O galardón contempla dúas categorías, unha para as empresas que leven feito un uso continuado do galego e outra para os que se incorporaron recentemente.
As persoas interesadas teñen de prazo para presentar as solicitudes até o 30 de novembro de 2007.
A convocatoria completa, aquí, e a folla de solicitude, aquí.
En edicións anteriores xa foron premiadas empresas como Aceiro, T44, Papelaría Xaquín, Rey Xestión, Clínica Veterinaria, Sala Nasa, R, Otero Pombo, XHO, Castromil, Espeteira, Vieiros, Xanela Arquitectura, Fundación Galicia Empresa, Alcampo Santiago, Freire Chico, Editorial Compostela, Escola Infantil Raiola, Mercado de Abastos de Santiago, Litonor, Confederación Galega de Minusválidos, Libraría Couceiro, Erica Mel e Seguridade A1.
Outros premios que se convocan con finalidades moi semellantes son o Xoán Manuel Pintos (Concello de Pontevedra e REAL), o Xulio Dans (Concello de Oleiros), o Dolmen de Ouro (Federación de Empresarios do Barbanza), Comercio en galego (Concello de Vilagarcía), etc. Algunhas das empresas galardoadas nalgún destes premios son Fonelec-Nós, San Luís, Eclipse Comunicación Dixital, Talleres O Faiado, Museo Etnográfico de Artes, Todo Lar, Gráficas Aries, Pub D’Antón, Modas Rama, Adegas Cándido Rodríguez, Mar de Ardora, etc.
VIII Premio Manuel Beiras
A Cámara de Comercio, Industria e Navegación e o Concello de Santiago de Compostela convocan a oitava edición do Premio Manuel Beiras, que ten como finalidade outorgar un recoñecemento público ao esforzo de normalización lingüística no sector empresarial.