LIÑAS TEMÁTICAS
-Reflexionar sobre a incidencia do(s) discurso(s) lingüístico(s) na situación social da lingua.
-Analizar os argumentos a respecto da diversidade lingüística.
-Revisar termos e conceptos sociolingüísticos en transformación.
-Avaliar as ideas forza e os conceptos chave do discurso normalizador sobre o galego, así como a súa actualidade e/ou necesidade de reformulación.
-Presentar propostas de actuación que permitan intervir no imaxinario social sobre a lingua
DATAS
20, 21 e 22 de xullo
LUGAR
Pazo da Cultura de Carballo
DURACIÓN
20 horas
INSCRICIÓN
-PRAZO: do 1 de xuño ao 15 de xullo (ou até que se esgoten as prazas)
-LÍMITE DE PRAZAS: 70, por orde de inscrición
-PREZO: 50 €, matrícula xeral, e 30 € para os/as socios/as da CTNL
-LUGAR E FORMA DE MATRÍCULA: a inscrición debe facerse aquí, a través da secretaría virtual da UdC.
Os socios e as socias da CTNL, ao facer a matrícula, no apartado de Descontos / Recargos aplicados, deben escoller “Exención especial de matrícula (só con autorización)”, para que dese xeito o prezo da matrícula sexa de 30 €, e non de 50 €.
Unha vez feita a inscrición, hai un prazo de 48 horas para enviar a copia validada polo banco ou caixa ao enderezo electrónico occocc@udc.es ou ao fax 981 167 013, do contrario a inscrición quedará anulada.
PROGRAMA
MÉRCORES 20 DE XULLO
10.00 h Recepción
10.15 h Almorzo de inauguración
11.00 h (Re)pensando o discurso: propostas integradoras para a normalización lingüística
J. M.ª SÁNCHEZ CARRIÓN
13.00 h A dignificación das palabras que nos pertencen. O caso da normalización
PILAR GARCÍA NEGRO
14.30 h Xantar conxunto
16.30 h Impoñemos galego ou queremos galego? Breve panorámica verbo dos marcos e discursos (erróneos?) sobre a lingua galega
IVÁN MÉNDEZ LÓPEZ
18.00 h Pausa
18.30 h Grupos de traballo: Reconstruíndo os discursos sobre a lingua. Coordinados por Olga Patiño Abeixón e Dores Sánchez Alegre
XOVES 21 DE XULLO
10.30 h Para a hegemonia social do galego: discursos, prácticas e políticas lingüísticas
CELSO ÁLVAREZ CÁCCAMO
12.00 h Pausa-café
12.30 h Grupos de traballo: Reconstruíndo os discursos sobre a lingua. Coordinados por Rosa Moreiras Cuñarro e Nuria Seoane Bouzas
15.00 h Xantar conxunto
17.00 h Marcos ideolóxicos, estrutura social e lingua na sociedade galega actual
FERMÍN BOUZA ÁLVAREZ
18.30 h Pausa
19.00 h Obradoiros simultáneos
–Obradoiro de espazo lingüístico persoal
GEMMA SANGINÉS
–O portugês simples (OPS!): socializando a estratégia luso-brasileira para o galego
VALENTIM FAGIM
20.30 h Descanso
21.00 h Pelos na lingua. Representación teatral de TALÍA TEATRO
VENRES 22 DE XULLO
10.00 h Obradoiros simultáneos
–Obradoiro de espazo lingüístico persoal
GEMMA SANGINÉS
–Prexuízos lingüísticos: estratexias de combate
M. NÚÑEZ SINGALA
11.30 h Pausa-café
12.00 h Lectura e debate das conclusións xerais
13.00 h Unha guía de estilo para a política lingüística. É posíbel?
NEL VIDAL BARRAL
Máis info >
VII Curso de verán sobre dinamización lingüística. Traballando en lingua. (Re)pensando o discurso
Un ano máis, o SNL da Universidade da Coruña, en colaboración coa CTNL e o Concello de Carballo, convoca o Curso de verán sobre dinamización lingüística, que nesta sétima edición leva por título "(Re)pensando o discurso". O curso terá lugar en Carballo os días 20, 21 e 22 de xullo. O prazo de inscrición comeza o 1 de xuño