Vivan os que rompen cadeas de ferro! Xornadas de normalización lingüística de Pontevedra

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística e en colaboración cos ENDL dos centros de ensino do concello, organiza as I Xornadas de normalización lingüística Xoán Manuel Pintos, que se desenvolven do 14 ao 18 de marzo

Baixo o título “Vivan os que rompen cadeas de ferro!”, parafraseando as palabras de Pintos, estas xornadas, ademais de buscar a reflexión social sobre a situación actual da lingua galega, pretenden ser un proxecto de participación no que todos os centros educativos do concello de Pontevedra, a través dos ENDL, ofrezan diferentes experiencias, actividades e ferramentas para o uso normal da lingua galega.

DATAS

Do luns 14 ao venres 18 de marzo

LUGAR E HORARIO

Distintos lugares de Pontevedra e en distintos horarios

As I Xornadas para a normalización lingüística Xoán Manuel Pintos, que teñen como obxectivos principais darlle a coñecer á sociedade o labor fundamental a prol da lingua dos equipos de normalización dos centros educativos e mais promover a reflexión social sobre a normalización. Con este fin hai planificadas actividades dirixidas a diferentes públicos:
  • Para o profesorado e para a sociedade en xeral: as mesas redondas e mais unha web cun banco de actividades dos ENDL dos centros de ensino do concello (infantil, primaria e secundaria).


  • Para o alumnado de infantil: dúas sesións no Principal co espectáculo de Migallas, Canta con nós.


  • Para o alumnado de primaria: dous circuítos de xogos tradicionais ao aire libre, na Alameda. Van colaborar como monitores os alumnos do ciclo deTSAAFD (técnico superior de animación e actividades físicas e do deporte).


  • Para o alumnado de secundaria: o venres pola mañá, unha mestura de mesa redonda e demostración do traballo de persoas que crean desde o galego: Kiko da Silva desde a banda deseñada e o humor gráfico; Leo (Leonardo Fernández), artista polifacético, músico, filólogo e poeta; e Marcos Paino, do proxecto Komunikando TV.


  • O venres á noitiña, en Campolongo, haberá un concerto de García MC e Som do Galpóm; mentras, dous escritores de graffiti plasmarán a frase de Pintos “Vivan os que rompen cadeas de ferro” na parede exterior das canchas de baloncesto de Campolongo (no lateral da igrexa).


Este é un proxecto que pon voz ás inquedanzas dos ENDL e, tamén permite aos participantes e resto de colectivos sociais, analizar e reflexionar sobre a actual situación lingüística e os retos a seguir no contexto actual.

Programa completo en .pdf >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio