Viño en galego, consumogusto

Constitúese a chamada Irmandade Galega de Adegueiros, un colectivo promovido polo Foro Enrique Peinador e que nace formado por 34 adegas e oitos empresas de distribución co obxectivo de fomentar a etiquetaxe en galego dos produtos agroalimentarios, nomeadamente dos viños

O 7 de xullo constituíuse en Ribadavia a Irmandade Galega de Adegueiros, un novo grupo promovido polo Foro Enrique Peinador que se suma aos múltiples colectivos creados para o fomento do galego ao redor de Galeguizar Galicia, como a Irmandade da Sanidade, a Irmandade Xurídica Galega, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, a Fundación Lois Peña Novo, a Asociación Álvaro das Casas, a Asociación de Amigos do Couto Mixto ou o propio Foro Enrique Peinador.

Esta nova Irmandade está integrada por 34 adegas e 8 empresas de distribución que se comprometeron a usar o galego na etiquetaxe dos seus produtos, conscientes do poder do galego como elemento diferenciador e como marca de calidade.

Co ánimo de contribuír á comercialización dos produtos en galego, difunden o vídeo Consumogustos, destinado a promover un consumo responsable.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio