Boletín informativo 21 de Setembro de 2015 Nº: 241
URXENTE. Convocatoria para a contratación de técnico/a de normalización lingüística na Estrada
O Concello da Estrada convocou un proceso selectivo para a contratación temporal, até a reincorporación do titular da praza, dun técnico ou técnica de normalización lingüística. O prazo que fixaron é tan só de 5 días, e remata o 23 de setembro
-REQUISITOS: Licenciatura en Filoloxía Galega ou equivalente, ou outra titulación universitaria superior, sempre que se posúa o Celga 5.

-PROCESO SELECTIVO: Oposición libre, con dous exercicios:
>Teórico: cuestionario de 50 preguntas tipo test.
>Práctico: suposto práctico de 30 minutos baseado nas tarefas do posto.

-CONDICIÓNS ECONÓMICAS: 1.829,76 € brutos mensuais.

-DURACIÓN: Até a reincorporación do titular da praza.

-PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Cinco días a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no web do Concello da Estrada (onde aparece coa data do 18/9/2015).

Bases completas e folla de solicitude, no web do Concello da Estrada >

AVISO LEGAL: Se recibes este boletín é porque estás dado de alta no noso servizo.
Se non queres seguir a recibilo, podes darte de baixa aqui, indicando o teu enderezo electrónico e o número de subscritor/a que aparece no asunto desta mensaxe. Este correo foi enviado por ctnl.gal