As bases do concurso son as mesmas que as do pasado ano. Para enviar un relato ou para votar por eles, hai que estar rexistrado en Vieiros, e cada usuario/a pode enviar un máximo de tres textos. O número máximo de caracterese de cada relato é de 690. O gañador ou a gañadora será elixido/a, de novo, por un xurado, que decidirá quen merece levar o premio principal, e que se reunirá a partir do 24 de abril, último día no que se admitirán relatos. O segundo premio sortearase de novo entre todos os participantes.
Para máis información, podes consultar esta páxina web
Volve Ferve a rede, o concurso de microrrelatos eróticos de Vieiros
A partir do martes 10 de marzo, o portal do novas galegas Vieiros.com volve pór en marcha o concurso de microrrelatos eróticos "Ferve a rede".