A seguir, listamos nesta entrada todos os recursos que ao longo do mes de agosto fomos recompilando nas nosas redes baixo o cancelo #veránlingua☀️, a iniciativa con que día tras día achegamos unha páxina web, proxecto, publicación, iniciativa…, de Galicia e fóra de Galicia, que consideramos de interese para a normalización lingüística. A colleita deste ano foi a seguinte:
- 🎙️ Podcast Galego para neofalantes, do programa da Radio Galega “Galicia por diante”, Un espazo sobre a lingua galega con especial atención nos neofalantes.
- 🎮 Versión galega do mítico xogo: tabu.gal, adiviñar palabras tendo tino daquelas que están prohibidas, da man do proxecto As chaves da lingua.
- 📄 Estudo La IA en el futur de les llengües europees no hegemòniques. Oportunitats, desafiaments i estràtegies de preservació, de Albert Cuesta, publicado pola Fundació Irla.
- 📹 Sección “O Seminario de Onomástica responde” da Real Academia Galega, con pezas audiovisuais en que se explican, entre outros, os cambios máis recentes no nomenclátor.
- 🛜 Informe sobre o estado do valenciano nas redes sociais no directorio de creadores de contido en Poblet.info.
- 🎓 INGURA, plataforma dixital para a aprendizaxe do éuscaro.
- 📘 Libro Non todo o que cae na rede é peixe. 500 xoias fraseolóxicas galegas, de Moncho Seixo en Morgante Edicións.
- 📹 Documental Desata las lenguas: lengua y desigualdad social, no marco do Proxecto EquiLing da Universidade Autónoma de Madrid.
- 🎮 O xogo ArgaQuest, do IES Fernando Wirtz da Coruña, con que desafiar as habilidades lingüísticas.
- 📄 Informe de régimen jurídico de lenguas oficiales (maio 2026), publicado polo Consello das Linguas Oficiais (PDF).
- 💻📱 Campaña configura.cat para promover e aumentar o uso do catalán en dispositivos, software e aplicacións.
- 🌗 Termos esenciais de eclipses, publicado polo SNL da USC; glosario con case un cento de termos para os que se ofrece definición e equivalencias en español e inglés.
- 📄 Estratexa de normalización del asturianu y del eonaviegu 2026-2030, do Goberno de Asturias.
- 📙 Guia de linguagem não binária, de Daniel Amarelo, Nee Barros e Alva Lourenço, publicada por Através Editora.
- 🗣️ Proxecto Nós, que inclúe a opción de doar a túa voz e tamén participar nun estudo sobre a percepción da fala sintetizada.
- 🎮 Sparrou, o pardal que nos guiará para coñecer máis do mundo natural xogando: mamíferos, páxaros… (dispoñible para Android e iOS).
- ✍️ Artigo “Reflexións da mocidade galega universitaria ante a dominación lingüística”, de Estela Fidalgo e Miguel Guisantes Alonso, publicado na revista Estudos de Lingüística Galega do Instituto da Lingua Galega da USC.
- 🩺 Asociación salutpelcatala.cat, punto de encontro entre profesionais e persoas usuarias para promover o catalán no ámbito sanitario e na investigación biomédica.
- 🎙️ Segunda temporada de LongaLingua, o videopódcast d’A Mesa (coa participación de: Kike Varela, Elena Ferro, Laura Villar, Carlos Callón, Iria Ribadomar e Federico Pérez Rei).
- 📍Nomenclátor de Galicia 2026, revisado e actualizado cos novos ditames aprobados polo plenario da Real Academia Galega.
- 📕 50 anos. Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza de Francisco Rodríguez, coordinado por Xosé Manuel Vázquez Carril e publicado por Tempo Galiza.
- 📹 As dúas temporadas de Bótalle azucre, a serie que recolle o reto de Anita Mateu de aprender galego.
- 🎮 Videoxogo O corvo das Cíes, creado por Manuel Gago, dispoñible en varias linguas e que recrea unha historia fantástica sobre un territorio real.
- 📄 Documento de traballo A divulgación científica en galego nas redes sociais, de Iolanda Casal e Manuel Vicente, publicado polo @consellocultura.bsky.social.
- 📻 Programa “Artículo 3” na plataforma Radio 3 Extra que divulga e pon en valor a cultura, creatividade e músicas emerxentes nas distintas linguas oficiais do Estado.
- 🗣️ Campaña para a actualización da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos (DUDL), impulsada por Ciemen e Pencatala (co apoio, por parte galega, d’A Mesa pola Normalización Lingüística).
- 📹️ Català fácil, a serie de 3cat para aprender catalán a partir de situacións cotiás (tres temporadas con máis de 60 episodios).
- 📕 Galego para Nós! Novo Manual de Língua Galega, de Maurício Castro, publicado en Companha Editora.
- 📹 As tres temporadas de 21 días co galego e máis, proxecto para incentivar o uso do galego entre a comunidade escolar.
- 🎮 Xogo “Palabras galegas”; vocabulario, lecturas, retos diarios, tests etc. (dispoñible para Android).
- ☀️ A última edición do LGx15 para lle pór o ramo a esta edición do #veránlingua de 2026!!
Extra libros 📕
- O galego, língua nacional… ou lingua autonómica?, de Francesco Traficante Peláez (Laiovento).
- As Raízes da Língua. A História de 50 Palavras Portuguesas, de Marco Neves (Guerra e Paz).
- Lengua madre, de Laura Spinney (Editorial Crítica).
- Manual de estilo de lenguaje claro para textos legales y administrativos, de Antonio Martín (Editorial Pie de Página).
- Manual de defensa del català, de Òscar Andreu (Univers Editorial).
- Es pot planificar la sostenibilitat lingüística?, de Isidor Marí (Lleonard Muntaner Editor).
- La llengua dels amics. Autobiografía lingüística, de Joan-Daniel Bezsonoff (Editorial Empúries).
- Un país de llengua. Històries de la dignificació del valencià, Josep Daniel Climent (Drassana).
- Del euskera al castellano. El comienzo del cambio de lengua en el reino de Navarra (1550-1650), de Peio Monteano Sorbet (Mintzoa Editorial).
- Pequeñu Atles Llingüísticu d’Asturies, volume 1 | El mundu animal, de Claudia E. Menéndez e David Guardado (Academia de la Llingua Asturiana.
![fireshot capture 171 #veránlingua buscar x [x.com]](https://www.ctnl.gal/wp-content/uploads/fireshot-capture-171-veranlingua-buscar-_-x-x.com_-455x600.jpg)



