Volven as festas dos Axóuxeres

Ao longo do mes de setembro celebraranse novas Festas dos Axóuxeres en todas as cidades galegas, e durante os meses de outubro e novembro terán lugar Encontros de Axóuxeres en diferentes vilas. Estas actividades, organizadas pola SXPL, teñen como obxectivo fomentar a transmisión e o uso do galego desde as idades máis temperás.

PROGRAMA DAS FESTAS DOS AXÓUXERES

-5 de setembro: A Coruña. Paseo das Pontes. Ás 12.00 horas

-6 de setembro: Ferrol. Praza da Constitución. Ás 12.00 horas

-12 de setembro: Ourense. Parque Barbaña. Ás 12.00 horas

-13 de setembro: Lugo. Horta do Seminario. Ás 12.00 horas

-19 de setembro: Pontevedra. Praza da Ferraría. Ás 12.00 horas

-20 de setembro: Vigo. Praza do Rei. 2 funcións: ás 12.00 e ás 17.30 horas

-26 de setembro: Santiago de Compostela. Igrexa de Santa Susana (Alameda). 2 funcións: ás 12.00 e ás 17.30 horas

Posteriormente, nos meses de outubro e novembro, terán lugar os Encontros dos Axóuxeres (en formato máis reducido) que este ano viaxarán a Xinzo de Limia, Celanova, Lalín, Valga, O Grove, Moaña, Arzúa, Ames, A Laracha, Castro de Rei, Barreiros e Cariño.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio