LIÑAS TEMÁTICAS
- Reflexionar sobre a realidade da lingua galega na actualidade
- Introducir casos prácticos de compromiso individual co idioma
- Escoitar as razóns para o mantemento lingüístico e para as mudanzas de idioma no caso galego
- Avaliar as posibilidades de éxito das políticas lingüísticas institucionais
- Ofrecer argumentos a prol do uso da(s) lingua(s)
- Recoñecer o pasado inmediato como un espazo para confluír na modificación das actitudes
DATAS
15, 16 e 17 de xullo de 2009
LUGAR
Pazo da Cultura de Carballo
Rúa do Pan s/n
15100 Carballo
Mapa en Google Maps
DURACIÓN
25 horas
PERSOAS DESTINATARIAS
Todas aquelas persoas interesadas na dinamización lingüística e no proceso de normalización da lingua galega, especialmente as que traballen nestes ámbitos específicos: estudantado; técnicos/as de normalización lingüística; técnicos/as de cultura; animadores/as socioculturais; asistentes/as sociais; docentes (de primaria, de secundaria e de ciclos formativos).
No curso poden participar un máximo de 60 persoas.
CUSTO DA ACTIVIDADE
30 euros para as persoas que pertenceren aos seguintes colectivos: comunidade universitaria, persoas desempregadas, persoal da UDC e socios/as da CTNL (Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua)
50 euros para todas as demais persoas participantes
INSCRICIÓN
O prazo de preinscrición está aberto até as 14.00 h do día 23 de xuño.
Debe facerse enviando cuberto o formulario ao SNL da Universidade da Coruña (snl@udc.es; fax: 981167041).
A relación de persoas admitidas publicarase na páxina web do SNL da UdC. A matrícula débese formalizar definitivamente pagando as taxas até as 14.00 h do día 6 de xullo e entregando no SNL o xustificante de pagamento até as 14.00 h do día 9 de xullo.
Texto completo da convocatoria [.pdf]
Programa [.pdf]
Folla de preinscrición [.doc]
PROGRAMA
MÉRCORES 15 DE XULLO
10.00h-10.15h: Recepción e entrega de documentación
10.15h-11.00h: Inauguración e almorzo conxunto de benvida
–Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
–Xoán Manuel Sande, deputado responsábel de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña
–Evencio Ferrero, alcalde de Carballo
–Goretti Sanmartín, directora do SNL da UdC
–Nel Vidal, presidente da CTNL
11.00h-12.30h: Por que e para que hai que defender as linguas ameazadas
Miquel Strubell i Trueta, Universitat Oberta de Catalunya
12.30h-14.00h: Estado democrático e normalización lingüística
Luís Villares Naveira, xuíz e coordinador en Galiza de Xuíces para a Democracia
14.00h-16.00h: Xantar conxunto
16.00h-18.30h: Do compromiso individual aos argumentos: Grupos de traballo e debate
1) Lingua e ensino
Coordina: Valentina Formoso Gosende
2) O mantemento lingüístico
Coordina: Xabier Camba Sanmartín
3) Lingua e xénero
Coordina: Nuria Seoane Bouzas
18.30h-19.00h: Pausa-café
19.00h-20.30h: Aproveitamento das redes de apoio á lingua por parte dos SNL. Deseño de accións de implicación colectivas
Iolanda Gómis Parada, Tagen Ata, Lingua e Comunicación.
XOVES 16 DE XULLO
10.00h-11.15h: Pegadas actuais da represión lingüística exercida sobre o galego ao longo do s. XX
Pilar Freitas Juvino, IES Valle Inclán de Pontevedra
11.15h-11.45h: Pausa-café
11.45h-13.30h: Táboa redonda: A necesaria perspectiva individual na defensa dos nosos dereitos
-Miguel Moreira Barbeito, Universidade de Santiago de Compostela
-Beatriz Vilaverde Santamariña, A liña do galego. A Mesa pola Normalización Lingüística
13.30h-15.00h: Videoconferencia co I Congreso de Servizos Lingüísticos de Territorios de Fala Catalá
15.00h-17.00h: Xantar conxunto
17.00h-19.30h: Do compromiso individual aos argumentos: Grupos de traballo e debate
4) O papel da irradiación lingüística
Coordina: Nel Vidal Barral
5) A integración no galego desde outras realidades
Coordina: Rosa Moreiras Cuñarro
6) Bilingüismo e conservación do idioma
Coordina: Isabel Vaquero Quintela
19.30h-20.00h: Pausa-café
20.00h-22.00h: Representación da obra Comedia Bífida, de M. Núñez Singala
Grupo de Teatro Bicodobrelo
VENRES 17 DE XULLO
10.00h-12.00h: Do compromiso individual aos argumentos: Lectura (por parte dos/as coordinadores/as) das conclusións tiradas por cada grupo. Debate plenario
12.00h-12.30h: Pausa-café
12.30h-14.00h: A inutilidade das linguas
Goretti Sanmartín Rei, Universidade da Coruña
14.00h-15.00h: Do compromiso individual aos argumentos: Lectura das conclusións finais
15.00 h: Remate do curso
ORGANIZA
-Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña
COLABORAN
-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
-Concello de Carballo
Texto completo da convocatoria [.pdf]
Programa [.pdf]
Folla de preinscrición [.doc]