cangas

URXENTE!: O Concello de Cangas convoca unha praza de TNL

O Concello de Cangas publicou o 11 de xullo de 2025 a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística, cun prazo de inscrición de 5 días hábiles.

O Concello de Cangas publicou o 11 de xullo de 2025 na súa sede electrónica a convocatoria dun proceso selectivo para contratar un/unha técnico/a de normalización lingüística. Tamén se prevé a formación dunha bolsa de emprego co mesmo perfil.

Características da praza

Trátase da contratación dun/dunha técnico/a de normalización lingüística como funcionario/a interino/a para a execución dun programa de caracter temporal ao abeiro das axudas para o mentemento, a creación e o reforzo de SNL da Deputación de Pontevedra. As funcións do posto están recollidas nas bases destas subvencións.

A praza convocada clasifícase na escala de Administración especial, subescala técnica, grupo A1, nivel 26, en réxime funcionarial, a xornada completa, con carácter temporal por un período de 2 anos deste dende a data do nomeamento, por execución de programas.

Requisitos de titulación

Grao en Lingua e Literatura Galegas, grao en Estudos de Galego e Español, grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios, licenciaturas equivalentes a eses graos ou outras titulacións superiores pertencentes á área de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas e Sociais, sempre que posúan tamén o certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).

Procedemento de selección

O sistema de selección será a oposición, que constará de dous exercicios:

  • Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 30 preguntas tipo test, con catro respostas alternativas, relacionadas co contido da parte xeral do temario do anexo II das bases. A cualificación máxima deste exercicio é de 10 puntos, sendo necesario acadar 5 puntos para superalo. O tempo máximo para realizar este exercicio son 60 minutos.
  • Segundo exercicio: proba práctica onde se poñan de manifesto os coñecementos sobre as tarefas que se van desenvolver. O exercicio, obrigatorio e eliminatorio, será cualificado de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter unha puntuación mínima de 5 puntos.

Presentación de solicitudes e prazo

O prazo para presentar solicitudes é de 5 días hábiles desde o seguinte á publicación da convocatoria na sede electrónica, é dicir, o prazo finaliza o 18 de xullo.

As persoas que desexen tomar parte do procedemento selectivo desta praza deben presentar:

  1. Solicitude no modelo oficial do anexo I das bases
  2. Fotocopia do DNI ou NIE
  3. Fotocopia da documentación acreditativa da titulación esixida
  4. Xustificante acreditativo do pagamento das taxas. Segundo o establecido na ordenanza fiscal municipal correspondente, a cantidade que se debe aboar é 25,56 €.

Prazo

Do 14 ao 18 de xullo (5 días hábiles)

Sistema de selección

Oposición: proba tipo test e proba práctica

Información máis detallada

  1. Bases da convocatoria publicadas na sede electrónica (publicadas o 11 de xullo de 2025)
  2. Anuncio da convocatoria publicado no web do Concello (publicado o 14 de xullo de 2025)

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio