas. Pausa
18:00 horas. Sesión de relatorios. A COLABORACIÓN NECESARIA PARA AVANZAR NA NORMALIZACIÓN DO GALEGO: EXPERIENCIAS, ANÁLISES E REFLEXIÓNS >Coordinadora: Valentina Formoso >Explicación do modelo de xestión e colaboración entre concellos no proxecto Apego e no Club de Debate Socorro G. Conde, técnica de normalización lingüística do Concello de Santiago >A normalización do galego no SUG: estratexias e resultados Carlos Amoedo, secretario xeral da UDC >Experiencia/necesidade de colaboración entre SNL e ENDL Marta Souto, técnica de normalización lingüística do Concello de Vigo
20:00 horas. Final da sesión da tarde
VENRES 16 DE OUTUBRO
10:00 horas. O PAPEL DAS ADMINISTRACIÓNS LOCAIS NO PROCESO DE NORMALIZACIÓN >A promoción do galego desde o ámbito supramunicipal. Unha proposta Xaime Subiela >Implicación das administracións locais: as deputacións provinciais Representantes das catro deputacións
12:15 horas. Pausa
12:30 horas. RESISTENCIA DENDE ABAIXO. O PAPEL DAS MICROPOLÍTICAS LINGÜÍSTICAS NAS FAMILIAS GALEGAS Anik Nandi, candidato de doutoramento, Heriot-Watt University, Edimburgo, Reino Unido. Colaborador externo no Instituto da Lingua Galega, USC
14:00 horas. Xantar
16:00 horas. RELATO, APROVEITAMENTO E CONCLUSIÓNS DOS ENCONTROS 2015 A TRAVÉS DA REDE Coordinador: Manuel Bermúdez David Cobas, traballador da Normalización e formador Rosa Moreiras Cuñarro, Servizo de Normalización Lingüística, Concello de Ames Manuel Núñez Singala, Servizo de Normalización Lingüística, USC Xusto Rodríguez, Servizo de Normalización Lingüística, USC. Área de Terminoloxía
16:45 horas. Sesión de relatorios. INFANCIA, CULTURA E LECER >Coordinadora: Conchi Cochón >Campañas de animación á lectura de Kalandraka Editorial Kalandraka, Paz Castro >O galego campa! Secretaría Xeral de Política Lingüística / Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, Beatriz Corral e Brais Fernández >Fantoches Baj Inacio Vilariño
18:15 horas. Pausa
18:30 horas. Sesión de relatorios. CAMPAÑAS EN BUSCA DE AFECTO: O QUE A PUBLICIDADE E AS RRPP PODEN FACER POLO GALEGO >Coordina: Benigno Fernández Salgado, Facultade de Publicidade, UVigo >Campañas institucionais a prol do galego María Isabel Míguez González, profesora de Relacións Públicas e Dirección de Comunicación, UVigo >As campañas de comunicación desenvolvidas dende a sociedade a prol do galego Xosé Manuel Baamonde Silva, profesor do Grao de Publicidade e Relacións Públicas, UVigo >Política lingüística e publicidade institucional Olalla Rodil Fernández, redactora de Sermos Galiza
20:00 horas. Clausura dos Encontros
PARTICIPACIÓN A TRAVÉS DE FACEBOOK
Como novidade, esta edición dos Encontros pretende afondar e estender o carácter de participación de todas as persoas e colectivos implicados na normalización do idioma. Para isto contan cun novo espazo de comunicación en Facebook. Nesta rede social creáronse catro grupos para intervir, discutir e introducir temas entre persoas que teñen coñecemento, inquedanza e un mesmo desexo: traballar con acerto na normalización do noso idioma.
Os 4 grupos de Facebook dos que se pode formar parte son:
Grupo_1 Prexuízos ao redor da lingua. Localizalos, entendelos, como combatelos [Dinamizador: Manuel C. Núñez Singala] https://www.facebook.com/groups/886671274703697/
Grupo_2 A xestión do asesoramento. A creación de materiais, a súa distribución. A coordinación entre servizos. [Dinamizador: Xusto Rodríguez Río] https://www.facebook.com/groups/1642895025954047/
Grupo_3 A posibilidade da acción formativa, a coordinación de recursos (Dinamizador: David Cobas Medín] https://www.facebook.com/groups/134624683552822/
Grupo_4 A dinamización de grupos, a posta en marcha de campañas [Dinamizadora: Rosa Moreiras Cuñarro] https://www.facebook.com/groups/1636481353274100/
| 
|
AVISO LEGAL: Se recibes este boletín é porque estás dado de alta no noso servizo.
Se non queres seguir a recibilo, podes darte de baixa aqui, indicando o teu enderezo electrónico e o número de subscritor/a que aparece no asunto desta mensaxe.
Este correo foi enviado por ctnl.gal
|
|
|