VI Xornada Xustiza e Lingua, o 27 de novembro en Compostela

O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago organiza a sexta edición da xornada Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización, que terá lugar o martes 27 de novembro en Compostela

O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), organiza a sexta edición da xornada Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización.

Día: martes 27 de novembro

Hora: 19.00 h

Lugar: salón de actos do Colexio de Avogados de Santiago

Prazas: 100

Matrícula: de balde con inscrición previa (www.icasantiago.org)

Certificación: si (conxunta do colexio e da SXPL)

PROGRAMA

19:00 h Acto de apertura

-D. Evaristo Nogueira Pol, decano do Colexio de Avogados

-D. Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística

-D. Juan J. Martín Álvarez, director xeral de Xustiza

-Dª Rebeca Domínguez Iglesias, concelleira de Normalización Lingüística de Santiago

19.30 h 1ª mesa

-«A oficialidade lingüística no proceso xudicial»

Relator: D. Luís Villares Naveira, maxistrado do Xulgado Contencioso Administrativo nº 2 de Lugo

-«Témoslle lei? O plan para aumentar a presenza do galego na Facultade de Dereito»

Relatora: Dª Isabel Vaquero Quintela, técnica do Servizo de Normalización Lingüística da USC

[Coloquio]

20.30 h 2ª mesa

-«Uso do galego na xustiza (xulgados e profesionais): un espello da realidade social galega»

Relator: D. Manuel Babío Arcay, avogado, colex. 831 do ICA de Santiago

-«A identidade como dereito: a función da lingua»

Relator: D. Xosé Luís Barreiro Rivas, profesor titular de Ciencia Política e da Administración da USC

[Coloquio]

21.30 h Clausura da xornada
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio