A vixésimo sexta edición dos Encontros para a Normalización Lingüística ten como obxectivo abordar desde diferentes perspectivas a importancia das escollas lingüísticas nos actos funerarios, analizando teoricamente este aspecto, presentando datos de uso, pondo sobre a mesa recursos e necesidades e presentando iniciativas de impulso.
Os XXVI Encontros convidarán a reflexionar sobre a importancia da lingua escollida para os actos funerarios, presentarán unha visión panorámica das porcentaxes de uso neste primeiro cuarto do século XXI, mostrarán como son os rituais funerarios nas cerimonias civís e nas habituais das confesións relixiosas maioritarias, analizarán con diversos axentes que prestan servizos funerarios de que recursos dispoñen para atenderen a demanda de servizos en galego e exporán iniciativas dinamizadoras presentadas por entidades públicas e privadas.
A xornada inclúe ademais unha visita guiada pola Cidade Vella da man de Manuel Gago. Así mesmo, o programa inclúe unha compilación de recursos na rede de interese para axentes dinamizadores e empresas de servizos.
Os XXVI Encontros para a Normalización Lingüística terán lugar o 15 de outubro de 2024, na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela.
PROGRAMA
Sesión da mañá
- 9:45 horas: inauguración
- 10:00 horas: RELATORIOS:
Vitorino Pérez Prieto e Manuel Regal Ledo, teólogos. Reflexión sobre a significación da lingua escollida para os actos funerarios: seguir presente ou desaparecer.
David Canto Veiga, xornalista. Panorámica do uso da lingua nos rituais funerarios. Porcentaxes xerais e identificación dos lugares de referencia positiva.
Coordina e modera: Anxos Sobriño - 11:45 horas: debate conxunto
- 12:00 horas: pausa
- 12:30 horas: Mesa coloquio: PERSPECTIVAS COMUNITARIAS. Presenza do galego nos actos funerarios das confesións relixiosas maioritarias. Necesidades, proxectos e propostas.
Arquidiocese de Santiago de Compostela
Unión de Comunidades Islámicas de Galicia
Consello Evanxélico de Galicia
Coordina e modera: Bernardo Penabade - 14:00 horas: final da sesión da mañá
Sesión da tarde
- 16:00 horas: Mesa coloquio: OS SERVIZOS FUNERARIOS. Análise da demanda dos servizos en galego, dos recursos das empresas para atendela e incidencia das iniciativas normalizadoras do sector.
Jorge Balado Blanco, Asociación Galega de Servizos Funerarios
Manel Pardo, Lindeiros
Ana Fabeiro, Ana Fabeiro Arte Floral
Rocío Vázquez, Luz Verde Eventos
Coordina e modera: Mónica Fernández - 17:30 horas: pausa
- 18:00 horas: Mesa de traballo: DIVULGACIÓN E IMPULSO. Presentación de intervencións e recursos dinamizadores deseñados para o ámbito dos actos funerarios..
Yoani Jartín Salgado, visitas patrimoniais aos cemiterios de Meira
Manuel Campos Sanmartín, Día da Restauración da Memoria Lingüística
Marta Besada, Galeg@ para sempre
Coordina e modera: Ana Iglesias - 19:30 horas: clausura
- Peche: As mil caras da morte compostelá, visita comentada pola Cidade Vella con Manuel Gago
INSCRICIÓN
- A inscrición nos XXVI Encontros para a Normalización Lingüística é gratuíta e debe facerse a través do formulario desta páxina. O número de prazas é limitado e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Organiza: Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega coa colaboración da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Lingua)
Programa en .pdf, recursos dinamizadores e máis información no web do CDSG.