Lectorados, bolsas CIRP, Regulamento UVigo, deputacións...
|
Dúas bolsas e tres contratos en lectorados de galego de universidades
|
|
A Xunta de Galicia convoca tres contratos para os lectorados de galego das universidades do País Vasco, Oxford e Birmingham, e mais dúas bolsas para os da Universidade Federal da Bahía e da Universidade da Sorbona Nova-París III. O prazo de solicitude remata o 27 de xullo +Info>
|
Convocadas oito bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro
|
|
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades convocou oito bolsas de formación en diversos proxectos. O prazo de presentación de solicitudes remata o 13 de agosto +Info>
|
Para a implicación das deputacións no fomento do galego
|
|
Despois da constitución das catro deputacións, desde a CTNL lembrámoslles aos seus gobernos a proposta a para a súa implicación no fomento do galego, que xa lles remitimos ás organizacións políticas antes da constitución. Coñece aquí en que consiste...
|
A Universidade de Vigo aproba o seu Regulamento do uso da lingua galega
|
|
O Consello de Goberno do 2 de marzo de 2015 da Universidade de Vigo aprobou un regulamento que fixa os usos lingüísticos tanto no ámbito interno coma externo, en usos orais e escritos e nos rexistros, publicidade, publicacións, docencia, investigación, contratacións e convenios, etc. +Info>
|

|
AVISO LEGAL: Se recibes este boletín é porque estás dado de alta no noso servizo.
Se non queres seguir a recibilo, podes darte de baixa aqui, indicando o teu enderezo electrónico e o número de subscritor/a que aparece no asunto desta mensaxe.
Este correo foi enviado por ctnl.gal
|