V Premio Luísa Villalta a iniciativa normalizadoras nas universidades galegas

As tres universidades galegas convocan o V Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras cos obxectivos de promover a reflexión e a implicación da comunidade universitaria a respecto da situación da lingua galega e apoiar o desenvolvemento de iniciativas innovadoras de planificación lingüística.

O premio está dirixido a todo o alumnado de 1.º, 2.º e 3.º ciclo das facultades e escolas universitarias galegas e contará con dúas modalidades:

Artigos xornalísticos

Campañas de promoción da lingua

En cada categoría hai tres premios, que van desde os 1.000 aos 150 euros.

Pódense consultar as bases completas en formato .pdf aquí.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro de 2008.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio