VI Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras

Máis un ano, o SNL da Universidade da Coruña, en colaboración co SNL da Universidade de Santiago de Comostela, a ANL da Universidade de Vigo e a SXPL, convoca o Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras dirixido ao conxunto do sistema universitario galego, ben a título individual, ben á constitución de equipos caso das comisións de normalización lingüística ou asociacións estudantís.

Os obxectivos desta edición son desenvolver iniciativas innovadoras, relacionadas coa planificación e a normalización lingüística; promover a reflexión e a implicación da comunidade universitaria galega a respecto da situación da nosa lingua; aproveitar as potencialidades técnicas e científicas e os recursos humanos existentes nas tres universidades, así como outros recursos externos a elas.

Existen dúas categorías cos seus correspondentes premios: 3000 euros ao deseño dunha campaña normalizadora que desenvolva unha iniciativa orixinal que teña como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario; e 1500 euros a unha idea para a promoción do galego que de xeito razoado explique unha proposta cuxo obxectivo for o fomento da lingua galega no ámbito universitario.

O prazo de presentación dos proxectos remata o 20 de novembro.

Podes achar máis información nesta ligazón e tamén consultar os traballados gañadores de anteriores edicións nesta outra


VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio