A ensinanza e aprendizaxe das habilidades lingüísticas e uso oral son as protagonistas do VI Seminario de Dinamización Lingüística, unha iniciativa coa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca favorecer o intercambio e a posta en común de experiencias normalizadoras no ámbito do ensino primario e secundario.
DATAS
-En Ourense, Santiago, Ferrol e Pontevedra, entre o 28 de marzo e o 1 de abril.
-Na Coruña, Lugo e Vigo, entre o 4 e o 8 de abril.
INSCRICIÓN
O período de inscrición para matricularse está aberto até o 14 de marzo e o número de prazas que se oferta é de 40 por cidade.
Pode facerse aquí >
Segundo a SXPL, “o VI Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino ten un dobre obxectivo. Por unha banda, contribuír a ampliar a formación dos membros e coordinadores e coordinadoras dos equipos de dinamización da lingua galega, a través de estratexias que canalicen o desenvolvemento funcional da lingua oral en todos os seus rexistros. Para isto, a sexta edición dos seminarios conta cunha parte formativa destinada a fornecer os docentes de estratexias e recursos que os axuden a traballar as habilidades orais e cun espazo divulgativo no que se mostran prácticas escolares que impulsan e fomentan a oralidade en ámbitos diferentes: en actividades complementarias e extraexcolares, na relación entre mozos e maiores e na educación infantil”.
Información e programas completos >
VI Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino
A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza o VI Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino, dirixido aos membros e coordinadores/as dos equipos de dinamización lingüística, que se celebrará entre o 28 de marzo e o 8 de abril nas sete cidades galegas. O prazo de inscrición remata o 14 de marzo