VI Curso de verán sobre dinamización lingüística. Traballando en lingua. Creatividade para a lingua

Un ano máis, o SNL da Universidade da Coruña, en colaboración coa CTNL e o Concello de Carballo, convoca o Curso de verán sobre dinamización lingüística, que nesta sexta edición leva por título "Creatividade para a lingua". O curso terá lugar en Carballo os días 14, 15 e 16 de xullo. O prazo de preinscrición remata o 23 de xuño

LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS E LISTAXE DE AGARDA [.pdf]

Obxectivos xerais

-Reflexionar sobre a vinculación entre política lingüística e política cultural.

-Analizar os elementos de política lingüística que se teñen en conta nas accións culturais.

-Avaliar as accións relacionadas coa cultura que se utilizan nas políticas lingüísticas.

-Presentar accións para a normalización e a dinamización lingüísticas que teñan como obxectivo intervir nas actividades e nos espazos de lecer.

-Afondar na importancia da lingua para os espazos de lecer.

Lugar e datas

14, 15 e 16 de xullo

Pazo da Cultura de Carballo

Rúa do Pan s/n

15100 Carballo

Mapa en Google Maps

Duración

25 horas

Persoas destinatarias

Todas aquelas persoas interesadas na dinamización lingüística e no proceso de normalización da lingua galega, especialmente as que traballen nestes ámbitos específicos: estudantado; técnicos/as de normalización lingüística; técnicos/as de cultura; animadores/as socioculturais; asistentes/as sociais; docentes (de primaria, de secundaria e de ciclos formativos).

No curso poden participar un máximo de 60 persoas.

Custo da actividade

30 euros para as persoas que pertenceren aos seguintes colectivos: comunidade universitaria, persoas desempregadas e socios/as da CTNL (Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua)

50 euros para todas as demais persoas participantes

O pagamento da actividade inclúe a entrega de toda a documentación que se utilice durante o curso, a asistencia ás actividades complementarias e o xantar dos dous días en que hai xornada completa.

Inscrición

O prazo de preinscrición está aberto até as 14.00 h do día 23 de xuño.

Debe facerse cubrindo o formulario habilitado no web do SNL da UdC.

LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS E LISTAXE DE AGARDA [.pdf]

A relación de persoas admitidas publicarase posteriormente na páxina web do SNL. Poderán formalizar definitivamente a matrícula tras pagaren a cantidade correspondente a través do formulario que se lles facilitará no SNL e na Oficina de Cursos e Congresos (Casa do Lagar, campus de Elviña) e tamén na páxina web www.udc.es/snl. O xustificante de pagamento deberá ser entregado no SNL até o día 8 de xullo. Este envío poderá realizarse a través do correo postal ou cunha copia electrónica ao enderezo deste servizo (snl@udc.es).

Para obter o certificado é obrigatorio asistir ao 90% das horas programadas.

Texto completo da convocatoria [.pdf]

Formulario de preinscrición [.html]

Organiza

-Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Universidade da Coruña

Colaboran

-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

-Concello de Carballo

-Deputación da Coruña
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio