VI Xornadas Lingua e Usos. Lingua e Xénero

Un ano máis, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña en colaboración coa Real Academia Galega organiza as Xornadas sobre Lingua e Usos que este ano alcanzan a súa sexta edición, para o que acaban de abrir o prazo de inscrición. O tema escollido para esta edición é o de Lingua e Xénero.

As VI Xornadas Lingua e Usos desenvolveranse no Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña os días 26 e 27 de novembro, co seguinte programa:

Xoves 26/11/2009

16:00 Recepción e entrega de documentación

16:30 Conferencia inaugural. Presentación de datos sociolingüísticos desde a perspectiva de xénero. Isabel Suárez Fernández

18:00 Linguaxe e discriminación de xénero: como e por que é sexista o galego, e como pode deixar de selo. Olga Castro Vázquez

20:00 Un achegamento aos preconceptos contra o galego por parte das mulleres a través das súas palabras. Nuria Seoane Bouzas e Avia González Veira

Venres, 27/11/2009

09:00 Usos lingüísticos e representación das mulleres. Eulàlia Lledó i Cunill

11:00 Dúas subordinacións en paralelo: mulleres e lingua . M.ª Pilar García Negro

13:00 Lingua e xénero nos dicionarios galegos. Carme Hermida Gulías

16:30 Tradución e androcentrismo: quen traduce que(n) e como na Galiza. Robert Neal Baxter

18:30 O emprego da(s) lingua(s) na publicidade dirixida ás mulleres. O caso da TVG .Roi Vidal

20:00 Conferencia de clausura: Falarmos galego as mulleres, por que non? .Teresa Moure

A inscrición é gratuíta a través do formulario que se publica na páxina web do Servizo de Normalización Lingüística (www.udc.es/snl). O prazo de inscrición remata o mércores 18 de novembro de 2009, ás 14.00 h.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio