V Xornadas Lingua e Usos: Lingua e Docencia Universitaria

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración coa Real Academia Galega, organizan as V Xornadas Lingua e Usos, que desta vez terán como o eixo a "Lingua e docencia universitaria". As xornadas terán lugar no Paraninfo da UDC os días 12, 13 e 14 de novembro.

O programa é o seguinte

Mércores 12/11/2008

16:00 Recepción e entrega de documentación

16:45 Inauguración das xornadas

José María Barja Pérez, reitor da Universidade da Coruña

Xosé Ramón Barreiro Fernández, presidente da Real Academia Galega

Marisol López Martínez, secretaria xeral de Política Lingüística

Xoán Manuel Sande Muñiz, deputado provincial, presidente da Comisión de Benestar Social,

Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística

Goretti Sanmartín Rei, directora do Servizo de Normalización Lingüística

17:00 Conferencia inaugural:

Salustiano Mato Iglesia, director xeral de i+D+i:As políticas institucionais para a promoción do galego nas universidades galegas

18:30 Mesa redonda As políticas lingüísticas das universidades galegas na docencia

Xosé Luís Armesto Barbeito, vicerreitor de Profesorado da UDC

María Dolores Domínguez Santos, vicerreitora de Profesorado e Organización Académica da USC

Iván Area Carracedo, vicerreitor de Relacións Institucionais da UVigo

Moderadora: Consuelo Bautista, xefa de programas e informativos de Radio Coruña Cadena SER

Xoves 13/11/2008

16:00 Antón Costa Rico, profesor da USC:

A presenza e importancia do galego na educación superior

17:15 Ludger Mees, vicerreitor de Euskera da UPV/EHU:As políticas lingüísticas na Universidade do País Vasco

18:30 Mesa redonda: As linguas da docencia na UDC

Juan Ramón Vidal Romaní, Facultade de Ciencias

Carme Fernández Pérez-Sanjulián, Facultade de Filoloxía

Pablo Rodríguez-Vellando Fernández-Carvajal, ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canais ePortos

Moderadora: María Ares Sanmartín, xefa do Gabinete de Comunicación da UDC

Venres 14/11/2008

10:00 Pilar García Negro, profesora da UDC: Razóns para o uso do galego na docencia universitaria e na investigación

11:15 Jordi Matas Dalmases, vicerreitor de Estudantes e Política Lingüística, Universitat de Barcelona: A promoción do catalán no sistema universitario de Cataluña

12:30 Mesa redonda: As linguas minorizadas na docencia e na investigación universitarias

Alfons Esteve i Gómez, director técnico do Servei de Política Lingüística da Universidade de Valencia: Medidas para a promoción da lingua propia na Universidade de Valencia

Craig Patterson, profesor da Universidade de Cardiff: As linguas minorizadas nas universidades do Reino Unido

Robert Neal Baxter, profesor da Universidade de Vigo: A situación actual do bretón no ensino superior e universitario

Moderador: David Clark Mitchell, profesor da UDC

17:00 Carlos Platas Iglesias, profesor da UDC: O proceso de incorporación á docencia en galego

18:30 Conferencia de clausura:

Juan Carlos Moreno Cabrera, profesor da Universidad Autónoma de Madrid Bilingüismo e lingua común

INSCRICIÓN

A inscrición é gratuíta a través do formulario que se publica na páxina web do Servizo de Normalización Lingüística

(http://www.udc.es/snl/dinamiza_xorna.html).

O prazo de inscrición remata o mércores 5 de novembro de 2008, ás 14.00 h.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio