Vés xogar?, dinamización para os cativos da Coruña

A Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña está a levar a cabo o proxecto Vés xogar?, dirixido a nenos e nenas de 6 a 8 anos. Vaise desenvolver todos os sábados pola mañá, das 11.00 ás 13.00 h desde o 8 de novembro até o 20 de decembro nos barrios de Mesoiro e San Pedro de Visma.

O dito proxecto busca ofertar, de xeito totalmente gratuíto, un espazo de xogo en que os nenos e as nenas poidan gozar de espectáculos de monicreques, xogar cos protagonistas dos libros Os Bolechas, ir de excursión, facer manualidades, xogar coa música, coa ciencia etc.; ademais de achegar a lingua galega aos nenos e ás nenas a través de eidos distintos ao da escola: no tempo libre, a través do xogo.

Ofértanse 60 prazas repartidas entre os barrios de Feáns e San Pedro de Visma. Poderase realizar a inscrición a partir do xoves 30 nas entidades colaboradoras:



  • AA.VV. Novo Mesoiro, das 18.00 ás 20.00 h


  • AA.VV. Loureiro de Visma ( Lugar de San Pedro de Visma, fronte á igrexa), das 10.00 ás 14.00 h e das 16.30 ás 21.00 h.


  • Máis información no 981 184 259 ou no blogue (en construción) do SNL da Coruña
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio