VI Xornadas de recursos educativos en galego: A educación social

A Facultade de Ciencias da Educación da USC acolle os días 8 e 9 de novembro as VI Xornadas de recursos educativos en galego, centradas este ano na educación social

PROGRAMA

Venres 8 de novembro

9:00 – 9:30 Recepción de participantes e recollida de documentación

9:30 – 10:00 Acto de apertura

10:00 – 11:30 Conferencia inaugural: Contribución da educación social na normalización lingüística. Sofía Riveiro (CEESG), Duarte Crestar (Educador Social) e Xose Manuel Cid (UVigo)

11:45 – 14:00 Mesa de experiencias

-Unidades didácticas polo Día das Letras Galegas. Brais Fernandes (Xandobela)

-Galego para estranxeiros/as. Raúl Piñeiro

-Xogos do Mundo. María J. Caride (Solidariedade Internacional)

-Proxecto O Pendello. Bárbara Fernández (A Monte!) e Palmira Castro (mimadriña.com)

16:30 – 20:30 Obradoiros

-A regueifa: recursos para a normalización lingüística. Josiño da Teixeira

-Recursos TIC para a normalización lingüística na educación social. María José Fernández

Sábado 9 de novembro

9:30 – 11:00 Bancos de recursos

-En Galicia, En Galego. Boas prácticas denormalización lingüística nas accións socioeducativas. Sofía Riveiro (Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia)

-Catálogo de materiais didácticos e recursos educativos elaborados polos concellos da provincia da Coruña. Denébola Álvarez (GI Stellae, USC)

11:30 – 14:00 Representación teatral: Montaxe da compañía Farrapo

MATRÍCULA E RECOÑECEMENTO

A USC emitiralles un diploma de asistencia da actividade, no cal figurará o número de horas presenciais (14 horas), a todas aquelas persoas matriculadas que asistan ao 80% das horas das Xornadas “Educación e linguas en Galicia”. Haberá control de asistencia.

O prazo de inscrición está aberto ata o día 4 de novembro de 2013 a través da Secretaría Virtual. Se tiveres algún problema na xestión da matrícula ponte en contacto co Centro de Atención a Usuarios, na extensión 55555 da USC (horario de 8 a 22 horas) ou a través do formulario de incidencias, mediante o cal se procesan inmediatamente as 24 horas do día.

Ás persoas inscritas enviaraselles un correo electrónico o día 5 de novembro para lles comunicar se están matriculados ou en lista de agarda.

O número máximo é de 200 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición. O número mínimo para celebrar as xornadas é de 40.

Prezo: 10 euros

Máis información no web da USC >
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio