Tíralle da lingua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias…, de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde.
MATRÍCULA
A matrícula é gratuíta
O número de prazas é limitado e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
A reserva de praza farase chamando aos teléfonos da AS-PG da Coruña (981 278 259) ou de Lugo (982 242 682). Tamén por internet na páxina www.as-pg.com ou nos enderezos informacion@as-pg.com e lugo@as-pg.com.
Está solicitada a homologación á Consellaría de Educación por 10 horas lectivas.
PROGRAMA
Venres 16
· De 18.00 a 18.30 h: Presentación e entrega de material
· De 18.30 a 20.00 h: Comunicar e dramatizar
· Relator: Santiago Fernández, actor e escritor
Sábado 17
· De 9.30 a 11.00 h: Historias para escribir e contar
· Relatora: Rosa Aneiros, escritora e xornalista
· De 11.00 a 12.30 h: Ao son da miña voz
· Relatora: Ursia Gago Portas, actriz de teatro e cine
· De 13.00 a 14.30 h: En calquera estilo, en galego
· Relatores: Martín Prego Loureiro e Carlos Gende Prego, músicos, membros do grupo de hip-hop galego Machina
· De 16.30 a 17.30 h: Narración oral e expresión corporal
· Relator: Joxemari Carrere, contacontos
· De 17.30 a 19.00 h: O teatro dos contos
· Relator: Avelino González, actor e contacontos
· De 19.00 a 20.00 h: Clausura das xornadas
Ademais, tamén foi CONVOCADO O VIII CONCURSO DE RELATO ORAL TÍRALLE DA LINGUA
VIII Xornadas de expresión oral “Tíralle da lingua”
16 e 17 de novembro