Salceda de Caselas

URXENTE!: Salceda de Caselas convoca unha praza de TNL

O Concello de Salceda de Caselas publicou no BOP do 13 de xuño de 2025 a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística, alén de dispor a creación dunha bolsa de emprego. Prazo: 5 días hábiles.

O Concello de Salceda de Caselas publicou no BOP do 13 de xuño de 2025 a convocatoria dun proceso selectivo para contratar un/unha técnico/a de normalización lingüística. Tamén se prevé a formación dunha bolsa de emprego co mesmo0 perfil.

Características da praza

Trátase da contratación en réxime de interinidade dunha praza de técnico/a medio/a de normalización lingüística como persoal laboral do grupo A2. As funcións do posto están recollidas nas bases publicadas na sede electrónica do concello.

A duración do contrato será de dous anos desde a súa formalización, con posibilidade de prórroga.

Requisitos de titulación

Licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), Grao en Lingua Galega, calquera outra licenciatura/grao, sempre que se dispoña do Celga 5.

Procedemento de selección

O sistema de selección será a oposición, que constará de dous exercicios:

  • Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 30 preguntas tipo test, con tres respostas alternativas, relacionadas co contido do temario do anexo II das bases. A cualificación máxima deste exercicio é de 30 puntos, sendo necesario acadar 15 puntos para superalo. O tempo máximo para realizar este exercicio son 40 minutos.
  • Segundo exercicio: exame práctico para o desenvolvemento dun ou de varios supostos de carácter práctico relacionados co temario do anexo II das bases. A cualificación máxima deste exercicio é de 20 puntos, sendo necesario acadar 10 puntos para superalo. O tempo máximo para realizar este exercicio son 60 minutos.

Presentación de solicitudes e prazo

O prazo de para presentar solicitudes é de 5 días hábiles desde o seguinte á publicación da convocatoria no BOP, é dicir, o prazo finaliza o 20 de xuño.

As persoas que desexen tomar parte do procedemento selectivo desta praza deben presentar:

  1. Solicitude no modelo oficial do anexo I das bases
  2. Fotocopia do DNI ou NIE
  3. Xustificante acreditativo do pagamento das taxas
  4. Xustificante da titulación esixida (copia do título académico)

Prazo deste procedemento selectivo

Do 16 ao 20 de xuño (5 días hábiles)

Sistema de selección

  1. Oposición: proba tipo test e proba práctica

Información máis detallada

  1. Bases da convocatoria publicadas na sede electrónica
  2. Anuncio da convocatoria publicado no BOP, en .pdf (publicado o 13 de xuño de 2025)

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio